Lucia García de Dios
Lucia García de Dios
Alguen ten algunha información de Dª Lucia García de Dios, que cara 1696 ou 1697 casou con D Benito González Díaz de Guitian, veciños que foron da parroquia de Santa María dos Anxeles. Coñezo a ascendencia de Benito, pero de Lucia soamente sei que tiña un familiar cura, un tal Martin de Dios parroco en Santiago de Buxan, e que deixou unha casa na rua da Troia, parroquia de San Miguel dos Agros, en Santiago.