El legado de Domingos de Andrade

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

Compostela prepara una gran exposición sobre el arquitecto barroco

EFE/REDACCIÓN| SANTIAGO/A CORUÑA
La Consellería de Cultura y la Fundación Antonio Fraguas firmaron ayer un convenio de colaboración para difundir el legado cultural de Domingos de Andrade.

El arquitecto Domingos de Andrade (Cee, 1639 - Santiago, 1712) anunció en Galicia el barroco que desarrollarían sus discípulos Casas Novoa y Simón Rodríguez. A Andrade se deben obras como La Torre de la Berenguela de la catedral de Santiago; las casas de la Parra y de la Conga, ambas en la plaza de la Quintana, así como el convento de San Domingos de Bonaval y su triple escalera helicoidal, de gran belleza y audacia estructural.

En el marco del citado acuerdo, la Consellería apoyará la edición del catálogo de la exposición con la que se conmemorará el tercer centenario del fallecimiento de Andrade, así como también el primer centenario de la declaración del convento de San Domingos de Bonaval como Monumento Histórico-Artístico. La exposición, que se inaugurará alrededor de la fecha del fallecimiento de Andrade (12 de noviembre), está organizada por el Museo do Pobo Galego con la colaboración de la Fundación Fraguas. El secretario general de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado, por el presidente del patronato de la fundación, Justo Beramendi, visitaron los elementos más significativos de la obra de Andrade en Bonaval.
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2 ... 30414.html

- Otros enlaces de la noticia:

"Santiago pone en valor el legado del arquitecto que ideó la triple escalera de San Domingos de Bonaval" http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sa ... 561982.htm

"Cultura e Educación e a Fundación Antonio Fraguas poñen en valor o legado cultural de Domingos de Andrade" http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... l-domingos
[...]

O convento de San Domingos de Bonaval é unha fundación do século XIII que a lenda lle atribúe ao propio San Domingos na peregrinación que fixo a Santiago en 1219. A primeira edificación do complexo monacal efectúase entre 1220 e 1230, contando con igrexa e convento.

En 1690, o arcebispo Frei Antonio de Monroy e Ýjar encarágalle a Domingos de Andrade que acometa as reformas que precisa o convento. Destas datas son as partes do convento que subsisten. Andrade constrúe un novo claustro desmontando o de Avalle, levanta toda a parte norte do edificio, incluíndo a portería coa súa fachada e a fachada da igrexa co seu cuarto superior, e a obra que fai deste lugar un sitio especial: a triple escaleira helicoidal que comunica as diferentes dependencias interiores, exemplo de audacia barroca deste grande arquitecto galego. Estas obras están rematadas en 1715.

De todas as dependencias do convento destaca polo seu efecto visual a tripla escaleira construída por Andrade para organizar o espazo de circulación entre os distintos andares. A escaleira ocupa o ángulo noroeste, dentro dunha caixa cilíndrica de cachotería, onde se desenvolven tres ramplas que se despregan nunha tripla hélice sen que cheguen a cruzarse nunca entre si. O efecto visual da escaleira acada cotas altísimas polo xogo de posibilidades técnicas que Andrade estende neste elemento.>>
-
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Os ceenses lembran a Domingo Antonio de Andrade 300 anos des

Mensaje por serba »

"Os ceenses lembran a Domingo Antonio de Andrade 300 anos despois da súa morte"

O Concello preparou unhas xornadas para divulgar a figura e obra do artista
Patricia Blanco
Carballo / La Voz, 4 de octubre de 2012


Cúmprense trescentos anos da morte de Domingo Antonio de Andrade, un ceense universal, e o concello no que el nacera no 1639 non quixo deixar pasar a oportunidade de divulgar a súa figura e obra. Coincidindo co día exacto do seu pasamento, un 12 de novembro -pero tres séculos despois-, comezarán na vila de Cee unhas xornadas que, segundo destacou onte María Xosé Fandiño, edila de Cultura, Educación e Deportes, «pretenden ser unha homenaxe» a ese artista que ten un monólito a carón da casa consistorial e que lle dá nome a unha céntrica praza.

