Pazo do Rial (Vilagarcia de Arousa) (2)

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Anonimous

Pazo do Rial (Vilagarcia de Arousa) (2)

Mensaje por Anonimous »

Juan Dabal(ou Davalle),nacido na ponte de San Jinés,casou con Constanza Álvarez,sendo pais de Gómez de Oubiña,que casou con Aldonza de Romay(neta da casa de Cadro o carón de Marín),segundo o traballo publicado por Crespo del Pozo),tiveron a Gregorio de Valladares y Figueroa,que sucedeu na casa do Rial,e ten carta executoria demostrando a súa fidalguía na Real Chancelería de Valladolid que data de 1568.Gregorio casou con Elvira de Lobera,e foron pais do capitán D.Juan de Valladares y Lobera,señor tamén do coto e pazo do Rial y Lobera que casara en Vigo por 1608 con Mecía Pereira de Castro(filla de Francisco de Figueroa e de Mecía Pereira de Castro)...Iñoro se tería casado máis veces.Filla unixénita do Capitán D.Juan de Valladares(iñoro si da súa muller,doutra muller ou natural),e,polo tanto,sucesora,Dª.Elvira de Valladares y Lobera,que casou con D.Gregorio Ozores de Sotomayor(apelidado tamén Ozores Sarmiento),defunto en 1646,que era irmán do capitán D.Antonio Ozores de Sotomayor y Feijoo(marido de Dª.Antonia de Saavedra(chamada tamén de Balboa y Romay e sobriña de D.Pedro Ochoa de Castro),que se dicía irmán de Dª.Ana Ozores e de Dª.Aldonza e Dª.Constanza Ozores y Guzmán...Eran D.Antonio e D.Gregorio fillos de D.Francisco Ozores de Sotomayor e netos de D.Fernando Ozores de Sotomayor,señor de Teáns.D.Gregorio e Dª.Elvira foron pais de D.Gregorio,herdeiro.De D.Francisco,abade que foi de S.Miguel de Deiro.De Dª.Aldonza de Valladares.E cecais tamén de Dª.Benita Ozores...D.Gregorio Ozores de Sotomayor y Valladares casou con Dª.Mariana de Luaces y Sotomayor(Luaces de Sotomayor y Saavedra(que dicían que era filla de D.Bernardo de Luaces e de Dª.Ana de Sotomayor,da casa de Lestrove),recibiron as bendicións no convento de Sto.Paio de Santiago no 1669.Foi D.Gregorio cabo e capitán das milicias de Cambados.Tivo o parecer descendencia fora de matrimonio.En María de Vizcaya,moza de Sobrán,tivo a Pedro Ozores,veciño de Vilanova de Arousa,mareante,que casou con María da Arca?(ou Area?)en 1688.Con descendencia)En Dª.Mariana tivo a D.Benito,sucesor,D.Gregorio,que creo foi crego dunha parroquiaque agora non recordo ben(non sei se Oubiña?)D.José,e dúas fillas.Posiblemente tamén fosen fillos naturais de D.Gregorio,A)D.Cristóbal Ozores,veciño de Cambados,ao que segundo parece dicir no seu testamento dotou pra casar e que tivo por filla(con María Fariña) a María Agustina,baptizada en Sobrán en 1702.e B)D.Pedro Ozoresde Sotomayor,ao que non menciona no testamento que vin(tampouco menciona ao outro Pedro,fillo de María de Biscaia).D.Pedro casou no 1696(parroquia de Santiago da Coruña) con Dª.María Luisa Conde Monterroso(ou Andrade),filla de D.Fernando Conde Monterroso e de Dª.Antonia Tejeda.Foron veciños de Caleiro.Tivo D.Pedro unha filla natural con Dominga Fariña(´´moza libre´´ de Caleiro),chamada Agustina,casada con Pedro Camiña en 1723(Sta.Ma.de Caleiro),e,xa viuva,casada,en 2ªs con Ignacio Nogueira,veciño de Caleiro en 1733,con xeración polo menos do 2º matrimonio.O herdeiro de D.Gregorio foi D.Benito,que casou coa filla dos señores da casa do Cadro Dª.Ana Josefa de Romay y España.Foi fillo destes e sucesor e señor do pazo D.Benito Ozores de Romay y Luaces,con descendencia aínda representada hoxe en día(Marqueses de San Martín de Hombreiro,señores de Rubianes),pero non poseen estes o pazo,o cal hoxe é un hotel.
Avatar de Usuario
Alfonso
Novo
Novo
Mensajes: 10
Registrado: 24 Nov 2003, 09:00
Contactar:

Fe de erros

Mensaje por Alfonso »

onde di D.Benito Ozores de Romay y Luaces debe decir D.José Benito Ozores de Romay y Luaces.
Cerrado