Casa das Quintáns (Sta. Cruz de Castrelo - Cambados)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
nadir
Editora
Editora
Mensajes: 68
Registrado: 12 Feb 2005, 09:00

Casa das Quintáns (Sta. Cruz de Castrelo - Cambados)

Mensaje por nadir »

Casa de Quintáns-Castrelo

No libro de José A. Vázquez Casais, "Cambados y el Valle de Salnés. La heráldica de sus pazos y casas solariegas", viene reseñada la Casa de Quintáns. Describe a súa heráldica pero para nada a xenealoxía da xente que morou nela.
A continuación expoño a xenealoxía dos que eu coido foron os seus posuidores. De antemán, agradezo calquer dato que a confirme ou non. A xenealoxía está baseada en protocolos notariais revisados no Archivo Histórico de Pontevedra.
A descrición do escudo coincide cos apelidos dos seus moradores, con dúas excepcións: no 2º cuartel o que Vázquez asigna ao apelido Abraldes, eu coido que podería ser Bermúdez, e, o 4º cuartel que asigna ao apelido Oca, non aparece para nada na xenealoxía. Podería corresponder a outro? Eu, non sei nada de heráldica. Descríbeo como "sobre campo de oro, un acebo, de sínople con un lebrel blanco atado a su tronco"

CASA DE QUINTÁNS

Dos primeiros que atopei constancia nesta Casa foron Fernando de Briones Monterroso e Clemente de Torres Monterroso, irmáns.

FERNANDO DE BRIONES MONTERROSO, procurador xeral da vila de Cambados no ano 1619.

CLEMENTE DE TORRES MONTERROSO. Escribán de número de Cambados, lugar onde residirá. Familiar do Sto. Oficio da Inquisición, casou con Francisca González de Saavedra e Quiroga e tiveron por fillos a lo menos a:
• D. Gonzalo que segue a liña.
• D. Juan de Torres de Quiroga e Somoza. Bautizado según testemuña de Alonso Martínez Señoráns, comisario do Sto. Oficio da Inquisición e rector de Cambados, no ano 1599 en Sta. Mariña Dozo . Foi escribán público da audiencia da vila de Cambados entre os anos 1622 e 1633, e, escribán real dende o ano 1634.
• Dª Catalina de Torres Saco Somoza e Quiroga, casada co Doctor D. Juan Bazán e Torres, auditor xeral de Guerra, avogado, Sr. da Casa Bazán en Cambados, fillo de Dª Mª Pérez de Torres e Romero e Pedro Juan Bazán, veciños de Vilanova de Arousa. Residirán en Pontevedra.
Fundaron Clemente e Francisca vínculo e maiorazgo deixando herdeiro ao seu fillo D. Gonzalo.
Faleceu D. Clemente entre os anos 1633 e 1634, sobrevivíndoo a súa dona varios anos.

D. GONZALO DE TORRES QUIROGA. Capitán na vila de Cambados, casou con Dª Francisca Bermúdez de Lobera e Castro tendo por fillos a:
• D. Alonso que segue a liña.
• D. Baltasar.
• Dª Francisca de Torres Bermúdez de Lobera, falecida solteira, doa todos os seus bens á súa sobriña Mª Marta no ano 1699.
• D. Juan.
• Dª María de Torres Bermúdez e Aldao. Testou Dª María a 8 de xullo de 1699 deixando herdeira universal de todos os seus bens á súa sobriña Mª Marta.
• Dª Jacinta de Torres, casada con D. Antonio Benito de Oña, recetor da sal en Cambados.

D. ALONSO DE TORRES BERMÚDEZ CASTRO E LOBERA. Casou con Dª Juana Vázquez Bazán de Torres e Camba, a súa curmá, filla de Dª Isabel Bazán da Casa Bazán en Cambados e D. Diego Vázquez de Camba e Bugarín, veciños de Pontevedra; neta de Dª Catalina de Torre e D. Juan Bazán, tíos de D. Alonso.
Serán D. Alonso e Dª Juana veciños de Quintáns en Sta. Cruz de Castrelos, e ao meu parecer os fundadores do pazo.
Tiveron por fillos a:

• D. Pedro Juan. Crego. Herdeiro do vínculo, cédello ao seu irmán D. Alexo, segundo consta no testamento da súa nai no ano 1705. Por outra banda, no ano 1713 ante García Chantrero sno , D. Pedro Juan de Torres, presbítero, veciño de Castrelos “sucesor no vínculo fundado polo seu pai D. Alonso de Torres como así mesmo a sucesión nos maiorazgos que fundaron D. Baltasar de Torres o seu tío e Dª Francisca Bermúdez de Torres a súa avoa e Clemente de Torres e Francisca González de Saavedra bisavós (…) cede e renuncia no seu irmán D. Alexo de Torres e sucesores os ditos vínculos."
• D. Ignacio Alexo que segue a liña.
• D. Luís de Torres.
• D. Benito de Torres, freire da orde de S. Bieito.
• Frei Alonso de Torres, monxe no mosteiro de Celanova.
• Dª Josepha de Torres.
• Dª Juana Agustina de Torres, falecida no Colexio de Horfas de Santiago. Agregou a súa lexítima paterna ao maiorazgo do seu pai, deixando usufructuaria á súa nai, e, en propiedade ao seu irmán D. Alexo.
• Dª Mª Marta Bermúdez de Torres e Bazán. Con data 9 de abril de 1702 pasou a escritura de dote (14.400 reais) de Dª Marta para casar con D. Francisco de Alva Meleno fillo de D. Juan de Alva e Dª Isabel María dos Ríos veciños de Vigo. Non teño constancia de se se celebrou o casamento.
Casou Dª Marta con D, Joseph García do Corral, veciño e rexedor da vila de Pontevedra. Tiveron por fillos a Dª Mª Josepha García de Torres e Bermúdez quen casou con D. Pedro Miguel Suárez e de segundo casamento con D. Andrés Antonio Fernández de Andrade e Caxide sendo veciños de Santiago; Frei Tomás García monxe no mosteiro de Celanova; Dª Mª Ignacia García casada con D. Jacinto de Losada e Quiroga, avogado da Real Audiencia. Testou Dª Marta na casa da súa filla Dª Mª Josepha no barrio de S. Pedro na cidade de Santiago a 2 de xullo de 1748.
• D. Marco Antonio de Torres Bazán.
• D. Joseph de Torres