A edila, co apoio de Víctor Castiñeira, técnico de Cultura do Concello e coordinador do programa, deu a coñecer as actividades deste tricentenario. Comezarán cun acto o vindeiro venres, ás 12 horas. Nel tamén estará presente a alcaldesa, Zaira Rodríguez. Un concerto a modo de presentación do novo traballo do gaiteiro Óscar Ibáñez, acompañado por Carlos Calviño á guitarra e Fernando Fraga ao acordeón, daralle o contrapunto a esa sesión formal.

O sabor local será unha das notas características das xornadas sobre a figura de Domingo Antonio de Andrade, posto que todos os convidados a intervir están relacionados coa vila ceense. Abordarán dun xeito multidisciplinar -dende a arquitectura, a arte e a historia- todo o que significou.

Un variado programa

Conferencias, unha exposición e unha viaxe integran o programa. A primeira das intervencións correrá a cargo do propio Víctor Manuel Castiñeira, quen, dende a súa faceta como historiador, ofrecerá Andrade e a vila de Cee no seu contexto histórico (sábado 20 de outubro, ás 19.00 horas, no Concello). «Á marxe das súas obras máis coñecidas, ten moitas outras de tanto mérito máis», sinalou xa onte, a modo de adianto. A segunda das charlas (sábado 27, 19.00 horas) será a de Juan Creus Andrade, arquitecto e profesor: abordará dende esa perspectiva o traballo do ilustre ceense. Por último, o 3 de novembro, Francisco Leis Castro, mestre de xeografía e historia no instituto Joaquín Turina de Madrid, introducirá aos asistentes na influencia de Andrade para o barroco galego.

Ademais do roteiro do 17 de novembro pola cidade de Compostela (para o cal hai que reservar prazas), outro dos puntais da xornadas é a exposición Domingo Antonio de Andrade. De Cee a Compostela. Vida e obra dun xenio. Abrirase o venres 12 no museo da Fundación Fernando Blanco e haberá visitas guiadas para escolares. Incluirá reproducións de documentos históricos presentes no Arquivo Histórico Diocesano e na catedral, material físico para observar, libros publicados e varios paneis explicativos.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... C11991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Domingo Antonio de Andrade, a esencia do barroco galego

Mensaje por serba »

O arquitecto de orixe ceense, que finou en 1712, realizou diversas obras emblemáticas do patrimonio galego

VÍCTOR M. CASTIÑEIRA CASTRO
CEE, 9 octubre de 2012



O 12 de novembro cumpriranse 300 anos do pasamento dunha das figuras máis importantes do barroco en Galicia, Domingo Antonio de Andrade. A el dedicoulle o profesor Francisco Mayán algunhas das súas primeiras investigacións sendo estas os primeiros intentos por aproximarse ao artista e a súa vinculación coa súa vila natal.

Os seus esforzos culminarían coa obra Domingo Antonio de Andrade, hijo ilustre de Cee, publicada no ano 1990 coincidindo coa inauguración do monumento erixido ao lado da Casa do Concello e coa denominación da rúa que leva o seu nome, dentro dunha serie de actos que se organizaron nese ano para reivindicar e dar a coñecer na súa vila natal a obra dun dos máis grandes arquitectos que naceu na nosa terra.

A finais desa década, Miguel Taín defendía na Universidade de Santiago a súa tese de doutoramento titulada Domingo de Andrade, que serviría de base para a publicación Domingo de Andrade, maestro de obras de la catedral de Santiago (1639-1712), que vería a luz no ano 1998 e que é o traballo de investigación máis completo sobre o artista. Finalmente, no ano 2004, unha nova tese, neste caso de Leopoldo Fernández Gasalla, La arquitectura en tiempos de Domingo de Andrade, viña a ampliar aínda máis o coñecemento da súa obra, agora en relación co traballo doutros arquitectos coetáneos. Ata a aparición destas teses, para o análise da obra de Andrade, o estudio de referencia era a publicado no ano 1966 polo profesor Bonet Correa, quen, no seu traballo sobre a arquitectura en Galicia no século XVII, adícalle un capítulo acompañado dun excelente análise gráfico e documental.

