Este proxecto nace a proposta de Serba no Foro Varios no debate Archivos de Fotos de Casonas.
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... pic&t=2449
O xerme do proxecto no que a software se refire pódese ollar en http://www.xenealoxia.org/galeria/index.php correndo baixo o software de Fonte Aberta Coppermine http://coppermine.sf.net/ . Trátase basicamente dun xestor de álbums de imaxes en liña.
Hasta agora estamos ollando o seu comportamento así coma a súa viabilidade Milleiro, Serba, Alisanos i eu mesmo. Todo o alí posto é simplemente de proba, para familiarizarse e verlle as tachas, tamén a súa valía por suposto.
- A miña idea que todo o publicado se faga baixo a licenza de Creative Commons License <http://creativecommons.org/licenses/by-nc/2.1/es/> http://creativecommons.org/licenses/by-nc/2.1/es/ . Xa existe algo no foro sobre a mesma.
Se non é así o autor deberá especificalo.
O porqué é para ter todos claro baixo que supostos traballamos, e tamén non verme envolto en complicados litixios sobre copyright, e tamén poder defender cun texto legal hoxe en España o que as imaxes poidan seguir sendo libres, i evitar que por exemplo vaian a parar vía copia a unha web de previo pago.
Fago especial fincapé neste punto porque penso que é moi importante. Tamén o é, o feito de que temos que ter dereito sobre as imaxes que publiquemos, é dicir han ser nosas ou ter permiso explícito por parte do autor autorizándonos a súa publicación.
Temos que organizar primeiramente as categorías. Por exemplo Serba ten inclinación polos pazos. Metémolos todos nunha categoría e logo por comarcas: Pros e Contras.
Temos que facer unha tradución ó galego, canto menos da interface pública xa que a administración non corre tanta presa.
Alisanos ofreceuse para asesorarnos no tema das imaxes. Sen abusar, non estaría de máis un "Publicar unha imaxe en 10 pasos"
Eu persoalmente preferiría que a Galería arrancase con dúas ou tres persoas (Serba, Alisanos,..) que sería os encargados de publicar. Eu teño que ver mellor a Administración do Coppermine para ver as posibilidades que ten nos permisos pois non probei moito.






