Família Cortés
-
Anonimous
Família Cortés
En Cedeira(parroquia de S.Andrés de Cedeira)(mun.de Redondela,prov.Pontevedra),no ano 1698 casaron D.Gerónimo Sarabia Cortés(´´hijo de D.Gerónimo Sarabia,Recetor de los Reales Consejos de su Magd. e de Dª.María Cortés,vnos.de la Villa de Madrid´´ ) e Dª.Antonia Toucedo y Araújo(filla de D.Mauro Toucedo e de Dsª. Alº.,veciños de S.Martiño de Nespereira)...Esta parella tivo 3 fillas.Dª.María Cortés,Dª.Gerónima Cortés e Dª.Josefa Cortés.As 2 primeiras nadas antes do matrimonio....D.Gerónimo Sarabia Cortés(ou Cortés a secas) tiña ó redor de 24 anos en 1678,cando declara como testigo nunha información de filiación(creo que era unha información de filiación) dos seus parente D.José García de Portillo,señor de Cedeira(fillo de Dª.Leonor Pereira Sarabia,señora de Cedeira, e do seu primeiro marido o capitán D.Lope García de Portillo) e de Dª.Antonia Jacinta Pinto de Negreiros baptizada esta en Sta.Mª.de Vigo no 1656(filla da dita Dª.Leonor e do seu 2º marido o capitán e cabaleiro de Santiago D.Blas Pinto de Negreiros)... Se D.Gerónimo tiña nese ano esa idade nacería en mil seiscentos cincuenta e poucos,iñoro se en Madrid ou en Vigo,e a súa nai posiblemente ó redor de 20 ou 30 anos antes......................Dos anos 1622-23 data o expediente do cabaleiro calatravo D.Juan Cortés de Hermosilla.Nado en Villimar(Burgos) uns 43 años antes.Dicía ser veciño tamén de Villimar.Era fillo de Juan Butista de Hermosilla,da provincia de Burgos e de Dª.Ana Cortés(de Porras),nada en Madrid ó redor do ano 1558...Os avós paternos eran Hernando de Hermosilla,natural de Cogeces de Iscar e Dª.Magdalena de Ugochoni,n.da cidade de Burgos.Os maternos eran D.Martín Cortés,Cabaleiro e trese da Orde de Santiago e a súa muller Dª.Bernardina de Porras.D.Martín,nado en México, era fillo natural do famoso Hernán Cortés e de Malintzin,filla duns caciques meio irmán do outro D.Martín Cortés,2ºMarqués do Val de Oaxaca.Dª.Bernardina era filla do señor de Agoncillo D.Francisco de Porras Ordoriz e da súa muller Dª.María de Balboa...Do que parece ser o testamento de D.Martín Cortés(segundo entendíndo que lin do que parece un testamento de D.Martín feito en Sanlúcar de Barrameda en 1562(e segundo outra escritura Dª.Bernardina era viuva en 1569) parécese desprender que súa única filla(e de Dª.Bernardina) foi a dita Dª.Ana Cortés de Porras,que naceu en Madrid e casou en Burgos e naquela provincia se aveciñou co seu marido con quen tivo alomenos un fillo....Por outra parte,na escritura de 1569 se da por testigo a un tal D.Fernando Cortés,que iñoro quén sería e qué relación ou parentesco tería con Dª.Ana.........................O que non sei é se D.Juan Cortés de Hermosilla Uguchoni y Porras tivo descendencia.Se acaso fose así e si Dª.María Cortés fose descendente súa non habería máis de 2,ou como máximo 3 xeracións.O máis probable sería entón que fose neta...Eu seguirei á procura do enlace.De todas formas,se alguén o atopa antes lle agradecería o expuxese nesta páxina.....Asdo:Breo....



