Axuda en dudas sobre a Casa de Soutomaior

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
daniel_okintos
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 60
Registrado: 09 Nov 2006, 09:00
Contactar:

Axuda en dudas sobre a Casa de Soutomaior

Mensaje por daniel_okintos »

Hola.
Lendo o traballo de Milleiro sobre a Casa de Soutomaior en Linaxes, atópome cun-ha duda.

Se Fernán Iañez de Soutomaior finado en 1440, foi o XI Señor de Soutomaior, heredando o Señorío o seu fillo Alvar Páez de Soutomaior,casado con María de Ulloa e morto sen descendencia en 1468 en Tui, heredando a sua tía Maior de Soutomaior, e ésta testa en 1472 a favor do seu medio irmán Pero Alvarez de Soutomaior ¿Non debería ser Pero Alvarez de Soutomaior o XIV Señor de Soutomaior e non XII como aparece no árbol xeneaolóxico?.
Grazas a quen me poida aclarar ésta dúbida. Descoñezo cales eran as leises máis ou menos formais que ordeaban eses señoríos.
Daniel.


---------------------------------------------------------------------
IX XERACIÓN
Fernán Iañez de Soutomaior. Finado en 1440. XI Señor da Casa de Soutomaior e de Fornelos.
Casou con Leonor de Mesia. Tiveron por fillo a X 1.
Outros din que casou con. D. Constanza Zuñiga. Filla de D. Diego Lopes Zuñiga, I Señor de Monterrei e de D.Elvira Biedma.

Maior de Soutomaior. Testou en 1472 a favor de Pero Alvarez de Soutomaior, Pero Madruga
Casou con Rui Sánchez de Moscoso.

X XERACIÓN

Alvar Páez de Soutomaior. Falecido en marzo de 1468 en Tui.
Casou con Maria Ulloa. Irmá de Sancho Sánchez de Ulloa, I Conde de Monterrei. Fillo de Fernán e de Leonor. Non tiveron descendéncia.

Pero Álvarez de Soutomaior “Pedro Madruga”. Falecido en 1486. Fillo natural de Fernán Ianez de Soutomaior e de Constança de Zúñiga. I Visconde de Tui (25.7.1473) . I Conde de Camiña, XII Señor da Casa de Soutomaior e de Fornelos. Tivo por fillos naturais a XI 8 a 12.
Casou en Portugal en 1465 con Teresa de Távora. Filla de Alvaro Pires de Távora, Senhor do Mogadouroe de D. Leonor da Cunha. Tiveron por fillos a XI 1 a 7.

XI XERACIÓN

Álvaro de Soutomaior. II Conde de Camiña. XIII Señor da Casa de Soutomaior.
Casou con Inés Enríquez (Manrique) de Monroy. Filla de Fernado de Monroy Roiz de lasVarillas, Señor de Belviz e Beleitosa e de Catarina Enrriquez Herrera. Tiveron por fillos a XII 1 a 4.
Fernando de Soutomaior.
Diego de Soutomaior.
Alonso de Soutomaior. Coengo de Tui.
Cristobal de Soutomaior. Faleceu novo e sen descendéncia.
Mayor de Soutomaior
Casou con Diego Reinoso. Tiveron por fillo a XII 5.
Constanza de Soutomaior
Casou en primeiras nupcias con Garcia Méndez deCeraxe (devanceiro de Frei Martiño Sarmiento).
Casou en segundas nupcias con Diego Sarmiento de Soutomaior. Fillo de Diego Sarmiento de Soutomaior, Señor de Salvaterra e Sobroso.
Maria Sánchez de Benavides. Filla de Pedro Madruga habida fora do matrimónio.
Casou en primeiras nupcias con Álvaro de Oya.
Casou en segundas nupcias con Juan de Sequeiros.
Rodrigo de Soutomaior. Fillo natural. Tivo por fillo a XII 6.
Juan de Soutomaior. Fillo natural. Tivo descendencia en Portugal.
Teresa de Soutomaior. Filla natural. Tivo descendéncia en Portugal.
Nuño de Soutomaior. Fillo natural. Tivo descendéncia en Portugal.
 
Avatar de Usuario
daniel_okintos
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 60
Registrado: 09 Nov 2006, 09:00
Contactar:

Pedro 'Madruga'Sobriño, non medio irmán de Maior .

Mensaje por daniel_okintos »

Perdón, puxen medio irmán de Maior de Soutomaior cando Pero Alvarez de Soutomaior debeu ser seu sobriño.
Grazas.
 
Responder