Otero Pedrayo no regreso do ciclo “Galicia, Ceo das Letras”
Publicado: 24 Sep 2012, 15:29
"Cultura e Educación réndelle tributo a Otero Pedrayo no regreso do ciclo “Galicia, Ceo das Letras” á Cidade da Cultura"
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012.- Galicia, Ceo das letras, o ciclo co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende renderlle unha homenaxe a grandes autores clásicos da literatura, regresa á programación da Cidade da Cultura cunha homenaxe ao gran patriarca das letras galegas: Otero Pedrayo. Un relatorio a cargo de Ramón Villares e unha peza teatral darán corpo a este novo “sábado de autor”. Esta cita tamén contará coa presenza do escritor, editor e presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Freixanes; ademais dunha sesión paralela para os máis pequenos.
Figura central do galeguismo cultural e político, posuidor dunha cultura enciclopédica e fondo coñecedor da sociedade rural galega da época, Otero Pedrayo será protagonista na Cidade da Cultura a través das palabras dun dos maiores coñecedores da súa vida e obra: Ramón Villares. Ensaísta e Catedrático de Historia Contemporánea, Villares foi reitor da USC e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea, exercendo na actualidade o cargo de presidente do Consello da Cultura Galega.
Casa Hamlet en escena
Otero Pedrayo. Notario de todas as cousas contará tamén coa posta en escena dunha pequena peza teatral a cargo da compañía Casa Hamlet, que regresa o ciclo Galicia, Ceo das Letras coa obra Fidalgo. Trátase dunha peza duns corenta minutos baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo, interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.
Actividades para pequenos lectores
Galicia, Ceo das Letras conta este ano cunha sesión paralela na que os máis pequenos se introducen no mundo de cada un dos autores dunha forma lúdica e entretida. Da man de Marta Ríos e María Lado, rapaces de 6 a 11 anos resolverán pequenos misterios sobre a vida e obra de Otero Pedrayo a través de xogos, actividades colectivas e pequenas lecturas, contando sempre coa axuda dun elenco de personaxes que os guiarán na súa investigación como se fose a procura dun tesouro. A actividade desenvólvese nun percorrido que transcorre pola Biblioteca da Cidade da Cultura, onde os nenos van atopando diversas actividades lúdicas que os achegarán ao escritor e á súa obra, ao tempo que pintarán a Otero Pedrayo, escoitarán música, disfrazaranse e moitas actividades máis.
Prazo de inscrición
Todo aquel que queira participar nesta nova sesión de Galicia, Ceo das Letras, tanto na versión de adulto como na de infantil, poderá inscribirse en http://www.cidadedacultura.org totalmente de balde a partir de mañá luns.
Programación ata final de ano
Coa sesión dedicada a Otero Pedrayo, o ciclo Galicia, Ceo das Letras pon en marcha a programación tras o descanso estival. O 17 de novembro, a Cidade da Cultura renderalle homenaxe a Federico García Lorca nun “sábado de autor” que contará coa presenza dun dos grandes coñecedores da súa obra: o poeta, ensaísta, literario e catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada, Luis García Montero. Os músicos Ugia Pedreira e Marcos Teira, integrantes do grupo Marful, serán os encargados de pechar a xornada coa súa interpretación de ‘Seis poemas inéditos de Lorca’.
Galicia, Ceo das Letras 2012 baixará o pano o 15 de decembro cunha sesión dedicada a un dos máximos referentes da literatura galega: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O relatorio sobre a súa figura correrá a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente segundo da Fundación Castelao, ao que seguirá un espectáculo de monicreques e sombras realizado por Títeres Cachirulo baixo o título ‘Cousas da vida’. A derradeira sesión concluirá coa intervención de Xurxo Souto, escritor, xornalista e músico bravú, que recitará o célebre discurso de Castelao Alba de Gloria.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ia-ceo-das