Testou D. Alonso de Torres unha primeira vez na súa casa de Quintáns en Santa Cruz de Castrelos o día 5 de Janeiro de 1677. Nel pide ser sepultado “na parroquial igrexa de Sta. Mariña Dozo, na vila de Cambados na capela maior dela na sepultura onde foi soterrado D. Baltasar de Torres meu irmán que é dos excelentísimos condes de Monterrei e de Fonte, meus señores, como os seus criados que foron os meus antepasados e eu o son…; declara igualmente que “ D. Clemente de Torres Monterroso o meu avó e dona Francisca González de Saavedra a súa muller fixeron mellora de tercio e quinto dos seus bens den forma de vinculo, ao que chamaron ao capitán D. Gonzalo de Torres Quiroga o meu pai, ao que para máis aumento e lustre desta familia dona Francisca Bermúdez de Lobera e Castro a miña nai fixo agregación de tercio e quinto dos seus bens chamándome a min para sucesor…” Declara ter por fillos a D. Pedro, D. Alexo Ignacio e Dª María de Torres, menores de 7 anos.
Anos máis tarde redactará outro testamento en Sanxenxo, onde será soterrado, ante o escribán Bernardo Gómez. . O seu falecemento debeu ocorrer ao redor de 1700.
Dª Juana Vázquez Camba y Bazán redacta un primeiro testamento o 11 de abril de 1705. Nel manda ser soterrada na capela mayor de Sta. Mariña Dozo, “por ser el patronazgo dela de lexítimo do señor conde de Monterrei a cuia casa todos los mayores de mi marido fixeron moitos e grandes servicios (…) por tanto a min como a muller de tal, neta e bisneta de criados da Casa de Monterrey débeseme a dita sepultura da que son igualmente tan digna como os meus mayores polos seus servicios e mediante os do meu home durante lexítimo matrimonio conmigo foron especialisimos polos que se logrou o desafecto de diversos naturais do país ata agora áchanse sen premiar de ditos señores condes, desd logo para mayor firmeza e que sexan maís activos para a fin so seu premio únoos a vínculo e incorporo na Casa do dito meu home e no meu fillo e seu o Doctor D. Alonso de Torres, colegial no Santo Alpheo da universidade de Santiago por ¿? De dito señor conde e a presentación súa, para que como inmediato sucesor na Casa de seu pai por cesión que lle fixo o seu irmán D. Pedro Juan de Torres os disfrute (…).
Relata no testamento o pleito con D. Andrés Pillado de Luaces, rector de Sta. Cruz de Castrelos, tanto polos diezmos que segundo o rector eran menos do que debesen como por unha obra que Dª Juana fixo na igrexa parroquial, para facer un nicho, o que conlevou segundo ela relata refacer toda a parede da igrexa; “Como testamentaria do meu home fabriquei un nicho na cara esquerda da igrexa de Castrelo para traer os seus ósos dende a vila de Sanxenxo (…) para fabricar o dito nicho gañei decreto e facultade do Sr. Arcebispo de Santiago, cuio decreto entreguei a dito Crego en presencia de testigos, mando aos meus herdeiros llo pidan e así mesmo non perdan o uso de sepultura no dito nicho(…). O rector en pleito cos da Casa de Quintáns, picou as armas de D. Alonso e Dª Xoana, que estaban esculpidas no nicho e ergueu un altar sobre el “pola súa mala inclinación e desafecto que profesa á Casa do meu home” No momento de facer testamento ten Dª Xoana posta unha querella ante o Real Tribunal, e insta aos seus herdeiros a continualo.
Mellora Dª Xoana ao seu fillo D. Alexo co tercio e quinto de todos os seus bens para que se engadan ao mayorazgo da Casa.
Dª Xoana redactou un segundo testamento no ano 1712, no que se declara estante na parroquia de S. Fiz de Lois; nel non se refire ao pleito anterior, igual que no anterior mellora ao seu fillo D. I. Alexo, e, con respecto ao seu lugar de sepultura sinala para tal efecto a igrexa parroquial do lugar en que falescese.

