Família Abraira

Procuras de familiares
Anonimous

Família Abraira

Mensaje por Anonimous »

Gracias pola información aportada... coñecía a relación do apelido coa voz "abelaira", e descoñecía se o apelido contaba con heráldica propia (semella que non)... en canto ós datos aportados por Xavier MIlleiro (gracias de novo), o único ABRAIRA que figura abonado a telefónica da provincia de pontevedra, procede en realidade da provincia de lugo, concretamente do concello de meira, coma min mesmo... seguramente se dé o mesmo fenómeno no caso das provincias de ourense (un abonado) e da coruña (algún abonado máis), debido ós pequenos movementos migratorios cara ós nucleos urbanizados habidos nos últimos anos... o que está claro é que o apelido é integramente galego, xa non por que sone e derive dunha voz en galego, senón tamén porque concéntrase moi claramente na provincia de lugo, nas zonas da Fonsagrada, Baleira, Terra Chá, Lugo e Meira... nesta última zona, consérvanse cando menos tres ramas que manteñen o apelido (eu mesmo nunha delas)... Por outro lado, ademáis do topónimo referido por Xavier, "Abrairas" (tampouco coñezo o apelido en plural), existe tamén no concello de Trabada (de novo en lugo) unha aldea chamada "Abraira"... Seguramente o cantante Pablo Abraira (que eu saiba, non é natural de Lugo) descenda igualmente de vellas familias dás áreas sinaladas, dada a significativa concentración do apelido nunha área moi concreta e reducida do país.

Agradezo, como non, novas informacións, tanto neste foro como no meu correo <a href="mailto:abrairacurcix@mixmail.com" target="_new">abrairacurcix@mixmail.com</a>, en torno ó apelido. gracias de novo.
Responder