10/09/2012 - Ignacio R. Díaz / El Progreso (A Pastoriza)
O castro de Sa, situado nunha loma da pastoricense parroquia de Baltar, agocha baixo a súa croa milleiros de historias vitais, os xeitos de vida dunha cultura castrexa e quizáis algunha outra primitiva e infinidades de recordos e vivencias que xamais sairán á luz. Alén da condición do que foi un asentamento castrexo, supostamente de relevancia, dadas as dimensións da súa superficie, actualmente camuflada baixo as herbas e demais ramallos que cobixan parte da historia dun pobo, o castro de Sa esconde nas súas entrañas unha gruta de importantes dimensións que podería ter acubillado moradores incluso antes do asentamento humano no castro.
A cova do castro de Sa é unha realidade descoñecida para a gran mayoría da xente, pois dise que tal gruta foi descuberta non hai demasiado tempo e de forma totalmente casual polos cans dun cazador que, na procura dun raposo, non dubidaron en adentrarse no corazón do castro de Sa, onde xa finou un dos animais, segundo a tradición oral.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/195272.html
O Segredo de Baltar (A Pastoriza, Lugo)
O Segredo de Baltar (A Pastoriza, Lugo)
Poblada soledad es hoy el mundo.




