Página 1 de 1

Un cruceiro do Camiño de Santiago leva dous anos á espera...

Publicado: 01 Ago 2012, 09:01
por serba
"Un cruceiro do Camiño de Santiago leva dous anos á espera de ser restaurado"

31/07/2012 - C.P.R. / El Progreso (Abadín)

Fai máis de dous anos, un accidente fortuíto cun tractor fixo cachizas un cruceiro localizado no trazado do Camiño de Santiago, no límite entre as parroquias de Castromaior, en Abadín, e Bordelle, en Vilalba.

A titular da leira na que se acha este elemento patrimonial e propietaria do mesmo por herdanza explicou que os técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia visitaron no seu momento o lugar e fixeron un informe sobre a situación do cruceiro e o procedemento a seguir para a súa restauración, por tratarse dunha estrutura protexida.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/187016.html