DON IGNACIO ALEXO DE TORRES BERMUDEZ casou con Dª María Juana Mariño de Lobeira e Soutomaior, filla de D. Juan Mariño de Lobeira e Soutomaior, Sr. da Casa da Pedreira en S. Clemente de Sisán, e Dª Juana Bazán de Torres irmá de Dª Isabel Bazán avoa de D. Alexo. Tiveron por fillos a lo menos a:

• D. Vicente de Torres Mariño de Lobera que segue a liña.
• Dª Manuela de Torres
• Dª Juana Josepha de Torres, falecida sen descendencia.

D. VICENTE DE TORRES BERMUDEZ MARIÑO DE LOBERA. Aparece no Catastro da Ensenada como fidalgo, posuidor entre outros bens dunha casa no lugar de Quintáns, casa alta con cabaleirizas, bodega, lagar, curral e pombal, anexo 100 ferrados de terra.
Maria José
Mozo
Mozo
Mensajes: 39
Registrado: 04 Abr 2008, 17:54
Ubicación: O Salnés

Mensaje por Maria José »

Estes datos pertenecen á investigación que fixen para crear a miña árbore xenealóxica, e esto é todo o que teño referente á casa de Quintáns en Castrelo e os seus moradores, pero hai unhas pequenas variacións respecto do aquí publicado, gustaríame que me corrixiran se non estou no certo ou se hai mais datos para poder ampliar.

