Yañez de Soto Vaamonde

Investigación de xenealoxías
Respostar
Xalleira
Mozo
Mozo
Mensaxes: 26
Rexistrado: 14 Mar 2015, 18:03

Yañez de Soto Vaamonde

Mensaxe por Xalleira » 25 Mai 2016, 11:17

Bós días

Lanzo a pregunta por se alguén a pode recoller no aire...

Pola colleita de datos que teño, na segunda metade do século XVII, Luís de Soto, nado en torno ao ano 1642 no lugar de Casaldoeiro, na parroquia de Bastavales, concello de Brión, casou con Lorenza Yañez Vaamonde e ambos tiveron por filla a unha Andrea Yañez de Soto Vaamonde...Daquela facían o que lles petaba cos apelidos e así me tolean agora...

Alguén pode aportar algo sobre esa liñaxe Yañez Vaamonde da miña remota antepasada Lorenza?

Por si acaso...

Saudiños

Xalleira
Mozo
Mozo
Mensaxes: 26
Rexistrado: 14 Mar 2015, 18:03

Re: Yañez de Soto Vaamonde

Mensaxe por Xalleira » 17 Dec 2017, 20:43

Revisando o que levo atopado, o lugar clave desta serie xenealoxica parece ser a parroquia de Santa Maria de Viladavil, en Arzua (perdoade a falta de tildes, meu teclado estame dando problemas hoxe).

Un tal don Luis de Soto e a sua dona Lorenza Yañez Vaamonde formaron alí, en Viladavil, vínculo e patronato. Polo visto, Lorenza era filla de Rodrigo Garcia Vaamonde e de unha Francisca Yañez. Miña devanceira Andrea Yañez de Soto Vaamonde foi unha dos fillos de don Luis de Soto e Lorenza.

Co paso do tempo, mesturaronse cos Parragués das Seixas, sucesores no vinculo fundado por Luis e Lorenza.

Xalleira
Mozo
Mozo
Mensaxes: 26
Rexistrado: 14 Mar 2015, 18:03

Re: Yañez de Soto Vaamonde

Mensaxe por Xalleira » 17 Dec 2017, 22:04

Completo: según "Los Colegiales de Fonseca", don Luis de Soto, fillo de Pedro de Soto e María García, era escribano y tamen familiar do Santo Oficio da Inquisición. 😳

Respostar