Página 1 de 1

Suárez de Deza

Publicado: 30 Sep 2002, 12:13
por linhagens
Caros amigos,



Alguem tem a genealogia dos Soarez Deza, senhores Marinan e de Lancara (Yebra, Oca, Pimentel, Rivadeneira, etc...).

O meu email é <a href="mailto:linhagens@linhagens.biz" target="_new">linhagens@linhagens.biz</a>

Obrigado,



Jacinto Bettencourt

Suárez de Deza

Publicado: 11 Oct 2004, 15:22
por Milleiro
Teño datos de:

- Alonso Suárez de Deza, en 1318, 1319, 1320 e en 1366.
- Apolinar Suárez de Deza, Señor da Casa de Tebra, no 1835.

Máis non despoño de datos xenealóxicos.

Suárez de Deza

Publicado: 23 Oct 2004, 20:15
por Milleiro
Presumibelmente, nos libros de liñaxes de Galiza ten que haber información deabondo sobre os Suárez de Deza.

De todos os xeitos, mirando na história do concello de Rodeiro, fai-se mención á Casa-Forte de Rodeiro dado que en 1345, esta fortaleza foi vendida xunto con outras propiedades que dona Maior Vázquez de Rodeiro, esposa de Alonso Suárez de Deza "Churruchao", recibira do seu pai Vasco de Rodeiro.

Suarez de Deza de Yebra Oca e Mariñan

Publicado: 23 Oct 2004, 21:39
por lamigueiro
Hola eu a teño completa foi publicada nun libro da diputacion da Coruña, describindo a historia de Pazo de Mariñan e a casa das Mariñas. Si me concretas datos tratarei de axudarte.

Publicado: 13 Jul 2005, 15:13
por Milleiro
Ola Lamigueiro,

é posíbel que podas publicar algo neste foros sobre o Pazo de Mariñán, sobor de todo no relacionado coa xenealoxia?

Un saúdo

Xavier

Mariñán

Publicado: 13 Jul 2005, 17:18
por lamigueiro
Hola Milleiro, precisamente estou preparando unha base de datos que incluirá a xenealoxía do pazo de mariñán, xuntamente con Cruzul, a miña duda é si publicar as arbres por linaxe ou todos os linaxes nunha soa base de datos???? que opinas :roll:

Publicado: 13 Jul 2005, 18:15
por Milleiro
Ola Xosé Lois,

Si por liñaxe refireste ao apelido, eu son partidario que se publique por liñaxes. O que acontece é que as familias nobres ou de abolengo, os apelidos se transmitían ao chou, dependedendo de si querían lembrar a algun devanceiro ou a algun padriño.

Un saúdo

Xavier