FAMILIA TORRES

I) D. PEDRO BRIONES MONTERROSO, f. de D. Fernando Monterroso e s.m. Dª Teresa Alonso Briones, n.p.de Fernando Monterroso e Dª María de Ulloa, b.p. de D. Fernando Conde Monterroso c.c. Dª LEONOR DE TORRES, e foron pais de :
A) D. Clemente de Torres, que segue.
B) D. Fernando ( ou Hernando ) Briones, notario?, según parece dici-la escritura que mais abaixo se comenta.
C) Dª Teresa Ares de Torres, dotada polos seus referidos irmáns para casar con D. Fructuoso Álvarez Gago, escribán da xión. de A Lanzada, en escritura autorizada por Juan de Torres no 15-8-1607.
II) D. CLEMENTE DE TORRES, escribán, v. de Cambados, F.S.O., que na obra do P. Crespo aparece ademais cos apelidos Monterroso Briones, e c.c. Dª FRANCISCA CATALINA GONZÁLEZ DE SAAVEDRA SACO SOMOZA BAZÁN Y VIVERO, f. de D. Gonzalo Saco de Somoza y Quiroga e ¿?. T.p.f.
A) D. Juan de Torres, que segue.
B) Dª Catalina de Torres Saco Somoza, q.c.c. D. Juan Bazán Torres, f. de D. Pedro Juan Bazán Heredia e Dª María Pérez de Torres, n.m. de D. Juan Fernández de Torres, sr. da Torre de Cores, e s.m. Dª Sancha González Bens de Rivera. T.p.f.
1) Dr. D. Pedro de Bazán y Torres, avogado e párroco de Cambados.
2) D. Benito de Bazán y Torres, párroco de Tremoedo.
3) D. Mauro Bazán y Torres, que segue a liña dos Bazán da Casa da Calzada, en Cambados.
4) Dª Juana Bazán y Torres, c.c. D. Juan Mariño de Lobeira, f. de D. Juan Mariño de Lobeira y Aldao e Dª Isabel de Quiroga, q.s.a.l. da Casa da Pedreira en Sisán.
5) Dª Isabel Bazán y Torres, q.c.c. D. Diego Vázquez de Camba, f. de D. Andrés Vázquez Bugarín e s.m. Dª Inés González, n.p. de D. Pedro Vázquez López de Camba, F.S.O. e escribán de Pontevedra, e Dª Toribia Bugarín. T.p.f.
(a) D. Diego Vázquez de Camba, c.c. Dª Antonia Ventura Barba Figueroa, q.s.a.l. da Casa de Pompeán.
(b) Dª Inés de Camba, c.c. D. Antonio Abraldes Monteser. Unha sra. De poder pertencente ó protocolo de Jacinto Varela y Andrade, datada no 30-12-1724, permítenos coñecer que do matrimonio houbo polo menos unha filla:
(a) Dª Catalina Antonia Abraldes Bazán c.c. D. Juan Ignacio de Abaizábal, v. de Lourizán.
(c) Dª Juana de Camba, ou Vázquez Bazán de Torres, q.c.c. D. Alonso de Torres (v. IV)
6) Dª María Bazán, foi f.n. de D. Juan Bazán; c.c. D. Blas Mosquera Señoráns, vvo. de Dª Catalina de Miranda ( ou Mariño de Lobera ). Dª María fº en Paradela no 12-5-1701, e pouco despois, os irmáns naturais de Dª María, representados por D. Benito de Torres Bazán, cura de Tremoedo, cedéronlle ó vvo.os bens dotais, en escritura da que deu fe Antonio Martínez Señoráns na data de 2-7-1701. Consonte a sra. de poder outorgada ante Jacinto Varela y Andrade no 15-1-1727, por D. Andrés Antonio Taboada Valenzuela, f. de D. Francisco Mosquera de Miranda e Dª Andrea Taboada Valenzuela, e neto de D. Blas, éste era fillo de Dª Antonia Mosquera c.c. D. Francisco Mouriño Señoráns, sucesora no vínculo fundado polo comisario D. Alonso Martínez Señoráns perante o sno. de Caldas Martín Alonso Carballo.
III) CAP. D. JUAN DE TORRES, c.c. Dª FRANCISCA BERMÚDEZ DE LA MAZA, ( ou LOBEIRA Y CASTRO) f. de D. Alonso Bermúdez e Dª Sancha de la Maza, consonte unha escritura de partillas de 25-5-1631 a fe do escribán Clemente de Torres. T.p.f.
A) D. Alonso de Torres y Lobeira, q.s.a.l. e o testamento do cal permite coñece-los outros fillos do matrimonio, que foron:
B) D. Baltasar de Torres, e
C) Juan de Torres, xa falecidos na data do testamento.
D) Dª Jacinta de Torres, c.c. D. Antonio Benito de Oña, receptor do sal.
E) Dª María de Torres.
F) Dª Francisca de Torres, de quen coidamos pode sela partida de defunción datada no 8-5-1715, con enterro no seguinte día, pois indica que tiña uns 70 anos.
G) Dª Antonia de Torres, c.c. D. Pedro Fernández?, a cal é excluída da sucesión testamentaria, sen indicar motivo.
IV) D. ALONSO DE TORRES Y LOBEIRA, n. de Cambados fra. de Fontecarmoa e v. de Santa Cruz de Castrelo, c.c. a sua prima Dª JUANA VÁZQUEZ BAZÁN DE TORRES (v. II-5-b), da que figuran os seus antecesores no epígrafe II-B desta xenealoxía, e que fº en Cambados no 16-6-1723 con testamento perante Ignacio Mouriño da Silva. D. Alonso fixo un primeiro testamento no 25-1-1677 perante Alberto Rodríguez, e un segundo a fé de Bernardo Gómez, sen protocolo no AHP, declarando naquel se-los seus fillos,todos eles menores de sete anos.
A) D. Pedro Juan de Torres, primeiro deste nome, bº en Castrelo no 10-8-1671. Debeu falecer axiña pois repítese o nome cun seu irmán.
B) Dª Catalina Benita Manuela de Torres, bª en Castrelo no 3-11-1672. Non figura no primeiro testamento paterno.
C) D. Pedro Juan de Torres, segundo deste nome, bº en Castrelo no 28-1-1674 ( apadriñado por D. Juan Caamaño), que moi ben poidera se-lo presbítero que no 19-9-1712 asina as velacións de D. Ignacio Alejos, no libro de casamentos de Santa Cruz de Castrelo.
D) D. Ignacio Alejos de Torres, bº en Castrelo a 20-7-1676, sendo padriños D. Diego Vázquez, v. de Pontevedra, e Dª Inés Vázquez Bazán, v. de Cambados.
E) D. Alejos de Torres, bº en Castrelo no 26-8-1677, sendo padriños D. Diego Vázquez e Dª Inés María (sic.), v. de Cambados.
F) D. Mario (ou Marco) Antonio de Torres, bº en Castrelo no 20-3-1679.
G) Dª Josefa Bernarda de Torres, bª no 25-10-1683 en Castrelo, tendo como padriños a D. Martín Fariña e Dª Antonia de Torres, v. de S. Adrián de Vilariño. Foi educanda no colexio de Orfas de Santiago de Compostela, onde falecera a sua irmá Dª Juana Agustina. Nunha escritura de 20-2-1721, esta Dª Josefa Bernarda, c.c. D. Pedro de Soto Quiroga y Somoza, v. de Campañó, comparece coa sua irmá Dª María Marta perante o federatario Jacinto Varela y Andrade, para outorgaren a escritura de partillas dos bens doados pola sua tía Dª Francisca de Torres Bermúdez y Lobeira, en instrumento autorizado por Sebastián Chantrero, e ratificado no testamento da doante, feito en 1714 ante o propio Varela y Andrade.
