Página 1 de 1

Família Ros de Medrano (Ourense)

Publicado: 27 Abr 2003, 08:41
por Yas
Hola, busco información sobre los Ros de Medrano en Orense, familia de D.Diego Ros de Medrano Obispo de Orense. Lo ultimo que tengo es a un sobrino de este D.Diego, Joaquin Ros de Medrano que casa con Antonia Losada, si alguien puede aportar algo mas se lo agradezco.

Un saludo.

Maria Reza

Ros de Medrano

Publicado: 09 May 2003, 16:09
por lumebóo
Ola Yas:

Eu somentes che podo aportar a referencia que fai a enciclopedia Galicia, de Hercules de Edicións, no tomo IV de Historia; onde Xosé Ramón Barreiro di, falando dos personaxes ilustrados:

"Don Manuel Ros de Medrano, natural de Ourense onde naceu en 1757, estudiou Cánones e Leis na Universidade de Santiago. Instalado en Madrid, como avogado dos Reais Consellos, pertenceu como membro á Academia Real de Dereito Público e Español establecida en Santo isidro. Deixou a Corte para ser nomeado fiscal do bispado de Santander, iniciándose entón na vida clerical e abandonando a súa dedicación xurídica civil. En 1802 obtén unha coenxía na catedral de Ourense e é designado profesor do seu seminario. En 1807 é nomeado coengo de Santiago, despois de varias vicisitudes xa que o arcebispo Múzquiz non era moi favorable ó seu nomeamento.

Despois de ter participado como membro da Xunta de Santiago, durante a Guerra da Independencia, foi elixido deputado nas primeiras Cortes españolas, amosándose como fervente absolutista. En premio foi nomeado bispo de Tortosa no ano 1815 onde morreu.

No ano 1786, e estando aínda en Madrid, escrbiu unha obra Origen y progresos y distribución de las rentas eclesiásticas de España, que enviou ó Real Consello para solicitar licencia para a súa publicación, Meijide Pardo historia o proceso. O dictame elaborado pola Academia de Historia era bastante negativo pola "novidade dalgunhas noticias e aseveracións". O informe emitido polo fiscal do Real Consello concluía que o autor debería "rectificala de novo, pois a maioría das citas non se atopan ou non se confrontan". Así mesmo era acusado de "ignorancia de principios moi trivais" e escasa crítica. A realidade é que a obra estudiaba un punto moi conflictivo, xa que baixo a pretensión de xustifica-los dereitos da Igrexa para posuír e administrar bens tiña que demostra-lo dereitos a determinadas percepcións que entraran na lexislación eclesiástica por vía de feito e sen ningunha xustificación. Como era habitual, os historiadores apoloxéticos do "estado eclesiástico" supliran este vicio de orixe con cánones de inventados conciliios ou con interpretacións extensivas dalgúns cánones auténticos.

Por outra banda, Ros de Medrano, que se especializara no estudio histórico-legal das loitosas, e que entendían que a súa percepción por parte da igrexa española era abusiva, detíñase especialmente neste punto que, paradoxalmente, se enfrontaba co ton xeral do libro, excesivamente apoloxético. Pero resulta que unha incorrecta información levaba a Ros a xeneraliza-la situación da loitosa, que só se cobraba en forma abusiva nalgunhas zona de Galicia, co que os que elaboraban os dictames facían nota-la incorrección da súa crítica.

Todo isto paralizou a publicación da obra. O seu autor fixo algunhas rectificacións e volveuna presentar no ano 17889. O dictame que recibiu do vigairo eclesiástico de Madrid foi dunha dureza inusual. Dicíase que o libro era "unha rapsodia que o compilador se propuxo formas das moitas e varias noticias que sobre esta materia están esparexidas por diversos autores", materia que "digo non ser necesaria para cousa ningunha esta obra".

Ante unha nova reclamación do autor, no ano 1792 concédeseslle, por fin,licencia. Sen embargo non foi publicada ata o ano 1828, aparecendo en forma anónima.

Ros de Medrano en 1786 pretendera dedicarlla a Campomanes, recibindo deste a concisa nota de que "non quero máis dedicatorias",, aínda que prometía agradece-la obra "segundo o seu mérito".

Saúdos. Lumebóo

Ros de Medrano

Publicado: 12 May 2003, 08:09
por Yas
Lumebóo te agradezco la información, sabia que Manuel Ros de Medrano habia sido Obispo de Tortosa y con esto lo amplio.
Un saludo.