Página 1 de 1
Fundación Penzol
Publicado: 29 Ago 2012, 14:15
por serba
Vigo, 28 de agosto de 2012.-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou, hoxe, á Fundación Penzol o apoio da Xunta á celebración do centenario de Francisco Fernández del Riego e ao 50 aniversario da entidade.
Deste xeito, o responsable autonómico, que recibiu esta tarde aos representantes da fundación, confirmou a vontade da Xunta de colaborar novamente coa institución privada con maior patrimonio documental da historia da cultura galega:
43.000 libros, 8 coleccións completas de xornais, 2.520 publicacións periódicas, 388 manuscritos, 415 de fondo antigo –libros do século XVI ao XVIII-, 450 de literatura gris, 1.700 separatas, 100 mapas e planos, 110 teses de doutoramento, microfichas, discos, fotografías, partituras musicais, etc.
Amais de apoiar diversas actividades da Fundación Penzol destinadas a lembrar a obra e a figura dos persoeiros máis salientables da cultura galega, no que vai de lexislatura, o Goberno galego asinou coa institución varios convenios destinados á conservación e difusión do seu fondo bibliográfico e documental.
Neste mesmo mes de agosto, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, actuando na súa condición de Presidente do Padroado da Fundación Cidade da Cultura, e o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz, asinaron un convenio de colaboración para a conservación e difusión dos fondos bibliográficos e documentais da entidade a través da súa dixitalización.
O resultado do proceso de dixitalización dos fondos da institución serán entregados á Fundación Cidade da Cultura para a súa utilización no Arquivo e na Biblioteca de Galicia, así como na propia Fundación Penzol.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... -francisco
Re: Fundación Penzol
Publicado: 24 Nov 2012, 17:37
por serba
"A Fundación Penzol pide que o 2013 sexa o ano de Fernández del Riego"
O próximo luns cumpriranse dous anos do pasamento de Francisco Fernández del Riego. E o vindeiro 7 de xaneiro cumpriranse os cen anos desde o seu nacemento. Esta última data levou á Fundación Penzol, da que foi director, a pedir que o 2013 sexa considerado Ano Fernández del Riego, e no que se poñan en marcha actividades que lembren a súa intensa actividade.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P40994.htm
*
"La Fundación Penzol ultima sus actos para el centenario de Fernández del Riego"
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultu ... 16430.html
Francisco Fernández del Riego
Publicado: 26 Nov 2012, 19:34
por kruzul

Nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid.
Ao rematar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia. Tamén participa na revista Grial. En 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e impulsor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado Presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro ou Doctor Honoris Causa por la Universidad de Vigo entre outros.
Faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
< https://emigracion.xunta.es/entrevista/ ... -del-riego >
Entrevista => http://emigracion.xunta.es/files/entrev ... _10122.pdf
Unha biografía máis ampla => http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?i ... +del+Riego
Re: Fundación Penzol
Publicado: 04 Ene 2013, 08:42
por serba
La Fundación Penzol ha incorporado a seis nuevos miembros a su patronato al llegar al medio siglo de existencia y con el objetivo de mantener un gran centro de documentación al servicio de la cultura gallega y el galleguismo. Los nuevos integrantes son María Dolores Villanueva, Carmen Pérez, Manuel Puga, Silvestre Gómez, Xavier Martínez y Andrés Dapena. La Fundación Penzol inició su actividad en mayo de 1963 en unas dependencias de la calle Policarpo Sanz y actualmente los investigadores y estudiosos pueden acudir a sus fondos en la Casa da Cultura.
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013 ... 35370.html
Fundación Penzol celebra el centenario de Fernández de Riego
Publicado: 15 Feb 2013, 08:19
por serba
"La Fundación Penzol cumple medio siglo y edita poemas inéditos de Otero Pedrayo"
El libro "Xeórxicas do pan" fue patrocinado por la Universidad de Vigo - Un acto en la Praza de Compostela viguesa celebrará mañana el centenario de Fernández del Riego
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultu ... 57883.html
Fundación Penzol celebra el centenario de Fernández de Riego
Publicado: 09 Jul 2013, 09:48
por serba
"Unha mostra en Fonseca conmemora os 50 anos da creación da Fundación Penzol e o centenario do nacemento de Fernández del Riego"
A exposición ‘Unha obra para un país’ conmemora ata o 31 de agosto dúas importantes efemérides que se celebran este ano: o cincuentenario da Fundación Penzol e o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. A inauguración oficial tivo lugar este luns no Colexio de Fonseca [...]