H) D. Alonso Juan de Torres, bº en Castrelo no 15-2-1685 tendo por padriños a D. Francisco de Oña e Dª Jacinta de Torres. Debeu de falecer axiña porque o nome repítese no seguinte irmán, bautizado cos mesmos padriños.
I) D. Alonso Juan de Torres, bº en Castrelo no 20-3-1686, actuando de padriños D. Francisco de Oña e Dª Jacinta de Torres Bermúdez, v. de Cambados. Profesou na OSB según indica o testamento materno que o nomea como Fr. Alonso de Torres.
L) Bartolomé Bernardo de Torres, bº no 31-8-1687 en Castrelo, apadriñado por D. Francisco Romero y Puga v. de Nantes. Non figura mencionado no testamento materno.
M) D. José Benito de Torres, bº en Castrelo no 3-5-1689, tendo como padriños a D. Martín Troncoso, abade? de Leiro, e Dª Inés María Vázquez Bazán.
N) D. Benito de Torres, bº no 24-2-1691 en Castrelo. Foi padriño D. Benito de Mondragón, cura de Stª María de Beluso. Coidamos que é o Fr. Benito de Torres, profeso na OSB que se menciona no testamento materno.
Ñ) Dª Juana Agustina de Torres, que non aparece nos bautizados de Castrelo, o mesmo que os irmáns indicados mais abaixo. Foi tamén educanda nas Orfas.
O) D. Luis de Torres.
P) Dª Marta de Torres, que no testamento materno, outorgado no 18-12-1712 perante Jacinto Varela Andrade, figura co nome de María Marta, confirmándose a hipótese da ordeación de D. Pedro Juan pola indicación da testadora de ter outorgado unha escritura de patrimonio ó seu favor. Dª María Marta c.m. en Castrelo o 24-3-1704 c. D. José García del Corral, n. de Sobradelo, rexedor de Pontevedra, vvo. de Dª María Antonia González de Esperón e Dª María Jacinta da Silva, e f. de D. Pedro García e Dª Juana González do Campo, oriundos de Gomariz. D. Pedro e maila sua muller foron v. de Campañó, e polo testamento de Dª María Marta, outorgado ante o escribán Jacinto Varela Andrade na data 2-7-1748, sabemos que t.p.f.
1) Dª María Josefa García de Torres, q.c.c. D. Pedro Miguel Suárez, en primeiras nupcias, e con D. Andrés Antonio Fernández de Andrade y Caxide, en segundas.
2) Dª María Ignacia García de Torres, c.c. Ldo. Jacinto de Losada y Quiroga.
3) Fr. Tomás García, monxe profeso na OSB no mosteiro de Celanova.
V) D. IGNACIO ALEJOS DE TORRES, colexial de Fonseca, donde ingresara o 28-9-1697; c.m. o 24-8-1712 en Santa Cruz de Castrelo con Dª MARÍA JUANA MARIÑO DE LOBEIRA, n. de Sisán, f. de D. Juan Mariño de Lobeira u Sotomayor e Dª Juana Bazán de Torres , n.p. de D. Juan Mariño de Lobeira y Aldao e s.m. Dª Isabel de Quiroga ( v. II-B-4). D. Ignacio Alejos fº no mes de xuño de 1729, sen facer testamento, e no libro de bautizados de Castrelo aparecen como fillos do matrimonio:
A) D. Juan Vicente de Torres, que segue.
B) Dª Juana Josefa de Torres, nª o 25-6-1716 e bª en Castrelo no 2-7-1716. Foron padriños da neófita D. Pedro de Santos de Torres, solteiro, f. de D. Gerónimo de Santos, v. de Noia, e Dª María Teresa de Andrade, tamén solteira, f. de D. Francisco de Andrade, v. de Pontevedra.
C) Dª María Ignacia de Torres, nª no 30-7-1718 e bª no 8 de agosto seguinte na pqª de Castrelo. Foi padriño da ceremonia D. Antonio Bugarín, v. de S. Lourenzo de Nogueira.
D) Dª Manuela Isabel de Torres, nª no 26-4-1721 e bª en Castrelo no 4-5-1721, figurando como padriño D. Gregorio Buceta, v. de Padrenda.
E) D. Servando de Torres, de quen somente temos a noticia que del ofrece a partida de defunción do seu pai indicando ser fillo natural do difunto e da sua futura muller Dª María Juana, lexitimado polo posterior matrimonio.
II) D. JUAN VICENTE DE TORRES, nº en Castrelo no 22-1-1715 e alí bº no 30-1-1715, tendo por padriño ó seu tío D. Pedro Juan de Torres. C.m. en Castrelo o 13-4-1758 c. Dª MARIANA ( ou MARÍA ANA ) CALVELO, fª en Castrelo no 16-12-1780. De solteiro tivera D. Juan Vicente con Dª Eulalia González, tamén solteira e v. do lugar de Cuncheiras, unha f.n. que foi bautizada co nome de María en Castrelo na data de 21-9-1745. Por unha escritura de poder outorgada no 23-7-1798 perante Francisco Antonio Oubiña, sabémo-los fillos do matrimonio, que foron:
A) D. Vicente Diego Ramón de Torres, q.s.a.l.
B) Dª María Teresa del Carmen de Torres, nª e bª en Castrelo no 11-9-1759, apadriñada por D. José Sáenz Bazán Barba y Figueroa, v. de Paradela.
C) D. Alejos Juan Benito de Torres, nº no 20-1-1761, bº no día seguinte por causa de necesidade na casa de D. Vicente de Torres, según conta o asento no libro de bautizados de Castrelo, engadindo que o tivo nos seus brazos D. Benito Bazán, v. de Cambados. Profesou na OSB consonte a escritura do 23-7-1798, a cal noméao como Fr. Alejos de Torres, sinalándoo como cura de Refoxos.
D) D. Alonso de Torres, a quen debe corresponder unha partida de bautismo datada no 4-11-1752, sendo padriños D. Francisco Varela e Dª Manuela de Torres, dun neno nado no primeiro do dito mes, a quen lle impuxeron os nomes de José Javier ou Alonso.
E) D. Diego María Alejos de Torres, bº no 4-1-1764 en Castrelo. Tivo por padriño a D. Diego Mariño. Sabemos que era escribán da xión. de Peñaflor por unha escritura de testamento do seu puño e letra, como v. de S. Tomé de Nogueira a 4-10-1809, solteiro, no que deixa por herdeiros ós f.n. habidos en Mª Antonia de Uteda ( a sua criada ), e son:
1) María Anacleta.
2) José.
3) Agustina.
F) Dª Teresa de Torres, bª no 15-5-1770 e nª tres días antes, de quen foi madriña a sua tía Dª Manuela de Torres. Parece ser ésta a que c.m. en Castrelo no 29-6-1800 c. D. José Benito Munillo, f. de D. Miguel Munillo e Dª Francisca Gómez de Sisán.
