Eu Amo as Bibliotecas
Publicado: 04 Abr 2012, 17:41
Baixo o lema Eu amo as bibliotecas públicas, a campaña foi iniciada pola Plataforma contra o préstamo de pago nas bibliotecas (http://noalprestamodepago.org/), que organizou unha maré amarela coincidindo co día 4 de febreiro, data na que se celebra o Día das Bibliotecas no Reino Unido, e que este ano foi celebrado con actividades e mobilizacións en defensa das bibliotecas públicas.
As actividades son numerosas e procúrase continualas até o 23 de Abril, día internacional do libro.
Fonte: ANABAD-Galicia => http://anabadgalicia.wordpress.com/camp ... bliotecas/
As actividades son numerosas e procúrase continualas até o 23 de Abril, día internacional do libro.
Fonte: ANABAD-Galicia => http://anabadgalicia.wordpress.com/camp ... bliotecas/
As bibliotecas salvagardan a nosa liberdade e axudan a manter a saúde da democracia. As bibliotecas ofrecen os seguintes 12 motivos para a súa defensa e para demostrar que son imprescindibles para a sociedade:
1. As bibliotecas garanten o acceso da cidanía á información, necesario para que se poidan tomar decisións informadas.
2. As bibliotecas rompen as fronteiras entre os distintos grupos sociais e dan servizo a todos por igual: nenos e nenas, familias, vellos, inmigrantes, poboacións diversas, colectivos privados de liberdade ou con dificultades de acceso, doentes, invidentes, sen teito, etc.
3. As bibliotecas nivelan o terreo para a igualdade de oportunidades ao ofrecer os seus servizos aos usuarios sen consideracións de clase, rango, ou poder adquisitivo.
4. As bibliotecas fomentan o pensamento independente, valoran o individuo e ofrecen alternativas ao pensamiento único ao dar a palabra a tendencias culturais minoritarias.
5. As bibliotecas estimulan a curiosidade, nutren a imaxinación e alimentan a creatividade.
6. As bibliotecas abren a mente dos nenos e das nenas, porque a biblioteca é o territorio do extraordinario. E estimulan a responsabilidade ao ofrecer a posibilidade de ter un carné propio para acceder a todos os materiais que ofrecen.
7. As bibliotecas devólvenlle á sociedade máis do que custan. Hai multiples exemplos de negocios e oportunidades nacidas ao calor dos recursos bibliotecarios.
8. As bibliotecas son capaces de construir comunidades ao conectar ás persoas coa información que necesitan e cos demais.
9. As bibliotecas unen ás familias grazas ás súas múltiples actividades de apoio, como axudas para facer os deberes, alfabetización, escola de pais e nais, extraescolares, contacontos, clubes de lectura e outras moitas.
10. As bibliotecas son lugares de tolerancia, como o feito de que calquera usuario pode encontrar ideas contrarias ao que pensa entre os seus materiais.
11. As bibliotecas ofrecen un espazo que desperta sensacións de respecto, tranquilidade e pracer intelectual similares ás dun santuario. Na biblioteca estamos a soas cos nosos pensamentos, pero compartimos o espazo con descoñecidos.
12. As bibliotecas albergan o pasado, presérvano. Coñecer o pasado serve para evitar repetir erros no presente.