O Bico do Santo en Carnota

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Bico do Santo en Carnota

Mensaje por serba »

Cando viaxamos pola estrada AC-550 desde Cee cara Muros, á altura do lugar de Freán, vemos a esquerda os montes de Carnota no que destaca un outeiro de 180 m. de alto e unha cruz branca no seu cumio. Os lugareños coñéceno como “O Bico do Santo” e creo que fai de marco entre as parroquias de San Mamede cara ó norte e Santa Comba cara ó sur. Subir a este monte é como asomarnos a un balcón aberto desde onde podemos ver a panorámica gris do Pedregal do Pindo, o Cabo Fisterra e a longa praia de Carnota dende a Boca do Río, en Caldebarcos, ata a Punta de Lira. Por terra temos un terreo chan con tódalas aldeas do entorno, protexidas polo saínte polos verdes montes de Carnota.

Se retrocedemos na historia, esta atalaia formaba parte dun punto estratéxico para vixiar a entrada de visitantes non desexados pola ría de Corcubión que viñan desvalixar as riquezas dos lugareños. Así, os Viquingos, Normandos ou Turcos usaron como refuxio a Enseada de Quilmas e a do Ézaro para desembarcar e reparar os seus barcos. Según documentos, a mediados do s. X o Bispo Sisnando II de Iria Flavia mandou construír unhas fortalezas para controlar a entrada destes navegantes e, entre outras como a da Ruña, estaba a de “Canetun” (Canedo de Carnota) e “S. Jiurgium” (S. Xurxo), no Pedrullo [...]

http://quepasanacosta.gal/o-bico-do-santo-en-carnota
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder