- Exposición "Los mundos de Gonzalo Torrente Ballester" (BNE):
XXV Premio Torrente Ballester
Publicado: 28 Feb 2013, 14:37
por serba
A Deputación da Coruña convocará en 2013 unha decena de premios culturais e lingüísticos, desde o veterano Torrente Ballester de Narrativa, que cumpre o seu cuarto de século, ata o máis recente Rosalía de Castro, en defensa do idioma galego e que, nesta quinta edición, terá por primeira vez dotación económica.
A Fundación Gonzalo Torrente Ballester afonda na afección do escritor ferrolán pola fotografía a través dunha exposición Exposición ‘GTB fotógrafo. Realidade e ficción’http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... fotografia
Imaxe da casa natal do escritor en Serantes Torrente Ballester A Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago inaugura o próximo martes, día 3 de marzo, unha exposición de fotografías do escritor Gonzalo Torrente Ballester titulada “Outra mirada”. A inauguración celebrarase na sede da fundación, na rúa do Vilar, ás 20.00 horas. A exposición foi elaborada a principios deste ano por dúas comisarias e alumnas en prácticas de Xeografía e Historia e Historia da Arte da USC, Lucía Alcaina e Begoña Álvarez, e coordinada polo xerente da fundación, Miguel Fernández-Cid. Conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago e Universidade de Santiago de Compostela.