Página 1 de 1

Antón Chao Maciñeira

Publicado: 23 Nov 2012, 20:03
por serba
Antón naceu en 1899 e faleceu na Coruña cando non tiña máis que dezaoito anos de idade. Foi o máis novo dos fillos do matrimonio ortegano formado por Juan Chao Fernández (propietario en Cuba da fábrica de tabacos “La Capitana”) e Carme Maciñeira Bouzamayor, e irmán pequecho de Micaela, Carme, Juan e Tereixa.

Durante a súa breve vida, tivo tempo de abrazar con igual intensidade a afección polo teatro, o cultivo da lira poética, o gosto polo xornalismo e a militancia política nas Irmandades, promovidas polos seus cuñados viveireses Antón e Ramón Villar Ponte. [...]
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/12190.html