A Concellería de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cee preparou para este tricentenario actividades que pretenden homenaxear e ao mesmo tempo divulgar entre os veciños a súa obra, entre a que podemos salientar, por ser as máis coñecidas, a torre do reloxo da catedral de Santiago ou as escaleiras de caracol de San Domingos de Bonaval. Pero a obra de Andrade é moito máis e con razón está considerado como o principal promotor da escola barroca en Galicia, na que se inscriben os seus discípulos Simón Rodríguez e Fernando de Casas.

Foron os seus pais, Domingo López de Andrade natural da parroquia de San Xulián de Petán (A Cañiza) e Alberta López, natural de Cee e filla de Alberto López e María López, «padres ricos y honrados». Do seu pai, sabemos que foi un fidalgo acomodado que ocupou o cargo de xuíz nas xurisdicións de Vimianzo e Mens, o que sen lugar a dúbidas o sitúa no entorno dos Condes de Altamira. Finalmente tamén sería xuíz na vila e xurisdición de Cee, lugar de residencia e no que, coma un veciño máis, aparece como membro da confraría de San Sebastián e Ánimas do Purgatorio ou tamén como mórdomo da fábrica da Nosa Señora da Xunqueira no ano 1653.

Por algúns documentos podemos deducir que De Andrade criouse no seo dunha familia cunha boa posición social e económica, pero a prematura morte da súa nai e o feito de que o seu pai tivera fillas dun anterior matrimonio, deu lugar a problemas coas herdanzas entre o pai do artista e os seus sogros e posteriormente entre o propio Domingo e o seu cuñado Andrés González de Lema. Esta situación non quedaría resolta ata o ano 1703 cando o arquitecto firme unha concordia pola que recibiu 400 reais e o agro de San Andrés en Corcubión.

Estudos eclesiásticos

Antes de adicarse á arquitectura, Domingo, xunto co seu irmán Antonio de Andrade, empezou estudios eclesiásticos, acadando a prima tonsura, antes de matricularse na Universidade de Santiago. Domingo farao con 15 anos, no 1654, na carreira de Artes, estudos que non seguirá xa que se matricula no ano seguinte no primeiro ano da carreira de Cánones. Nese 1655 foi ingresado no Hospital Real de Santiago sen que poidamos saber a doenza en concreto, pero debeu ser de certa importancia xa que non continuará os seus estudos en Santiago e incluso anos despois volta a aparecer ingresado no citado Hospital.

A pesar da súa corta estadía na Universidade, contará con coñecementos de filosofía e dereito canónico, dominando o castelán e, sobre todo, o latín, o que lle permite acceder ás publicacións estranxeiras.

Nas vésperas do Nadal de 1659, con 20 anos, bautízase en Corcubión o seu primeiro fillo, Francisco Antonio, tido de solteira por Isabel de Areas Canosa, coa que acabaría por casar en marzo de 1662. Pouco despois da súa voda (1662) debe empezar a traballar nos obradoiros artísticos da catedral baixo o mando do coengo José de Vega y Verdugo, quen o instruiría en temas de arte e arquitectura.

Xa en 1663 abre o seu propio taller e ingresa no gremio de canteiros, entalladores, carpinteiros e toneleiros de Santiago.

Ata o ano 1664, formáse como entallador aprendendo o oficio da man de Francisco de Antas e Bernardo Cabreira (os mellores artistas de retablos da época).

