O Gaiteiro de Ventosela, Xan Míguez.

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Gaiteiro de Ventosela, Xan Míguez.

Mensaje por serba »

"Xesús Vázquez Abad salienta a gaita e a poesía como valores simbólicos e de forza identitaria de Galicia, na presentación do libro en homenaxe ao gaiteiro de Ventosela"

Con motivo do centenario da morte de Xan Míguez deuse a coñecer a publicación “A gaita, o gaiteiro, e os gaiteiros na poesía galega (1853-2012)”, asinado por Xesús Alonso Montero


Ven, 29/06/2012 - 14:40

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe á presentación do libro A gaita, o gaiteiro, e os gaiteiros na poesía galega (1853- 2012) co que se celebra o centenario da morte de Xan Míguez, O Gaiteiro de Ventosela, e que se celebrou la localidade ourensán de Ribadavia.

No acto de presentación do libro participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o autor da obra, Xesús Alonso Montero, e interveu o profesor Xan Centrón. Durante a súa intervención o conselleiro sinalou que salientou a importancia desta obra, “que enche un baleiro bibliográfico, non nun, senón en dous eidos curmáns como son o da gaita e o da poesía. Ámbolos dous, eidos fundamentais pola súa dimensión social e cultural, forza identitaria e valores simbólicos para comprender o que no pasado foi e o que aínda é Galicia”.

Neste sentido, lembrou que a música da gaita e a poesía galega avanzan parellas pola historia da nosa cultura, “provocando un ronsel de textos e músicas que poboan as catro provincias, e aínda moitos outros territorios nos que os galegos e galegas vivimos e traballamos”. “En ambos casos, a gaita e a poesía serven para expresar a nosa conciencia como pobo, os nosos sentimentos, de ledicia en moitos casos, de pena ou morriña noutros, así como os nosos problemas e queixas. Coa gaita galega exprésase a sabedoría do pobo, unha sabedoría que, non precisa de palabras para dicir o que quere”, engadiu.

O conselleiro quixo ademais render homenaxe á figura do Ventosela, “un dos gaiteiros con máis sona da nosa historia, e tamén un dos primeiros en levar o son da gaita galega alén das nosas fronteiras”. “Ese camiño aberto polo Ventosela e outros precursores -sinalou-, é percorrido hoxe por gaiteiras e gaiteiros galegos de mérito que acadan xustamente fama internacional”. O mellor xeito de honrar a Xan Míguez, o Gaiteiro de Ventosela -rematou- é lembrando a súa importancia como parte do noso enorme patrimonio cultural, material e inmaterial, e a vixencia do seu herdo, que non é outro que a viveza e calidade da nosa música e, especialmente, da gaita, o noso instrumento musical máis senlleiro”.

Celebracións

A publicación deste libro coincide coa celebración do centenario da morte do coñecido como Gaiteiro de Ventosela, e entre as actividades organizadas con tal motivo inclúese unha mesa redonda sobre a súa figura e a música tradicional galega. Un foro de debate que se celebrará na hoxe pola tarde e no que intervirán o director do Museo Etnolóxico, Xosé Carlos Sierra; o director da Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Luís Foxo e o especialista en música tradicional galega, Fernando López- Acuña.

Os actos continuarán o día 30 coa inauguración do monumento Ó Ventosela e cun concerto da Real Banda de Gaitas, así como un recital de poesía, onde os gañadores serán galardoados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

As celebracións rematarán o domingo 1 de xullo cunha misa cantada pola Coral de Ruada; unha ofrenda floral e un concurso de cuartetos, así como o concerto de Brañas Folk.
http://www.edu.xunta.es/web/node/5148


[XAN MÍGUEZ GONZÁLEZ. N. 1847, Ventosela, Ribadavia (Ourense) / († 12 de julio de 1912) http://www.galegos.info/xan-miguez-gonzalez ]


-Deputación de Ourense-
"A Deputación editou "Musicas do gaiteiro de Ventosela", en homenaxe ao músico que dignificou a gaita" http://www.ourensedixital.com/_novas/12 ... /05_01.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder