Página 1 de 1

Manuel Cavallero Chavarria

Publicado: 03 Feb 2003, 17:48
por lumebóo
Este é un chamado a quen me poida botar unha mao e, en concreto a aqueles que residan na R.O. do Uruguay por teren maís facilidade.



Estou interesado en coñecer algo da vida nese país e, se é posible, circunstancias da súa morte, do sexto abó meu chamado Manuel Cavallero Chavarría.



Este naceu en Sanlucar de Barrameda en ano indeterminado, casou con María Sánchez de Naya (natural de Caión. A Coruña), en 29-10-1782 e viaxou a Uruguay despois de abril de 1795.

Somentes sei que faleceu en Montevideo en 10-04-1815.



Sei que non é fácil encontrar datos dunha persoa así como así; pero, en canto que non parece unha emigración ao estilo de finais do século XIX, e dadas as circunstancias políticas nas que se veu envolto ese país neses momentos, tal vez puido ser mobilizado e enviado polo exército español nun continxente expedicionario para reprimir as ofensivas independentistas.

Hai que ter en conta que o 10-01-1815 foi a batalla do río Guayabos, a consecuencia da cal Artigas tomou Montevideo.



Gracias por antecipado. Lumebóo



[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 03-02-2003 18:57 ]

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 03-02-2003 18:58 ]