Página 1 de 1
O libro sobre o Barroco e Compostela será presentado mañá
Publicado: 04 Feb 2013, 14:43
por serba
Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial, Teófilo Edicións, e en colaboración co Consorcio de Santiago, editou unha publicación que leva por título “Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del Barroco en Compostela”, que será presentada mañá martes as 19.30 no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na Praza de Praterías da capital galega.
Asinado por Simón Vicente López, é o resultado dunha tese doutoral que aborda o brillante pasado compostelán que coñeceu no barroco unha verdadeira idade de ouro. [...]
http://galicia24horas.es/2013/02/o-libr ... tado-mana/
Libro de Simón Vicente López
Publicado: 06 Feb 2013, 08:30
por serba
«No século XVII, o cabido avergonzábase da Catedral»
O autor presenta o libro sobre Vega y Verdugo e Peña de Toro
Simón Vicente López (Santiago, 1977) presentou onte o libro Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del barroco en Compostela
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sa ... C29937.htm
‘Identidades Culturais dun Imperio Barroco’
Publicado: 18 May 2013, 11:05
por serba
Novos investigadores do barroco iberoamericano reúnense a vindeira semana en Santiago
Chegados de toda España e Iberoamérica, abrirán un diálogo entre as diversas disciplinas sobre os estudos do barroco
O I Simposio Internacional de Novos Investigadores do Barroco Iberoamericano
http://jovenesceiba.com terá lugar en
Santiago entre o
27 e o 29 de maio. No encontro, que nesta primeira ocasión se presenta co lema
‘Identidades Culturais dun Imperio Barroco’, participará persoal investigador de toda España e de Iberoamérica nos campos da historia da arte, a literatura, a historia, a música, a filosofía ou a teoloxía coa finalidade de establecer as conexións existentes entre os movementos culturais e artísticos do Barroco Iberoamericano, no só na Idade Moderna senón tamén analizando a continuidade temporal que pervive hoxe.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0089.html
-
I Simposio de Jóvenes Investigadores del Barroco Iberoamericano -
http://iacobus.org/?p=709