Libros sacramentais de O Rosal e A Guarda

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Libros sacramentais de O Rosal e A Guarda

Mensaje por Pousada »

¿Alguen sabe se os libros sacramentais das sete freguesías que conforman os municipios de A Guarda e mailo Rosal están arquivados no Arquivo Diocesano de Tui? ¿E en tal caso, dende que datas se conservan?
Graciñas
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

O 25% da miña xenética procede desa zona, hai libro na Guarda que datan da primeira metade do XIX. Mais o resto creo lembrar que está en Tui.

Que se che perde por isos lares? apelidos e anos....quen sabe se temos algun parente común.

Saúdos

Milleiro
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Milleiro..., o de parentes directos, non sei, iso futuras búsquedas dirán, o que si é moi posible é que teñamos parentes en común, sobre todo con algunhas gallas da túa familia que asentaron en Pontevedra, ainda que de certo, tampouco o sei. Sobre o meu interese por A Guarda e mailo Rosal veñen polo matrimonio conformado por Agustín Dadín Blanco e Jacinta García de Valiñas, que tiveron unha filla chamada Francisca Dadín Blanco que casou cun portugués de apelido Pereira Barreto. Menciónaos Felgueiras Gaio, sinalando que a patria de Francisca Dadín Blanco era galega, natural da ciudade de A Guarda, de onde eran os seus pais. Polas datas que Felgueiras Gaio aporta para os seus deudos, Agustín Dadín Blanco e maila súa dona houberon de vivir a finais do século XVI ou ben a principios do século XVII.
Quería investigar a existencia dos Dadín Blanco en A Guarda e no Rosal, posto que cando Felgueiras Gaio escribe, ainda estes municipios formaban unha soa corporación, e non sei a cal das sete freguesías podería pertencer a familia.
O caso é que esta familia, os Dadín Blanco, chegaron a Pontevedra -os textos non nos din procedentes de onde- un século despois, a principios do XVIII, e quería investigar se existía algunha relación entre os pontevedreses e mailos da Guarda.
Saúdos!!
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Ainda non teño moi estudado a miña xenealoxia do Baixo Miño, que ten como centro a vila da Guarda mais espállase a Tabagón (O Rosal) e á cidade de Tui. Cheguei só aos 16 tataravós da miña avoa paterna, nados a comezos do XIX, nacidos todos na Guarda agás 3 deles.

O que si me interesa é a túa hipótese sobre o parentesco coa galla familiar asentada en Pontevedra e sobre todo se tes noticias sobre os Nogueira da cidade do Lérez, pois sospeito que proceden tamén de Redondela. Boeno, se tes tempo xa o "falaremos" por vía e-mail.

Saúdos
Millafre
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 209
Registrado: 06 Abr 2008, 12:41

Re: Libros sacramentais de O Rosal e A Guarda

Mensaje por Millafre »

Pousada escribió:¿Alguen sabe se os libros sacramentais das sete freguesías que conforman os municipios de A Guarda e mailo Rosal están arquivados no Arquivo Diocesano de Tui? ¿E en tal caso, dende que datas se conservan?
Graciñas
Roberto Fernández Díaz ha publicado en el Boletín nº 5 de Estudios de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia un listado de fechas extremas de los libros sacramentales depositados en el Archivo Histórico Diocesano de Tui, que transcribo:

Camposancos: libros no depositados
Guarda: B 1645-1855 C 1645-1831 D 1645-1859
Salcidos: B 1601-1873 C 1603-1863 D 1601-1863

Eiras: libros desaparecidos
Rosal: libros no depositados
Tabagón, S. Miguel: B 1624-1852 C 1624-1774 D 1624-1835
Tabagón, S. Xoán: B 1852-1879 C 1826-1854 D 1852-1892

Saludos y suerte.
Responder