Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos-AIEG

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos-AIEG

Mensaxe por serba » 12 Set 2012, 11:05

"Comeza en Cardiff o congreso da Asociación de Estudos Galegos"

Ao longo de tres días, especialistas en estudos galegos de varias partes do mundo intercambiarán experiencias e relatos

Redacción / La Voz
12 de septiembre de 2012



Hoxe comeza na cidade galesa de Cardiff o décimo congreso da Asociación internacional de Estudos Galegos, que se prolongará ata o vindeiro venres e que ten como argumento fundamental Galiza alén do arco atlántico. Unha visión multidisciplinar dos estudos galegos.

Ao longo de tres días, especialistas en estudos galegos de varias partes do mundo intercambiarán experiencias e relatos. Ademais de Craigg Patterson, presidente da asociación, entre os participantes neste congreso estarán David McKenzie, da Universidade de Cork; Rosario Álvarez, do Consello da Cultura Galega; Xurxo Mariño, da Universidade da Coruña; Helena González, da Universtat de Barcelona, e a poeta Chus Pato.

O arco argumental do congreso é moi amplo, e ademais de ocuparse de como se están desenvolvendo no mundo os estudos galegos, entre as comunicacións e conferencias figuran desde o estudo das traducións de A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, e análises sobre a poesía de autoras como Xela Arias ou Luísa Castro, ata unha investigación da situación do galego nas cidades.

Rosalía de Castro tamén terá un papel relevante neste congreso, primeiro desde a análise dos estudos sobre a súa obra de carácter internacional, e logo desde a realizacións duns obradoiros en paralelo ao congreso. Este décimo congreso pecharase o vindeiro venres cunha cea e un recital poético protagonizado por Chus Pato.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P33991.htm


- Información detallada en http://praza.com/cultura/1951/mirar-gal ... nos-mellor
"Mirar Galicia dende Gales: Abrir o foco para vernos mellor"
Última edición por 1 o serba, editado 27 veces en total
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

X Congreso da Asociación de Estudos Galegos en Cardiff

Mensaxe por serba » 13 Set 2012, 12:13

Buenos días:

Podemos informarnos del contenido detallado y temática del congreso en un estupendo resumen en la página de la AIEG, Asociación Internacional de Estudos Galegos, en pdf:

"LIBRO DE RESUMOS CARDIFF 2012 abrev"

http://www.estudosgalegos.org/joomla/im ... agosto.pdf
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

X Congreso Internacional da AIEG en Cardiff

Mensaxe por serba » 02 Out 2012, 14:27

02-10-12

X Congreso Internacional da AIEG en Cardiff/Caerdydd, País de Gales

"A Asociación Internacional de Estudos Galegos manifestou o seu malestar coas políticas lingüísticas e culturais"


No informe co que pechou a súa presidencia no período 2009-2012, Craig Patterson asegurou que malia a crise, os Estudos Galegos medraron no mundo nos últimos tres anos e que ao colectivo lle tocou vivir “unha realidade negativa tanto económica como política”. Ademais, sobranceou o profundo compromiso da entidade con Galicia e sinalou: “Foinos eticamente imposible ficar calados”.

(Cardiff, Gales – 26 de setembro de 2012). O presidente en funcións da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), Craig Patterson, pechou o seu mandato cun informe de xestión no que sinalou a boa saúde dos ámbitos nos que se analiza a realidade galega polo mundo adiante e no que, ademais, declarou publicamente o malestar da entidade coas políticas lingüísticas e culturais de Galicia. Foi durante a celebración da décima Asemblea Xeral de Socias e Socios da entidade, que tivo lugar no marco do X Congreso Internacional da AIEG que tivo lugar na capital galesa, Cardiff-Caerdydd, entre o 12 e o 14 de setembro e no que participaron 150 investigadoras e académicos de todo o planeta, ofrecendo 120 comunicacións sobre as máis diversas temáticas.

