Minibibliotecas gratuitas, una iniciativa vecinal que se extiende por el mundo => http://blogs.20minutos.es/trasdos/2012/ ... gratuitas/Little Free Library (Pequena biblioteca gratuíta http://www.littlefreelibrary.org/index.html ) é unha iniciativa parecida ao book crossing, pero coa intención de crear conciencia de barrio á vez que se incita á lectura. Na súa páxina web deixan claras as súas intencións: "Misión: promover a introdución e o amor á lectura creando intercambios gratuítos de libros. Construír un sentido de comunidade mentres compartimos habilidades, creatividade e coñecemento ao longo das xeracións. Construír máis de 2.510 bibliotecas arredor do mundo".
As casiñas, moitas exquisitamente adornadas e pintadas, conteñen títulos para quen queira levalos, sen ningún compromiso salvo devolver o que leves ou, en caso de que te encapriches, substituír o libro por outro.
O que comezou como un proxecto altruísta de dúas persoas universalizouse. Xa hai máis de 40 estados de EUA e 20 países máis que teñen minibibliotecas gratuítas.
En canto ao vandalismo, encontráronse en total catro bibliotecas danadas por algunha canallada, pero en todos os casos os veciños que viron o dano ocupáronse de arranxalas ou coidar mellor delas.
"Pon sempre a biblioteca nun lugar visible (...). Ten moita xente usándoa e coidando dela. Mantena limpa e ocupada", aconsellan os expertos.
Unha iniciativa: pequenas bibliotecas gratuítas
- kruzul
- Administrador

- Mensajes: 2242
- Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
- Ubicación: El Escorial - Madrid
- Contactar:
Unha iniciativa: pequenas bibliotecas gratuítas
Vía => http://archivistica.blogspot.com.es/201 ... s-una.html