III) D. VICENTE DIEGO RAMÓN TORRES Y CALVELO, nº en Castrelo no 16-7-1758 e bº dous días mais tarde, tendo alí fº no 31-3-1820. C.m.c. Dª JOSEFA ARAÚJO Y LEMOS, fª en Castrelo no 14-11-1787, f. de D. Francisco Antonio Araújo e s.m. Dª María Antonia Martínez de Lemos, v. de S. Tomé de Nogueira. Foron fillos do matrimonio:
A) D. Juan Vicente de Torres y Araújo, q.s.a.l.
B) Dª María Ana Susana Josefa Raimunda de Torres, bª na data do 9-1-1781. Foi padriño D. Ramón Irázabal, pro. de S. Salvador de Meis.
C) D. Alejos José Manuel de Torres, que apadriñado por D. José e Dª Manuela Moraña, v. de S. Andrés de Barrantes, foi bautizado en Castrelo no 21-2-1783.
D) D. Cayo Ignacio Alonso de Torres, bº no 23-1-1785 en Castrelo, sendo padriños D. Alonso e Dª Teresa de Torres, v. da mesma freguesía. No 12-9-1805 c.m. en Castrelo c. Dª Manuela de Abal, f. de D. Rosendo de Abal e s.m. Dª Josefa Gayoso.
E) D. Manuel Benito de Torres, que foi cristianado en Castrelo no 29-6-1786, actuando de padriño D. Manuel Benito Mariño, v. de Cambados.
F) D. Bernardo Francisco Benito de Torres, a quen lle puxo os Santos Oleos no 15-11-1787, D. Francisco Taboada, rector de Castrelo, pois fora bautizado por necesidade polo crego de menores ordes D. Diego de Torres. A partida informa que a nai do crismado, Dª Josefa de Araújo, morrera do parto.
G) Dª Manuela Vicenta de Torres, tamén filla do matrimonio consonte a partida de defunción de Dª Josefa Araújo.
IV) D. JUAN DE TORRES Y ARAÚJO, bº e fº en Castrelo o 17-10-1779 e 13-5-1843 respectivamente, q.c. no 12-9-1805 c. Dª ROSA FERNÁNDEZ ABAL, v. de S. Tomé de Nogueira, f. de D. José Fernández e Dª Manuela Abal, fª en Castrelo no 31-12-1847. No testamento de D. Juan Vicente, autorizado polo escribán Domingo Obejero no 6-6-1841, relacionanse os seguíntes fillos:
A) D. Rosendo de Torres, primoxénito, bº en S. Tomé Nogueira a 4-5-1805, apadriñado por D. Manuel e Dª Rosa de Abal, e fº en Castrelo no 25-1-1886, q.c.c. Dª Dolores Fontenla Buceta en S. Pedro de Lantaño, de onde ela era v., f. de D. Pedro Fontenla, que fª en Castrelo no 27-4-1857. T.p.f.
1) Dª María de la Anunciación Torres Fontenla, bª en S. Pedro de Lantaño a 21-5-1836, q.c.c. D Andrés Botana, bº en Dena no 5-3-1830, f. do avogado D. Fernando María Botana n. de S. Manuel dos Anxos, prov. de A Coruña, e de Dª María de los Dolores Barbeito n. de Dena, onde ámbolos dous son v.
2) D. José Vicente Torres Fontenla.
B) Dª Manuela de Torres, bª en S Tomé de Nogueira no 12-8-1807 co nome de María Manuela Ramona, apadriñada por Dr. D. Alejos de Torres e Dª Manuela de Torres. Q.c.c. D. Manuel Sanchez f. de D. Francisco e Dª María Aroyo, v. de Stª María de Simes, no 23-11-1837.
C) Dª Francisca de Torres, bª a 19-8-1809 en S. Tomé de Nogueira co nome de María Francisca, sendo padriños D. Ignacio de Torres e Dª Mª Manuela de Abal. Fª en Castrelo no 14-3-1888. C.c. José Benito Cacabelos Álvarez no 14-11-1833, f. de Nicolás e Ángela, do cal quedou vva. e casou despois en 2ª nupcias con Jacinto Sotelo Muñiz no 15-2-1844, f. de José Benito e Juana. Do primeiro matrimonio t.p.f.:
1) D. Vicente Cacabelos y Torres, nado no 1835. Q.c. en segundas nupcias con Carmen Domínguez.
2) D. Joaquín Cacabelos y Torres nº no 1837 e fº no 2-4-1917. Estivo casado con Carmen Besada Gondar.
Do 2º matrimonio h.p.f.:
3) Manuel Sotelo Torres.
4) Teresa Sotelo Torres, q.c.c. Juan Barreiro Estévez, e fª a 19-10-1927, con 77 anos de idade.
D) D. Tomás de Torres, bº en S. Tomé de Nogueira co nome de Tomás Manuel, sendo padriños D. Tomás Peña e Dª Manuela de Abal, a avoa materna, no marzo de 1811. No testamento paterno aparece como ausente no servicio da S.M.
E) D. Ignacio de Torres, bº en S. Tomé de Nogueira no 19-5-1817 apadriñado por Miguel Fernández e Petronila Fernández, e fº en Castrelo no 23-6-1879. Q.c. no 17-1-1846 con Tomasa Besada, f. de Francisco e Benita de Castro, fª en Castrelo no 3-11-1893. Fillos do matrimonio foron:
1) D. José Torres Besada, bº en Castrelo no 1834 pqª en onde fº a 27-1-1912, solteiro.
2) D. Francisco Torres Besada, bº en Castrelo no 19-3-1853, en onde a 26-1-1884 c.c. Manuela Afonso Buceta, n. e v. de Castrelo en onde foi bª a 1-6-1855, f. de Francisco Afonso Fernández, n. de Stª Eulalia de Dena e Cipriana Buceta Galiñanes, n. de Castrelo.
3) Dª Jesusa Torres Besada, bª a 14-10-1856 sendo madriña Dª Benita Torres, fª a 9-1-1902. C.c. Francisco Rey Barreiro, f. de Serafín e Guadalupe, n. de S. Martín do Grove, no 14-2-1895.
4) D. Manuel Torres Besada, en 1879 ausente no exército.
5) D. Benigno Torres Besada, na partida de defunción paterna asegura ter falecido no exército.
6) D. Juan Vicente Torres Besada, na partida de defunción paterna atopábase ausente no exército.
F) D. Manuel Torres, bº en S. Tomé de Nogueira a 10-1-1821 apadriñado por José Buceta.
G) Dª Pilar de Torres, a quen debe corresponder un asento de bautismo da pqª de Castrelo con data de 13-10-1823, sendo padriño D. Alonso de Torres, aínda que sinala como nome María Pilara. Sendo sepultada na mesma pqª a 28-4-1881. Casou a 13-8-1846 con Juan Besada Castro, f. de Francisco Besada Franco n. de O Grove e Benita Castro Álvarez n. de Castrelo, o cal fº a 7-4-1875, con 55 anos de idade. T.p.f.:
1) José Jesús Besada Torres.
2) Vicente Besada Torres.
3) Rosa Besada Torres, bª en Castrelo a 17-5-1856, apadriñada por Pascual Gómez e Vicenta Gondar.
4) Manuel Besada Torres.
5) José Manuel Besada Torres, fº en Castrelo a 15-5-1859 con 22 días de idade.
H) Dª Benita de Torres, ver flia. Cousido VI.
Avatar de Usuario
nadir
Editora
Editora
Mensajes: 68
Registrado: 12 Feb 2005, 09:00