En 1665, xunto co aparellador da obra do Tabernáculo, Lucas Serrano, recibe o encargo de facer a que se considera a súa primeira obra de importancia como entallador: a construción do camarín do presbiterio que é o lugar ó que acoden os fieis para venerar e apertar a imaxe do apóstolo Santiago. Os seus coñecementos da madeira e a súa habilidade fan que o traballo destes primeiros anos teña que ser necesariamente tido en conta para entender o conxunto da súa obra posterior.

O seu ascenso dentro dos obradoiros da catedral é imparable, e xa entra de cheo na parte que o levou a entrar na historia.

CRÓNICA HISTÓRICA

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... C11991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Cee descubriu a Domingo Antonio de Andrade no 41

Mensaje por serba »

JOSÉ RAMÓN REY SENRA
CEE, 19 de octubre de 2012


Con motivo dos 300 anos do pasamento de Domingo Antonio de Andrade, mestre do barroco galego, o vindeiro 12 de novembro, a Concellería de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cee organiza unha serie de actos co obxectivo de conmemorar e divulgar a figura e traballo do artista entre a veciñanza, un programa de actividades eloxiable desde todos os puntos de vista, xa que servirá para lembrar e preservar na memoria a vida e obra dunha das figuras máis relevantes da cultura galega, nado en 1639 na vila de Cee.

Aínda que o primeiro que deixou por escrito que o arquitecto da torre do reloxo da catedral de Santiago nacera en Cee foi o profesor de Historia de Arte da Universidade compostelá Sebastián González García-Pan, nun artigo publicado en 1935 na revista Archivo Español de Arte y Arqueología, e, continuando nesa mesma liña de investigación, atopámonos co Académico de Historia Jesús Carro García.

Será Francisco Mayán Fernández coas súas pescudas, mentres exercía de profesor de Historia no Colexio da Fundación Fernando Blanco de Cee, o que chegaría á conclusión definitiva da orixe ceense de Domingo Antonio de Andrade, despexando calquera dúbida ou vacilación que puidese haber grazas aos achados documentais no arquivo parroquial de Cee.

E así é como dentro da importante e interesante doazón para o estudo da historia local de carácter bibliográfico e documental realizada por Francisco Mayán Fernández á biblioteca pública municipal do Concello de Cee, que leva o seu nome, atopámonos co artigo El arte en Galicia. La Exposición de Compostela (mostra rexional de belas artes e artes decorativas inaugurada o 15 de xullo de 1941 no edificio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela) publicado o sábado 30 de agosto de 1941 no xornal coruñés El Ideal Gallego, xa que é a primeira vez que o doutor Mayán fai pública as súas investigacións sobre as raíces do autor das escaleiras de caracol de San Domingo de Bonaval.

Nese mesmo ano, publica a obra Los Franceses en Cee, libro onde na páxina 55 (nota 65) transcribe a carta de agradecemento que lle enviou o «sabio investigador santiagués», Jesús Carro García, por facerlle saber que o mestre Andrade fixera un retablo para o altar maior da igrexa parroquial de Cee.

E non deixa de ser casualidade que na sesión ordinaria do 6 de setembro de 1941, o Concello de Cee acordase dar o nome de Praciña de Domingo Antonio de Andrade á que nese momento levaba o nome de Recheo (nome co que o pobo a seguiría chamando).

Dende os setenta

Ata a celebración actual co gallo do 300 aniversario do pasamento de Domingo Antonio de Andrade, outros actos ou manifestacións dignos de salientar para lembrar a figura de tan insigne artista no seu pobo natal, foron os seguintes.

Na segunda metade da década dos 70, a fundación da Asociación cultural Domingo Antonio de Andrade por parte de Antonino Castro García, párroco de Cee (q.e.p.d.), e un grupo de xente nova, agrupación que resultou ser un frutífero motor cultural para Cee á que se lle debe, entre outras, a posta en marcha da Mostra de Teatro.

Pasará un tempo ata que Baldomero Cores Trasmonte, cronista oficial do Concello de Cee, pediría no pregón das festas da Xunqueira do ano 1985, que «lle fagamos un monumento... e lle adiquemos o novo Recheo, que podería chamarse así: Recheo de Domingo Antonio de Andrade».

