Basion Iglesias

Procuras de familiares
Responder
GAIA VIGO
Mozo
Mozo
Mensajes: 13
Registrado: 27 Sep 2007, 14:15

Basion Iglesias

Mensaje por GAIA VIGO »

Hola a todos, xa deixei outro mensaxe no foro "varias", pero penso que este foro é o mais apropiado para o meu caso.
Trátase do meu bisabó, BASION IGLESIAS, ante todo desexaba preguntar si coñeciais este nome, paréceme moi curioso.
Os datos que temos son moi escasos. Naceu alrededor de 1881, e pensamos foi entregado no Orfanato de Ourense. A información de que dispoñemos baséase en rumores familiares. Según decían o pai era un home importante da iglesia, deán da catedral de Ourense. Temos fotos de este home, pero non coñecemos o nome, tamén temos fotos da nai, entendemos que él si coñecia o seu orixen, pero na época encargouse de mantelo en secreto. Agora gustariannos muito completar a nosa historia. Se alguén pode axudarnos. Xa escribimos o Arquivo da Catedral de Ourense, pedíndolle simplemente o nome das persoas que ocuparon o posto de dean de finales do s xix hasta principios do s. xx, sin que hasta a data conseguiramos nada. Tamén enviamos e-mail o Rexistro Civil de Cenlle, pois dicen que alí casou, a ver si obtemos a partida de matrimonio e pode iluminar algo o noso camiño. O único documento oficial do que dispoñemos e una copia literal da partida de defunción emitida pola parroquia de Santiago el Mayor de Vigo, datada en 1951. Se alguén pode botarnos unha man, indicándonos como podemos buscar, quedaríamos moi agradecidos.
Un abrazo a todos.
GAIA VIGO
Mozo
Mozo
Mensajes: 13
Registrado: 27 Sep 2007, 14:15

Mensaje por GAIA VIGO »

Xa que levo o mesmo tema en dous foros gostariame que soubedes que parece que vou tendo sorte, o rexistro civil de Cenlle confirmoume que hai unha partida de matrimonio entre 1900-1905 dos meus bisabós, espero poder ir tirando por ese lado. Aproveito a ocasión para comentarvos que o funcionario de este rexistro respondeu en un par de dias, para que logo digan, só fai falta atopar alguén con ganas de axudar... gracias Jose Luis Villar... sigo insistiendo se tedes algunha idea sobre como conseguir listas de deans no xix comentarmelo. Vos mantendrei informados... :lol:
GAIA VIGO
Mozo
Mozo
Mensajes: 13
Registrado: 27 Sep 2007, 14:15

BASION IGLESIAS

Mensaje por GAIA VIGO »

Hola de novo, xa teño no meu poder o certificado de matrimonio do meu bisabó, casou en Cenlle en Febreiro de 1903, non figura exactamente a data de nacemento, só que tiña 22 anos. Chámame a atención que figura "natural del Hospicio de Orense". Como podería averiguar donde seguir investigando?? Podedes axudarme??
GAIA VIGO
Mozo
Mozo
Mensajes: 13
Registrado: 27 Sep 2007, 14:15

BLOG BASION IGLESIAS

Mensaje por GAIA VIGO »

Hola a todos, estou preparando unha paxina para poder chegar a mais xente. Necesitamos saber si se gardan archivos dos rexistros de entradas-salidas do Hospicio de Ourense, tamén querríamos coñecer en que lugar de Ourense se atopaba o mencionado Hospicio en 1880 mais ou menos, e como o chamaban, hospicio, inclusa, orfanato???

Mentres consigo información para a devandita páxina abrin un blog en google, vou incorporando datos cada dia....

http://basioniglesias.blogspot.com/

Unha aperta... :)
Responder