Casa das Quintáns

Mensaje por nadir »

Se a liña da familia Torres que che interesa é a de Quintáns difícilmente se podería ampliar máis. As miñas notas entresacadas simplemente de protocolos notariais non son comparables ás túas ampliadas cos datos do Archivo Parroquial.
No tocante ás variacións, a máis importante refírese á filiación de Alonso de Torres e os seus irmáns. O documento no que me basei foi o seu testamento (1677) ao nomear ao seu pai, donde ti leches Juan eu lin Gonzalo (abreviado). Leváronme a esta transcripción dúas cousas, refírese a el como o Capitán e en algún outro protocolo atopei a un Capitán D. Gonzalo de Torres, e, por outra banda Juan de Torres escribán está moi documentado e sempre como escribán, nunca como capitán e escribán, ejemplo desto é o documento redactado ante Alonso de Abal en 1634 no seu pedimento para “aprobarse para o oficio de escribán real”
Estaba convencida con eses datos ata que os teus me fixeron dubidar. Se posúes datos que corroboren que Dª Francisca Bermúdez de Lobera e Castro é a mesma Dª Francisca Bermúdez de la Maza, obviamente estou errada.
Coñezo a escritura de partillas á que te refires de 1631 pola miña investigación sobre os Bermúdez de Dorrón e Nantes. Precisamente nela aparece Dª Francisca Bermúdez de la Maza muller de Juan de Torres, escribán.
Dª Francisca Bermúdez de la Maza filla de Alonso de la Maza e Sancha Bermúdez de Castro e Lobera, neta por liña materna de Juan Bermúdez de Aldao e Mª Francisca de Lima, bisneta de Mª Bermúdez de Aldao e Bartolomé García de Santa Cruz, terceira neta de Mª Sisso de Ibias e Luis Bermúdez de Castro e Aldao, Señor de Gondar, Dorrón e outros lugares.
Por certo, interésame moito o pleito polo nicho e capela que relata no seu testamento Dª. Juana Vázquez de Camba. ¿Sabes quen gañou? ¿Consérvanse as armas de D. Alonso e Dª Juana na Igrexa?
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 640
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por Breo-jan »

Creo que non é de todo así...Máis ben Luis Bermúdez de Castro y Aldao casado con Dª.María Mariño de Lobera tiveron a Juan ,que con Dª.¿Mª?Francisca Pereira de Castro,de Ponte de Lima,en Portugal,tiveron a Dª.Sancha,que casou con Alonso de la Maza....A propósito..¿Non saberedes algo dunha tal (Josefa)Plácida Bermúdez de la Maza(apelidada de Torres na partida de casamento)
,filla de Andrés de Villaverde e Josefa de Torres,veciños de Fefiñáns,e casada en 1698 en S.Martiño de Meis con Joaquin Villanueva?
 
Avatar de Usuario
nadir
Editora
Editora
Mensajes: 68
Registrado: 12 Feb 2005, 09:00

Casa das Quintáns

Mensaje por nadir »

Podo estar errada pero...
Entre outros protocolos consultados tanto no A. H. Universidade de Santiago como no A. H. Provincial de Pontevedra.