Pero non será ata o sábado 11 de agosto de 1990, coincidindo coa homenaxe do 350 aniversario do seu nacemento, cando unha comisión presidida por Francisco Mayán Fernández logre erixir un monumento a carón da casa consistorial e dar o nome de Domingo Antonio de Andrade a unha rúa da vila nun acto presentado por Juan Sánchez García (membro da comisión) e falando, entre outras autoridades, o alcalde de Cee, Manuel Castro Castro. Así mesmo e dentro dos actos da mesma efeméride, o concelleiro de Cultura do Concello de Cee, Xosé Cañizo Martínez, presentaba o libro de Francisco Mayán Fernández: Domingo Antonio de Andrade. Hijo ilustre de Cee. A Coruña, 1990.

Hoxe volvemos a lembrar a figura de Andrade, a cal debe ser motivo de orgullo para todos os ceenses pola súa obra e a súa vinculación coa vila, como é o legado que deixou Fernando Blanco de Lema ou como debería tamén ser a orixe ceense e a obra de Diego de Muros III, fundador do Estudio General Compostelano, xerme da Universidade de Santiago de Compostela.

Aproveito estas letras para recomendar a visita á exposición que acolle o Museo Fernando Blanco Domingo Antonio de Andrade (1639-1712): De Cee a Compostela. Vida e obra dun xenio.

Crónica histórica

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... 9C9991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Domingo Antonio de Andrade

Mensaje por serba »

"Os ceenses volveron ao tempo de Domingo Antonio de Andrade"

Víctor Castiñeira abordou o contexto e a época na que naceu o arquitecto

P. Blanco
Carballo / La Voz, 21 de octubre de 2012


Cee mudou moito dende aquel século XVII no que nacera Domingo Antonio de Andrade, pero o que se fixo na xornada de onte foi recordar a vila de entón, a súa situación. O historiador e técnico de Cultura dese concello, Víctor Castiñeira, inaugurou o ciclo de conferencias organizadas para conmemorar o 300 aniversario da morte dese coñecido arquitecto de orixe ceense. Coa súa intervención, titulada Andrade e a vila de Cee no seu contexto histórico, Castiñeira tratou de situar aos asistentes no século XVII, naquel contexto socioeconómico e artístico.

Segundo contou o historiador, nada tiña que ver un aspecto co outro. Se ben politicamente foi un tempo convulso e mesmo de crise, polo levantamento de Cataluña ou a guerra con Portugal, no mundo da arte foi unha época de esplendor. Era o inicio do Barroco, movemento do que Domingo Antonio de Andrade é a esencia. A partir do segundo tercio do XVII hai que falar tamén da influencia da revolución do millo, que acabaría derivando no incremento, case o dobre, da pobación da franxa atlántica de Galicia. Cee, por exemplo, pasaría de algo máis de 400 a case 1.000 habitantes a principios do século XVIII. Ese é o contexto no que nace o artista ceense.

Neste primeiro bloque de contextualización da época e da figura do autor da torre do reloxo da catedral de Santaigo ou das escaleiras de caracol, Castiñeira fixo tamén referencia ás divisións políticas daquel tempo e tamén aos sectores comerciais propios da época: a pesca, o coiro, os tecidos, o encaixe e mesmo os traballos relacionados co viño. Non quedaron tampouco sen abordar, en canto á relixiosidade, o comportamento de veciños e clero. Falouse onte das confrarías e dalgunha das súas actividades.

Biografía e proxeccións

Víctor Castiñeira incorporou na súa intervención unha segunda parte dedicada á biografía de Domingo Antonio de Andrade: o seu nacemento no seo dunha familia «ben situada», social e economicamente, o cargo de xuíz que tivo o seu pai nas xurisdiccións de Vimianzo e Mens e que logo tería tamén en Cee, a orfandade ou os problemas de saúde do artista que lle impedirían rematar os seus estudos.

