Agustín Fernández Paz, premio Ramón Piñeiro-Facer País

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16237
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Agustín Fernández Paz, premio Ramón Piñeiro-Facer País

Mensaxe por serba » 15 Set 2012, 11:52

Agustín Fernández Paz foi galardoado co premio Ramón Piñeiro-Facer País que dende o 2002 organiza a Asociación Cultural Val de Láncara para recoñecer o labor dunha persoa ou entidade a prol do desenvolvemento de Galicia. O escritor recollerá o premio en Láncara nos días finais do vindeiro mes de outubro.

O xurado, integrado por representantes de catorce asociacións de Láncara, Sarria, A Pobra de San Xiao e O Corgo e que considerou un total de 45 candidaturas, salientou o feito de que a súa obra “en tempos de globalización permite a incorporación das novas xeracións ao coñecemento dos valores propios da cultura e a lingua galegas”. Ademais fixo fincapé na súa "innovadora e longa obra narrativa, traducida e recoñecida do premiado e o seu traballo a prol da renovación pedagóxica” o seu “decidido compromiso con Galicia e a lingua galega”. Subliñaron asemade “a súa peripecia vital e profesional no ámbito educativo e a sinxeleza do seu carácter, sempre alleo a xestos e actitudes personalistas e de autocompracenza".

O xurado salientou o feito de que a súa obra “en tempos de globalización permite a incorporación das novas xeracións ao coñecemento dos valores propios da cultura e a lingua galegas”

O fallo deuse a coñecer no curso dunha rolda de prensa celebrada hoxe no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Nas dez anteriores edicións o premio foi outorgado a:

Isaac Díaz Pardo

Luís Tosar

Milladoiro

Xosé Manuel Beiras

Xosé Neira Vilas

A Nosa Terra

Avelino Pousa Antelo

Luz Pozo Garza

Real Academia Galega

Mini e Mero.


http://praza.com/cultura/1997/agustin-f ... acer-pais/
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16237
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Zigzag repasa as últimas publicacións do escritor Agustín Fernández Paz

Mensaxe por serba » 03 Xuñ 2015, 11:55

Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16237
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

† Agustín Fernández Paz

Mensaxe por serba » 12 Xul 2016, 14:35

El escritor lucense Agustín Fernández Paz, uno de los más reconocidos de la literatura gallega contemporánea, ha fallecido este martes en su domicilio de Vigo a los 69 años, según han confirmado desde la editorial Xerais.

http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... ia-1007633
Q.E.P.D.
http://axendaaelg.blogaliza.org/files/2016/07/NIK6616.jpg
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16237
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A primeira homenaxe a Fernández Paz, no norte

Mensaxe por serba » 04 Feb 2017, 16:26

Os seus achegados en Ferrolterra, Eume e Ortegal organízanlle ao escritor chairego a súa primeira homenaxe logo do seu pasamento o pasado xullo. Será o vindeiro 17 de febreiro no Auditorio de Ferrol.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cu ... 54595.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16237
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ferrol: Gala homenaxe a Agustín Fernández Paz. Ferrolterra, Eume e Ortegal

Mensaxe por serba » 16 Feb 2017, 16:20

Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar

Quen está en liña

Usuarios navegando por este Foro: Ningún usuario rexistrado y 1 invitado