“Cun novo clima político e nun contexto de recurtes xeralizados e menos apoio institucional, fixemos intentos infrutuosos por chegar a acordos de colaboración en diversas materias e con propósitos concretos, para o que se mantiveron reunións en San Caetano co Secretario de Política Lingüística e co Director Xeral de Creación e Difusión da Cultura”, comezou o seu informe o entón presidente en funcións.

Nesa liña, salientou e agradeceu o forte e permanente compromiso de colaboración do Consello da Cultura Galega e doutras institucións que funcionan tanto dentro como fóra do Estado Español, entre as que listou á Embaixada de España en Londres, o Instituto Cervantes de Londres ou a Asemblea Nacional Galesa, entre outros.

Entre os logros da súa xestión, Patterson salientou a creación dunha nova páxina web para a AIEG e as posibilidades que este espazo ofrece aos máis de 150 asociados que a entidade ten en todo o mundo; tamén a publicación do Directorio de Galicianistas dispoñible en internet e que permite poñer en contacto aos académicos que traballan sobre temáticas vencelladas a Galicia alí onde eles residan.

“Creamos un foro virtual polo que podemos difundir información sobre o mundo dos estudos galegos polo mundo, e polo que tamén os nosos socios poden compartir enlaces e datos interesantes de interese e beneficio colectivo”, engadiu Patterson.

E completou referindo ás redes sociais: “A AIEG entrou autenticamente no século XXI coa creación da súa propia páxina Facebook, que xa conta con máis de 1000 membros e que nos permite contactar cun público moito máis amplo, e por medio deste escaparate global puidemos facer medrar o perfil, presencia e relevancia da AIEG e dos estudos galegos a nivel internacional”, apuntou.

Patterson lembrou que a asociación participou por primeira vez na súa historia nos cursos de lingua galega celebrados durante o verán nas universidades galegas: “Procuramos estabelecer contacto coa mocidade internacional comprometida coa aprendizaxe do galego para animala a facerse socia e participar nas nosas actividades”.

Institución

“Tentamos sempre manter cando non fortalecer as nosas relación institucionais. Os fortes vínculos que a AIEG mantén co Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as universidades galegas vense nitidamente reflectidos na presenza de representantes destas entidades durante este congreso en Cardiff”, sinalou o profesor inglés.

Outro panorama é o que se debuxa coas institucións oficiais. “Xa falamos da realidade que nos tocou vivir e como os xestores da única asociación de estudos galegos no mundo, unha realidade negativa tanto económica como política”, contextualizou.

E engadiu: “Quede notado, entón, que non tivemos outro remedio, dadas esas circunstancias tan prexudicais para a lingua, cultura e realidade galegas que son o obxecto e enfoque da nosa disciplina tan multifacética, ca o de declarar publicamente o noso malestar coas políticas lingüísticas e culturais do goberno actual”.

Patterson, que é académico correspondente da Real Academia Galega, salientou o profundo compromiso da AIEG con Galiza que “tamén serviu para xerar máis conciencia arredor da nosa organización”.

“No tocantes a nosa relación coa Xunta de Galicia, mandamos varias solicitudes pedíndolle apoio económico ao congreso, e convidamos ao presidente, Alberto Núñez Feijoo, e ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, a asistir a ese acto en Cardiff. Se chegaron a responder, lamentaron non poder asistir”, relatou.

Aínda que a AIEG mantivo varias reunións nas que sempre atopou moi boa predisposición, “lamentablemente para a entidade, estas xuntanzas non se materializaron en apoio económico nin de outro tipo”, sinalou Patterson.

Congreso

O X Congreso da AIEG desenvolveuse entre o 12 e o 14 de setembro e contou con 150 asistentes chegados de Galicia e España ademais de 11 países e 4 continentes distintos: Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Polonia, Portugal e Estados Unidos.

“Quixera sobrancear a gran variedade de enfoques, perspectivas e disciplinas que se poden ver con botar unha ollada polo programa e que reflicten o estado dinámico dos estudos galegos”, compartiu.

