Portos de Galicia elabora un inventario do seu patrimonio...
Publicado: 23 Sep 2012, 18:53
"Portos de Galicia elabora un inventario do seu patrimonio histórico material e documental dende principios do século XIX"
O ente público ultima a catalogación e clasificación das pezas para proceder ao seu arquivo e exposición á cidadanía
Santiago, 23 de setembro de 2012.- Portos de Galicia está a proceder á recompilación e recuperación do seu material histórico, físico e documental relativo aos peiraos de titularidade autonómica. O obxectivo deste traballo é elaborar un inventario que recolla ordenadamente o patrimonio portuario que se conserva a día de hoxe.
Actualmente, o ente público está a ultimar a catalogación e clasificación dos documentos, pezas e construccións históricas que se conservaban nas 122 dársenas xestionadas pola Xunta de Galicia no conxunto do litoral autonómico. Entre elas atópanse planos, proxectos e documentación de obras que datan de mediados do século XIX, como os do peirao de Muros (1861); Ribadeo (1875) e principios do XX, como o de Vilanova (1914).
Así mesmo, Portos de Galicia está a recompilar tamén pezas materiais portuarias como lanternas, balizas e demáis material de señalización, que dan mostra da evolución tecnolóxica do material portuario. O obxectivo do ente público e posibilitar o arquivo deste material nas mellores condicións de seguridade e precaución, así como a súa exposición á cidadanía, nas ubicacións e condicións que permitan garantir a súa axeitada conservación.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... documental