Co obxectivo de conseguir unha intervención máis amena, apoióuse en proxeccións audiovisuais que facían referencia, sobre todo, a libros eclesiásticos da época, aínda que se puido ver tamén a sinatura do propio Andrade e incluso unha recreación da súa vestimenta, feita a partir de documentos históricos nos que se describía a súa figura. «Un cabaleiro, con capa, moi elegante...», describiu o historiador, quen tamén abordou a escasa obra do artista na vila de Cee, que virían sendo dous retablos e unha lámpada.

Comezaron as conferencias con motivo do tricentenario da súa morte.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... C11991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Domingos de Andrade no Museo do Pobo Galego

Mensaje por kruzul »

Domingos de Andrade. Excelencia do Barroco
15/11/2012 - 18/01/2013

Imagen

No terceiro centenario do pasamento de Domingos de Andrade, esta institución non podía deixar pasar a oportunidade de rememorar esta figura universal, artífice dunha marabillosa escaleira que segue deslumbrando a propios e estraños. Unha exposición e unha publicación, con textos de expertos na materia, axudarán a que a súa historia resoe nestes inicios do século XXI, ao tempo que tanguen, cada hora, as campás da Berenguela.
< http://www.museodopobo.es/exposicion.php?idexpo=173 >
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

- Especial Domingo Antonio de Andrade (I): Un ceense universal

http://www.quepasanacosta.com/?p=18617&opinion=1

- Especial Domingo Antonio de Andrade (II): O ceense e o Barroco en Galicia

http://www.quepasanacosta.com/?p=18767&opinion=1

- Especial Domingo Antonio de Andrade (III): Guía para visitar a exposición en Cee

http://www.quepasanacosta.com/?p=18962&opinion=1

- Especial Domingo Antonio de Andrade (IV): Cee na época de Andrade

http://www.quepasanacosta.com/?p=19091&opinion=1

- Especial Domingo Antonio de Andrade (V): Resumo biográfico

http://www.quepasanacosta.com/?p=19262&opinion=1

- Especial Domingo Antonio de Andrade (VI): Formación Intelectual

http://www.quepasanacosta.com/?p=19398&opinion=1

- Especial Domingo Antonio de Andrade (VII): Formación artística

http://www.quepasanacosta.com/?p=19580&opinion=1



* Editado para añadir el enlace del artículo "VI", ya que no aparecía anteriormente en el listado de la web "Que pasa na costa"
Última edición por serba el 27 Nov 2012, 12:12, editado 1 vez en total.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Domingos de Andrade: o bardo da pedra

Mensaje por serba »

Artículo de Manuel Vilar Álvarez.

http://www.terraetempo.com/artigo.php?a ... &seccion=5
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

"Especial Domingo Antonio de Andrade (VIII): A súa obra na Costa da Morte"

http://www.quepasanacosta.com/?p=19767&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

"Especial Domingo Antonio de Andrade (IX): Mestre de mestres. A influencia da súa obra"

http://www.quepasanacosta.com/?p=20149&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

"Especial Domingo Antonio de Andrade (X): O Barroco e a Catedral de Santiago"

http://www.quepasanacosta.com/?p=20310&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

"Especial Domingo Antonio de Andrade (XI): Obras na Catedral de Santiago"

http://www.quepasanacosta.com/?p=20602&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

Publicado por Víctor Castiñeira.

