Página 1 de 1

Morre o histórico galeguista Avelino Pousa Antelo

Publicado: 20 Ago 2012, 17:49
por serba
Finou no seu domicilio de Teo aos 98 anos

Camilo Franco
Santiago 20 de agosto de 2012 14:07


Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, faleceu a pasada madrugada no seu domicilio de Teo.

O histórico galeguista nado en San Xoán de Barcala, A Baña, en 1914 foi docente, cooperativista, escritor, político, animador cultural... Contaba 98 anos e sempre considerou Galicia como unha tarefa urxente. Con el desaparece a figura dun home que formou parte das Mocidades Galeguistas baixo a influencia directa dos líderes como Castelao.

No ano 1931 Avelino Pousa Antelo acudiu a un mitín no Teatro Principal de Santiago. Nese acto falaba Castelao e o seu discurso conseguiu que aquel mozo se achegase de por vida ao galeguismo. Pousa Antelo recoñecería esa influencia asegurando que non houbo en Galicia «unha xeración como aquela» referíndose á xeración Nós, un grupo co que Antelo mantivo una estreita colaboración mentres lle foi posible e un ideario ao que se mantivo leal toda a vida.

Como a todos os integrantes daquela xeración que sobreviviron, e que participaron nas Mocidades Galeguistas, tivo dúas etapas políticas, unha primeira antes da guerra civil, na que participa nas actividades de desenvolvimento do Partido Galeguista, e outra finalizada a ditadura. En 1978, Antelo participa na refundación do Partido Galeguista, do que foi secretario xeral e presidente.

Na longa noite de pedra entre o 36 e o 78 Avelino Pousa Antelo non puido exercer de mestre despois de que o goberno de Franco suspendese as oposicións de maxisterio que Pousa aprobara. Foi o campo e o cooperativismo a actividade que desenvolveu durante toda a súa vida, alternando coa docencia e a escritura.

Maña, a partir das 10.00 horas, os seus restos mortais poderán ser honrados no Concello de Teo, onde residía dende 1990 e de onde era fillo adoptivo dende o ano 2007. O acto cívico de despedida realizarase ás 19 horas no mesmo consistorio. Posteriormente, os seus restos serán incinerados.

Reaccións

O BNG expresou nun comunicado «o seu fondo pesar» polo falecemento de Avelino Pousa Antelo, a quen califica de «incansábel traballador a favor do pobo galego, da lingua galega e do medio rural». O PSdeG-PSOE tamén lamenta fondamente unha morte «que deixa un gran baleiro na cultura galega». Pola súa parte, o popular Antonio Rodríguez Miranda, tamén lamentou o pasamento pola «pérda que supón para Galicia».

A Fundación Castelao tamén quixo amosar «o seu fondo pesar polo pasamento de quen foi alento desta casa dende o momento da súa fundación». Ademais de amosar o seu pésame, dende a institución tamén se quixo lembrar os principais fitos de quen fora o seu presidente durante 23 anos, dende o ano 1989. Así, destaca que, durante o seu mandato, completouse a compilación da obra escrita do autor do Sempre en Galiza ou celebrouse cunha gran exposición o 50º aniversario do pasamento de Castelao.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... 688353.htm


- "Avelino Pousa Antelo: un perfil de urxencia"
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=2561

- "A Mesa [pola Normalización Lingüistica] chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo"·
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/313

- "O presidente da Xunta de Galicia amosa o seu pesar polo pasamento de Avelino Pousa Antelo"
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... usa-antelo

- http://www.galegos.info/avelino-pousa-antelo



Q.E.P.D.

Carlos Mella releva al fallecido Avelino Pousa Antelo

Publicado: 05 Feb 2013, 08:10
por serba
Carlos Mella fue elegido presidente de la Fundación Castelao en la reunión que el patronato de la institución celebró el pasado domingo en Rianxo, primera tras la muerte del histórico galleguista Avelino Pousa Antelo el pasado agosto, que estuvo 23 años al frente de la institución y a quien Mella sucederá en el cargo.
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2 ... 89646.html

Actos do cabodano de Avelino Pousa Antelo

Publicado: 03 Ago 2013, 19:19
por serba

Recordando a Avelino Pousa Antelo

Publicado: 20 Nov 2013, 13:51
por serba

Avelino Pousa Antelo. Acto de Amor e Memoria

Publicado: 07 May 2014, 16:23
por serba
http://www.revistamurguia.com/wp-content/uploads/2012/08/Avelino_Pousa_Antelo-460x250.jpgAvelino Pousa Antelo. Acto de Amor e Memoria
Avelino Pousa Antelo falecía o 20 de agosto do 2012. Após noventa e oito anos cheos de vida, deixaba trás de si unha longa traxectoria de militancia galeguista. Unha longa vida na que demostrou ser un bon e xeneroso. O vindeiro 14 de maio, diante do seu centenario, familia e amizades tributaranlle unha cumprida homenaxe.
http://www.revistamurguia.com/?p=1332

Recordan a Avelino Pousa Antelo cunha placa...

Publicado: 21 Oct 2014, 17:54
por serba
http://xornal.usc.es/export/sites/default/xornal/acontece/imaxes/2014_10/bandera.jpg_1087448183.jpg
Recordan a Avelino Pousa Antelo cunha placa en Ciencias da Educación

No ano 2000, con ocasión do Día das Letras Galegas e o cincuentenario da morte de Castelao, instalouse na beira da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Vida a figura en pedra dunha nena, a carón da cal Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao e membro de honra do centro, plantou un castiñeiro.
Hoxe, a carón desa árbore, a Facultade compostelá quixo facerlle unha homenaxe ao intelectual galego finado en 2012 descubrindo unha placa que conserve para as novas xeracións a súa memoria.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0129.html