Ademais, e por vez primeira, o Congreso acolleu a celebración dun Obradoiro sobre Estudos Rosalianos, que coordinou a escritora e teórica da literatura María do Cebreiro e que contou coa participación das máis importantes expertas e expertos na obra da autora de Padrón.

Durante a celebración da Asamblea Xeral saíu elixida tamén a nova xunta directiva da AIEG para o período 2012-2015, encabezada pola xornalista e profesora da Universidade de Bos Aires, Débora Campos. O XI Congreso da AIEG celebrarase en Bos Aires en 2015, ano no que se cumprirán 30 anos de AIEG.

http://www.cronica3.com/2012/10/a-asoci ... culturais/
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos-AIEG

Mensaxe por serba » 27 Set 2013, 15:43

O Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos terá lugar en Bos Aires en abril de 2015

A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) celebrará a XI edición do seu congreso en Bos Aires os días 6, 7 e 8 de abril de 2015.
http://www.sermosgaliza.com/articulo/cu ... 19429.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Mensaxe por serba » 28 Feb 2014, 19:08

A Asociación Internacional de Estudos Galegos convoca o XI Congreso. Os galicianistas reuniranse desta volta en Bos Aires, entre o 4 e 6 de abril, baixo o título: "Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identitades na fronteira, emigración e exilio”. O prazo para presentar propostas de relatorios ou de paneis remata o vindeiro 24 de xullo.
http://culturagalega.org/noticia.php?id=23925
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos-AIEG

Mensaxe por serba » 04 Set 2014, 09:13

A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) celebrará a undécima edición do seu Congreso o vindeiro ano en Bos Aires, baixo o título de “Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio”. Así, do 6 ao 8 de maio, na Universidad Nacional San Martín, investigadoras e investigadores chegados de distintos países afondarán nas relacións interculturais e as dinámicas de cambio social asociadas a elas, "unha constante na historia de todas as culturas" mais cun ritmo e incidencia incrementados nos últimos anos "polo proceso globalizador". [...]
http://praza.gal/cultura/7649/bos-aires ... os-galegos
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos-AIEG

Mensaxe por serba » 16 Mar 2015, 17:56

Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos-AIEG

Mensaxe por serba » 01 Abr 2015, 18:23

Carme Vidal

Débora Campos: "Hai académicos traballando sobre temas galegos por todo o planeta"

Presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos, a xornalista e investigadora Débora Campos explícanos desde Bos Aires a dimensión e o alcance do XI Congreso Internacional de Estudos Galegos que se desenvolverá na capital arxentina do 6 ao 8 de abril.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cu ... 36117.html
O sábado 4 de abril, ás 17:00 horas, na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (Rúa Chacabuco, 955, 1º andar) de Bos Aires, Francisco X. Fernández Naval ofrece a charla, acompañada de imaxes, moitas delas inéditas, sobre O soño galego de Julio Cortázar. Esta actividade será complementaria ao XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

http://axendaaelg.blogaliza.org/2015/04 ... ndez-naval
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

XI Congreso da Asociación de Estudos Galegos

Mensaxe por serba » 06 Abr 2015, 09:29

A contribución do Consello da Cultura Galega no programa desta undécima edición concéntrase na sesión do luns 6 de abril coa organización de dous ciclos. O primeiro deles terá lugar pola maña, no Teatro Castelao, coordinado por Víctor Freixanes e titulada “Buenos Aires, capital da cultura galega”. Silvia Dolinko, do Conicet-UBA-IDAES/UNSAM; Norberto Pablo Cirio, do Instituto Nacional de Musicología "Carlos Vega”, e Luis Cortese, do Instituto Histórico de Buenos Aires, ofrecerán diferentes puntos de vista sobre o papel que a cidade porteña desenvolveu na cultura galega no pasado e no presente.