"Especial Domingo Antonio de Andrade (XII): Arquitectura relixiosa"

http://www.quepasanacosta.com/?p=20724&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

(Víctor Castiñeira)

"Especial Domingo Antonio de Andrade (XIII): Arquitectura Civil. Obras en Santiago"

http://www.quepasanacosta.com/?p=20847&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

(Víctor Castiñeira)

"Especial Domingo Antonio de Andrade (XIV): Andrade e San Domingos de Bonaval" http://www.quepasanacosta.com/?p=21179&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

(Víctor Castiñeira)

"Especial Domingo Antonio de Andrade (XV e final): Andrade, mestre do Retablo"

http://www.quepasanacosta.com/?p=21338&opinion=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

Hoy, en la última jornada de Opus Monasticorum VII.
Miércoles 18. Espacios y lugares
17:15h. LEOPOLDO FERNÁNDEZ GASALLA (Grupo Iacobus-USC)
Domingo de Andrade y su ascendiente en la organización de la actividad arquitectónica en Galicia (1677-1710)
http://iacobus.org/category/actividades
- Enlace: viewtopic.php?f=19&t=8268
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

Fernando Franjo. Santiago
"El órgano de la Catedral conserva las cajas diseñadas por Andrade"
El órgano actual de la Catedral fue construido por la prestigiosa empresa italiana Mascioni y se trata del único instrumento de esa marca instalado en España. El instrumento está dividido en dos cuerpos situados a ambos lados de la nave central. Según confirmó el experto y director del Conservatorio Profesional de Santiago, Miguel Ángel Fariña, el órgano conserva las cajas barrocas diseñadas por Domingo de Andrade y talladas por Antonio Alfonsín y Miguel de Romay.
El origen del órgano catedralicio se remonta al año 1704, cuando el Cabildo de la Catedral decidió encargar del lado del Evangelio un gran órgano, de 60 registros, a Manuel de la Viña, en aquel momento sufragado por el arzobispo Monroy. Dos años después se decidió la construcción de un segundo instrumento del lado de la Epístola, pero el paso del tiempo y el declive económico conllevaron su decadencia hasta que, en 1873 la restauración fue encargada al maestro catalán Mariano Tafall.
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ ... cia-854347
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Descubierto un retablo de Domingo de Andrade...

Mensaje por serba »

Pablo Rodríguez

La restauración del conjunto artístico de la iglesia de San Martiño de Guillar (Outeiro de Rei), que estaba muy deteriorado, ha servido para descubrir que su retablo mayor es una joya del bárroco gallego, al datar de finales del siglo XVII y ser obra del maestro Domingo de Andrade.

Se cree que formaba parte de un conjunto de su autoría que estaba originariamente en el templo lucense de A Nova y cuyo paradero se desconocía, aunque se pensaba que se podría haber reubicado en el entorno rural de Lugo. Hace unos meses, se encontraron varios de esos retablos en la iglesia parroquial de Tirimol y ahora se ha completado ese hallazgo con la aparición del de Outeiro de Rei.

Uno de los restauradores trabajando en el retablo. EPhttp://elprogreso.galiciae.com/sites/default/files/styles/633x370/public/imagenes/2015/ELP1604P24F1.JPG?itok=B1yLGbUB http://elprogreso.galiciae.com/noticia/ ... de-outeiro
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El arte de Domingo de Andrade ya luce en Tirimol

Mensaje por serba »

Suso Varela | Lugo

El arte de Domingo de Andrade ya luce en Tirimol


Parteluz termina por completo la restauración de los tres retablos de esta joya del Barroco gallego

Nacido en Cee en 1639 y fallecido en Santiago en 1712. Arquitecto de la Torre del Reloj y el Pórtico de la Quintana en la catedral de Santiago, además de obras en San Domingos de Bonaval. En la misma ciudad, ya en obra civil, hizo la Casa da Parra, la Casa da Conga, Casa das Pombas y Casa Feixóo. También intervino en la catedral de Ourense. En Lugo, intervino en la Catedral y el Convento de las Dominicas. Actuó en la Catedral, tanto en la sala capitular como en la sacristía. Además, intervino en el convento de la Dominicas, hoy iglesia de A Nova, de donde salió el retablo de Tirimol.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lu ... C12994.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: El legado de Domingos de Andrade

Mensaje por serba »

Monumento a Domingo Antonio de Andrade

https://www.elcorreogallego.es/sam/monu ... -AD3432570
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder