Gayoso, Lugo, Gallego, Fajardo....
-
Anonimous
Gayoso, Lugo, Gallego, Fajardo....
Todas esas liñaxes parece ser que descenden do Rei D.Fruela I e de Ermesinda Romais...Un descendente destes casara con Dª.Milia,que dicían era filla dun rei da Inglaterra(Egberto creo)(de aquí veñen os señores de Monterroso e os de Ortigueira,e tamén a liñaxe Ortega)...E unha descendente destes casara co conde Ero de Lugo...(non teño eiquí a xenealoxía e estou a falar un pouco de memoria)...Os Faxardo veñen dos Gallego.Outra Dª.Milia(non confundir coa princesa inglesa),filla fora de matrimonio de D.Pedro Fernández de Castro´o da Guerra´ casara con D.Vasco Pérez de Vaamonde,que creo que ademáis era descendente da infanta inglesa,porque tamén os Vaamondes(ou Baamondes..)viñan do enlace dela co señor de Ortigueira.Con Dª.Milia Pérez de Castro,entraba,a mais,outras liñas reais,pois era neta de Fernán Ruiz de Castro,da grande casa de Lemos e da súa muller Dª.Violante,filla do rei de Castela e de León(e da Galiza,etc..) D.Sancho IV ´el Bravo´ e da señora de Ucero.De D.Vasco Pérez e Dª.Milia din que descenden,a máis dos sucesores na casa de Baamonde,os Vazquez da Insua,,omariscal Pardo de Cela,os señores da casa de Torés,até o arcebispo D.Álvaro de Isorna,etc...
-
Anonymous
Gayoso,Lugo,Gallego,Fajardo....
Corrixo...Parte dos Pardo de Cela,veñen de D.Vasco e Dª.Milia...Constanza Vazquez da Insua casou con un irmán do mariscal Pardo de Cela.Asina:Breo