Xa pola tarde, o auditorio do Instituto Galego-Arxentino Santiago Apóstol acollerá o outro ciclo programado. Baixo o título de “Asociacionismo étnico e identidade”, Marcelino X. Fernandez Santiago coordina unha mesa en que participan os arxentinos Alejandro Fernández da Universidad Nacional de Luján e María Liliana Da Orden, da Universidad de Mar del Plata, e o uruguaio Carlos Zubillaga, da Universidad de la República. Esta cita está encamiñada a analizar o papel e as formas das sociedades que a colectividade galega desenvolveu na emigración e que perdura ata hoxe. A mesa prende destacar o importante rol desenvolvido por esas entidades en dúas direccións: dunha banda, para perpetuar a identidade galega e, da outra, para garantir a existencia dunha cultura propia diferenciada dos países de acollida.

http://consellodacultura.gal/noticia/4091
Mariana Ruiz, Buenos Aires

La presidenta del Parlamento gallego inauguró el XI Congreso de la Asociación Internacional de Estudos Galegos

http://www.cronicasdelaemigracion.com/a ... 65300.html
7-4-2015:
Luis Montero | Santiago

Galicianistas de todo o mundo acoden estes días a Bos Aires

O secretario xeral de Política Lingüística participa no XI Congreso Internacional da Asociación de Estudos Galegos

http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... cia-925068
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

XI Congreso da AIEG celebrado en Bos Aires

Mensaxe por serba » 11 Abr 2015, 17:40

A Academia participou no XI Congreso da AIEG celebrado en Bos Aires

A Asociación Internacional de Estudos Galegos analizou no seu XI Congreso o estado actual da nosa cultura e, nomeadamente, aspectos relacionados co legado cultural da emigración galega na Arxentina.

Xurdida na década dos 80 nos Estados Unidos co fin de promover os estudos galegos a nivel internacional e o intercambio entre as diversas disciplinas que se ocupan da realidade galega, a AIEG centrou o seu XI Congreso, celebrado os días 6, 7 e 8 do presente mes en Bos Aires, na análise da situación actual da lingua e a cultura galegas, así como no estudo do herdo cultural producido pola comunidade galega establecida en Bos Aires.

O XI Congreso da AIEG -presidido pola profesora e membro correspondente da Academia, Débora Campos- contou coa colaboración da Academia e coa participación, ademais, de tres dos seus membros: o secretario, Henrique Monteagudo, quen revisou na súa intervención a relación entre emigración, lingua e sociedade en Galicia; a tesoureira, Rosario Álvarez, que moderou unha mesa de debate baixo o rótulo de "Variación, hibridación e representacións da lingua" e o escritor e membro de número Víctor Freixanes, coordinador dun ciclo de diálogos titulado "Buenos Aires, capital da cultura galega".

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D3
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Zürich e Tokio terán centros de estudos galegos

Mensaxe por serba » 04 Xul 2016, 15:29

Galicia Confidencial | Santiago

Zürich e Tokio terán centros de estudos galegos


A Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta amplíase a 37 centros de ensino e aprendizaxe da lingua, literatura e cultura galegas noutras tantas universidades do mundo.

Alumnos de Europa, América e Asia participan no curso ‘Galego sen fronteiras’

Actualmente, hai centros de estudos galegos en Alemaña, Brasil, Croacia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia e Suíza.

http://www.galiciaconfidencial.com/noti ... os-galegos
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Hoxe xa hai unha tradición de estudos galegos fóra de Galicia"

Mensaxe por serba » 19 Xul 2016, 11:44

Sete década despois da súa "prehistoria", nos anos 40 do século pasado, "hoxe xa existe unha tradición de estudos galegos" nos Estados Unidos e noutros países de América e Europa. Salientouno esta mañá o profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee Gabriel Rei Doval na conferencia que lles ofreceu ao alumnos e alumnas da XXIX edición dos Cursos de lingua e cultura galegas, a quen animou a contribuír a consolidación da abordaxe académica da cultura de Galicia desde distintas partes do mundo.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18172
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Mensaxe por serba » 11 Set 2018, 16:28

A RAG aborda no congreso da AIEG as ferramentas TIC para preservar a toponimia

https://academia.gal/inicio/-/asset_pub ... _count%3D4
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar