A Casa da Felicidade de Santa Cruz
Publicado: 17 Feb 2013, 20:37
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coru ... 93811.htmlNa vivenda que leva o número 1 na rúa Souto da localidade de Santa Cruz residiu durante pouco máis dun ano a muller e os tres fillos do pintor, debuxante e libreiro Francisco Miguel. Gustáballes tanto que lle chamaban A Casa da Felicidade. Pero ás súas portas chamaron en 1936 os franquistas, con axuda de "traidores" da vila, e o artista foi fusilado despois de cortarlle as mans. Syra Alonso relatou o sucedido nuns diarios, que rematou en México, onde residiu ata a súa morte. A biblioteca de Santa Cruz expón a súa historia.