Página 1 de 1

Dimite Gabriel Quiroga, director do Arquivo de Galicia

Publicado: 03 Jul 2012, 14:58
por kruzul
Vía => http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21151
O ata o de agora director do Arquivo de Galicia, Gabriel Quiroga, presentou a súa demisión ante a Consellaría de Cultura, segundo confirmaba hoxe este departamento. A renuncia prodúcese poucos días despois da presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, que traslada os fondos do Arquivo á Biblioteca de Galicia, que pasará a ser deste xeito Biblioteca e Arquivo de Galicia, destinando a actual sede do arquivo a outro fin. O texto, no entanto, non establecía unha fusión dos dous organismos, senón unicamente a súa convivencia no edificio.

Re: Dimite Gabriel Quiroga, director do Arquivo de Galicia

Publicado: 07 Jul 2012, 04:22
por kruzul
ANABAD–Galicia lamenta a súa renuncia, que se traducirá nunha perda palpable para os arquivos galegos, e con eles, para a totalidade da sociedade galega.
Ante a dimisión de Gabriel Quiroga, director do Arquivo de Galicia (Comunicado) => http://anabadgalicia.wordpress.com/2012 ... l-quiroga/