Página 1 de 1

Lethes, Cadernos Culturais do Limia

Publicado: 14 Dic 2012, 14:11
por serba
O sábado 15 de decembro, ás 17:30 horas, na Casa do Concello de Vilar de Santos, terá lugar a presentación do número 11 da revista Lethes e a entrega dos premios do Concurso Escolar de Creación Literaria e Plástica dedicado a Carlos Casares no décimo aniversario do seu falecemento. Como mestres de cerimonia actuarán Manolo Seoane, Delfín Caseiro e Henrique Monteagudo. O acto está organizado conxuntamente polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares. Agradecemos a Rafael Laso o envío da información.
http://axendaaelg.blogaliza.org/2012/12 ... s-casares/

-Cadernos Culturais do Limia-

Revista Lethes, nº 11. Presentación en Vilar de Santos

Publicado: 16 Dic 2012, 18:43
por serba
[...] Na mesa falaron o presidente do Centro de Cultura Popular, Manuel Seoane, o profesor e escritor Delfín Caseiro e o académico e profesor Henrique Monteagudo. Ao longo de 237 páxinas vanse sucedendo os artigos de investigación entre os que hai un sobre a recuperación dos miliarios do padrón e posta en valor da Vía Nova entre Congostro e A Saínza, de David Pérez e Celso Hugo Barba; outro con datos do Catastro do Marqués da Ensenada na parroquia de Santo Estevo de Sandiás no 1752, de Xavier Feijoo Edelmiro Martínez descubre a Celso Romero Pérez, «un dos nosos exiliados». Rafael Laso asina outro texto sobre a presenza de Xinzo no diario La Vanguardia, entre os anos 1881 a 1994. Breogán Nieto presenta un traballo sobre o reduto defensivo de Penafroufe, do século XVII na raia de Bangueses. Este número 11 da cabida tamén a temas de natureza, como o estudio sobre o regreso da aguia real ao parque do Xurés, do que fala Silveiro Cerredelo, ou o achegamento á entomofauna limiá, de Xosé Lois e Carlos Rey. [...]
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ou ... C12994.htm

Lethes, Cadernos Culturais do Limia

Publicado: 26 Oct 2019, 18:15
por serba
Presentouse o nº 14 da revista Lethes

http://www.dendealimia.com/articulo/vil ... 18127.html

A Deputación respaldará a revista Lethes da Limia

Publicado: 20 May 2020, 18:52
por serba
Tamén se abordará a dixitalización biográfica da Biblioteca de Vilar de Santos

https://www.laregion.es/articulo/a-limi ... 46914.html