Hai un Barreiros por descubrir

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19483
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Hai un Barreiros por descubrir

Mensaje por serba »

O municipio barreirense é moito máis que a beleza das súas praias. Un grupo de veciños loita por difundir e preservar, baixo os parámetros do turismo sostible, a riqueza que agocha o interior da localidade e máis concretamente, a do máxico entorno da ermida de Santo Estevo do Ermo, que data do ano 775.

«No documento máis antigo que se coñece de España e que se conserva na Colección Documental do Arquivo Eclesiástico da Catedral de León, figura que o rei Silo doou no ano 775 estes e outros terreos ó abade Esperanta ou Esperautano para que construira un mosteiro entre o ríos Eo e Masma. Ademáis, no Tumbo de Lourenzá aparece outro texto do ano 928 no que se fai mención expresa ó lugar como propiedade do devandito monxe», sinala o hostaleiro local Xesús Seivane, que se preocupou persoalmente, xunto co finado mestre Luis Braña, de viaxar á capital castelá para documentarse.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/219 ... -descubrir
Poblada soledad es hoy el mundo.

Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 297
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Re: Hai un Barreiros por descubrir

Mensaje por Fernando Dopico B. »

* Bo día e Bo Nadal a todos.
* Sen embargo e sen óbice do anterior, tamén hai que dicir que a autencidade do famoso diploma do rei Silo está en entredito dende fai moito ... Entre outros varios, dous artigos moi recomendables para ler sobre o particular.
- "Aportaciones del análisis lingüístico a la datación del diploma del Rey Silo y a la determinación de su procedencia"; de Alfonso García Leal (2004) http://dspace.uah.es/dspace/bitstream/h ... sequence=1
- "¿Un documento del Rey Silo o una falsificación renacentista?"; de Lorenzo Martínez Ángel (2004) http://dialnet.unirioja.es/servlet/arti ... go=2721743

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19483
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Santo Estevo do Ermo revela su historia

Mensaje por serba »

José María Rodríguez
Santo Estevo do Ermo revela su historia
Se sabe por los antiguos documentos que se refieren a la primitiva capilla, del siglo IX, que estaba situada más arriba de la actual, junto a una gran peña, asentada en un suelo de roca muy desnivelado. Era tal el estado de ruina y abandono en que se hallaba que, en el año 1758, el obispo Carlos Antonio Riomol y Quiroga ordenó proceder a su demolición. Ante esta decisión, el Cabildo de la Iglesia Catedral de Mondoñedo, propietario de la capilla y recaudador de la mitad de sus rentas, facultó al cura de esta feligresía, Francisco Javier de Soto, para poder contratar “una nueva Capilla y Santuario mudándolo abaxo de la cuesta en que se halla”. Y, en efecto, el día 29 de agosto del año 1765 se procedió a la contratación ante notario de esta obra a Juan de Fraga y a Francisco de Outeiro, maestros de mampostería, arquitectura y carpintería y vecinos de las feligresías de Cillero de Mariñaos y de Villaronte, respectivamente. Ascendió la contratación a la suma de 2.500 reales, con la condición de poder utilizar todos los materiales de la vieja capilla y demás edificios. Fue así como tuvo lugar la desaparición de las paredes de la vieja capilla y su cementerio, centro religioso en torno al cual se congregaba la pequeña comunidad asentada en el territorio de San Cosme de Barreiros pues “allí recibían los feligreses los oficios divinos y allí se enterraban”. Sus piedras se emplearon en la construcción del nuevo edificio, en una planicie más abajo de la anterior, que sigue congregando hoy a los devotos de Santo Estevo en la romería anual que allí se celebra.
http://www.cronica3.com/2014/07/santo-e ... u-historia
- Enlace: O Santo Estevo do Ermo - Augas Santas (Barreiros, Lugo)
viewtopic.php?f=6&t=7441#p30345
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19483
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Os veciños de Barreiros redescobren un mosteiro perdido

Mensaje por serba »

Por Galicia Confidencial | Barreiros | 29/07/2014
Os veciños de Barreiros redescobren un mosteiro perdido
O patrimonio galego non para de dar sorpresas... Mámoas, castros, petroglifos e, agora, mosteiros e igrexas perdidas. Iso foi o que atoparon varios veciños de Barreiros despois de varios días de duro traballo rozando no monte. A súa sorpresa foi maiúscula cando, debaixo dun gran abrigo rochoso, preto de onde mana a fonte de Augas Santas, volveron localizar a antiga ermida de Sancti Stephani de Aquis Sanctis, é dicir, de Santo Estevo de Augas Santas ou Santo Estevo do Ermo, como se coñece na actualidade.
A roza da maleza permitiu localizar os muros da antiga ermida (século IX) e o que poden ser as casetas onde vivían as ermitás de Santo Estevo. Este espazo estivo abandonado durante séculos e só se conservaba a súa existencia a través da mitoloxía popular. E é que foi 25 de febreiro de 1699 cando se enterrou a Dominga Salgueyra, a derradeira das ermitás que viviron neste lugar, no cemiterio de Santo Estevo. O mencionado cemiterio tamén foi localizado, como o proba a existencia de varias tumbas situadas no talude que deixou a apertura dunha pista feita hai doce anos para sacar madeira.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/20138.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19483
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Hai un Barreiros por descubrir

Mensaje por serba »

Barreiros contará cunha reportaxe sobre as súas rutas na revista Grandes Espacios

http://www.cronica3.com/2020/03/barreir ... -espacios/
Poblada soledad es hoy el mundo.

Responder