Nebra volveu revivir a traxedia dos seus mártires
Publicado: 13 Oct 2012, 16:38
Hai 96 anos, a parroquia sonense foi escenario da morte de cinco veciños que se rebelaron contra a inxustiza
Marta Gómez
Noia / La Voz, 13 de octubre de 2012
Os acordes do himno do antigo reino de Galicia foron a banda sonora dunha nova homenaxe aos mártires de Nebra, uns veciños que perderon a vida o 12 de outubro de 1916 loitando contra a inxustiza e cuxo recordo continúa moi presente no municipio sonense. Como cada ano desde o 2001, o BNG organizou un acto co que se pretende manter vivo ese sacrificio como parte da historia de Barbanza.
A ponte de Cans foi o escenario dunha traxedia que hoxe se recorda nunha sinxela placa conmemorativa coa que facer memoria «e tratar de que algo así non se produza nunca máis», sinalou o responsable local do BNG en Porto do Son, Santiago Suárez. Lembrar o acontecido aquel 12 de outubro para que sirva de exemplo no presente e no futuro é, precisamente, o obxecto do acto celebrado onte pola tarde coa asistencia de preto de medio cento de veciños que tampouco esquecen a esas persoas que se rebelaron contra o pago dun tributo que consideraron inxusto e abusivo.
Resistir e vencer
No acto, que consistiu nunha pequena ofrenda floral, tamén participou Suso Seixo, secretario xeral da CIG, que reivindicou a necesidade de tomar nota do que aconteceu en Nebra hai 96 anos: «Nestes tempos que estamos sufrindo hai que seguir resistindo, hai que resistir e vencer, como fixeron estes veciños que, aínda que morreron, lograron mellorar as condicións de vida e traballo».
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ba ... 3C8991.htm