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0037.html
“Vigo na Fundación Penzol”
Publicado: 09 Oct 2013, 15:25
por serba
Unha carta de Cachamuiña, na exposición de homenaxe a Vigo
A Fundación Penzol inaugura mañá unha mostra con 123 textos vencellados á cidade
“Vigo na Fundación Penzol” é a mostra bibliográfica e documental que mañá, inaugurarase ás 12 horas, na Casa Galega da Cultura. “É unha homenaxe á cidade e o seu Concello polo seu apoio e boa acollida dende os nosos comezos en Policarpo Sanz, 24”, declarou Francisco Domínguez, director da Fundación e comisario da exposición xunto a Marián Vidal.
Trátase dun total de 123 textos, entre libros e documentos, agrupados en seis seccións: Cantadores medievais do Mar de Vigo; Manuscritos, mundo editorial, libros de temática viguesa, materias gráficos e prensa. [...]
http://www.atlantico.net/noticia/255870 ... naxe/vigo/
Fundación Penzol
Publicado: 09 Abr 2014, 11:53
por serba
Antonio Pérez Prado (Bos Aires, 1926-2009) foi un médico arxentino, fillo de galegos, que mantivo unha fecunda actividade a prol da cultura galega en Bos Aires. O material así como a correspondencia que mantivo cos intelectuais galeguistas, tanto do exilio exterior como do interior, axudan a comprender a presenza galega en Arxentina. Un legado que acaba de depositar na
Fundación Penzol a súa filla,
Aixa Pérez Prado, cumprindo coa expresa vontade do seu pai e no que colaborou o Consello da Cultura Galega.
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3649
Fundación Penzol
Publicado: 25 Jul 2014, 12:07
por serba
Ana Baena | Vigo
A cidade dará unha homenaxe a Zulueta de Haz pola súa entrega
Cumpríu 90 anos e as fundacións nas que traballa ofreceranlle un recoñecemento o luns
“Non hai nada máis agradecido na vida que poder traballar no que a un lle gusta, e todo o que fago tanto na Cultura coma cos discapacitados apórtame satisfacción”. Así
Alfonso Zulueta de Haz expricaba onte para
Atlántico Diario, o secredo da súa entrega constante ao traballo.
Presidente da Fundación Penzol e vicepresidente da Editorial Galaxia recibe o vindeiro luns unha homenaxe das fundacións do grupo e maila Sociedade de Estudios, Publicacións e Traballos (SEPT), a que tamén está moi vencellado.
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/ ... 27657.html
A Fundación Penzol cumpre 52 anos ao servizo da Cultura
Publicado: 08 Abr 2015, 11:04
por serba
O Facebook da Fundación Penzol encheuse onte de parabéns. Os amigos desexabanlle a institución unha longa vida o día que cumpríu os seus 52 anos. Creouse en 1963 por iniciativa de Fermín Penzol, cando decide doar a súa valiosa biblioteca especializada en temática galega de acceso público para a investigación.
É o máis grande arquivo documental do país ten a súa sede aberta na Casa da Cultura de Vigo para todas aquelas persoas que queiran consultar os seus fondos. Comandada na actualidade por Quico Domínguez, foi, ata o día do seu pasamento, dirixida por Francisco Fernández del Riego. Os fondos da formación constan duns 44.000 títulos de monografías impresas, dende o século XV; uns 2.370 títulos de publicacións periódicas; 106 títulos de libros manuscritos do século XVII ao XIX; perto de 300 diplomas en pergameo datados do século XII ata XVII; 75 pezas de cartografía histórica con numerosos exemplares do XVII e 120 metros lineais de documentos de arquivo.
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/ ... 69490.html