AHUS.-(1535) Entre outros protocolos a partición dos bens e herdanza de María Sisso entre os seus herdeiros. María Sisso de Ibias muller que foi de Lois de Aldao e Bermúdez de Castro, os fillos entre outros son Juan Sisso Bermúdez de Aldao (que segue a liña da Casa de Gondar) e María Bermúdez casada xa nese momento con Bartolomé García de Santa Cruz.
AHP (1586). Ante o escribán Domingo Paz “Juan Bermúdez de Aldao veciño do Coto de Dorrón fillo lexítimo de María Bermúdez filla maior e lexítima de Luis Bermúdez de Aldao…”
AHP (1586?) “Juan Bermúdez de Aldao e dona Francisca de Lima marido e muller veciños que somos do coto de Dorrón…”
AHP (1633) D. Gregorio Bermúdez de la Maza e Aldao vende al bachiller Alonso de Romai e Xunqueiras (o seu sogro)…
“…por herdanza e sucesión de Alonso de la Maza e Sancha Bermúdez de Castro os seus pais difuntos e Juan Bermúdez de Aldao o seu avó…”


Dª María Lobera de Mariño (ou Mariño de Lobera) foi a segunda muller de D. Luis Bermúdez de Aldao.
A Dª Francisca Pereira de Castro de Ponte da Lima supoño que será a mesma que en todos os protocolos que atopei se fai chamar simplemente Francisca de Lima.

Repasarei as miñas notas sobre os Bermúdez da Maza a ver se atopo a (Josefa)Plácida Bermúdez de la Maza.
Maria José
Mozo
Mozo
Mensajes: 39
Registrado: 04 Abr 2008, 17:54
Ubicación: O Salnés

Mensaje por Maria José »

Creo que tes razón referente á variación do nome Juan por Gonzalo, pero teño unha dúbida agora, na escritura de partillas de 1631 que coñeces aparece Juan de Torres e Francisca Bermúdez de la Maza aparecen os fillos que eu teño anotados pero se se chama Gonzalo de onde sacastes os fillos? perdoa se estou errada pero estou un pouco liada e precisamente estes datos pasoumos outra persoa que colaborou conmigo na investigación e eu non teño aquí a copia desa escritura para poder revisala.
Respecto ó pleito non sei mais nada e polo que di o nicho ese debería estar onde hoxe hai un altar e non se conservan as armas na igrexa que eu sepa.
Aproveito para preguntar polos Maza esto que sigue pertence á miña arbore teríades algún dato mais que amplien os meus? Gracias de antemán.

FAMILIA MAZA

I) JOSÉ DE LA MAZA, n. de S. Juan de Dorrón, f. natural de D. Clemente de la Maza, solteiro, v. e n. da vila de Sanxenxo e da flia.dos Mazas da mesma, e de Alberta de Lores, solteira, v. e n. de S. Juan de Dorrón e da flia. dos Lores dela. José fº a 26-11-1752. C.m. en Castrelo a 6-3-1703 c. MARÍA DE COUSIDO, ( ver flia. Cousido I-A ) a cal foi bª co nome de Mª Benita a 11-4-1675 apadriñada polo estudiante Benito de Sartajes e Mª Martínez, v. de Castrelo. Fª a 2-5-1760. T.p.f.:
A) Raimundo de la Maza, bº a 5-2-1704 e n. 2 días antes apadriñado polo licenciado Benito de Sartajes, pro.
B) Juan de la Maza, bº 13-10-1706 e nº 3 días antes apadriñado por Dª Dominga Falcón, vva.
C) Carolea de la Maza, ver flia. Casal I.
D) Gaspar de la Maza, bº a 8-1-1715 sendo padriños José Domínguez, solteiro, e Catalina Bazán, a sua nai, vva. de Antonio Domínguez.
E) Petronila de la Maza, ver flia. Castro I.
Maria José
Mozo
Mozo
Mensajes: 39
Registrado: 04 Abr 2008, 17:54
Ubicación: O Salnés

Mensaje por Maria José »

Según poder de D. Vicente de Torres e irmáns dade ante Francisco Xavier Varela Patiño a 23/9/1797 sabese que heredan da sua nai Mariana Calvelo ( da cal nunca encontrei mais datos e non sei de onde procede)unha casa en Padrón c/Murgadans do foro da Casa Goyanes.
¿Alguén sabe algo desto?
Outra cousa tamén coñezo un testamento de Gonzalo de Torres y Lemos, v. da Casa de Pompeán de 16/11/1611 ante Juan de Torres. ¿Qué relación ten cos Torres de Quintáns?
Maria José
Mozo
Mozo
Mensajes: 39
Registrado: 04 Abr 2008, 17:54
Ubicación: O Salnés

Mensaje por Maria José »

A 4/10/1809 fai testamento D. Diego de Torres so o nomeo porque nel nomea ata o cuarto avó pero creo que tampouco está de todo correcto ( di ser fillo de D. Juan Vicente de Torres, neto de D. Alejo de Torres, bisneto de D. Alonso de Torres, o terceiro avó D Clemente de Torres, ministro titular do Santo Oficio da Inquisición de Santiago, o cuarto avó D. Rodrigo de Torres, ...,según consta no arquivo de papeles que se atopa na casa solar dos Torres nominada de Quintáns sita en Stª Cruz de Castrelo... etc.).
Avatar de Usuario
nadir
Editora
Editora
Mensajes: 68
Registrado: 12 Feb 2005, 09:00

Casa das Quintáns

Mensaje por nadir »

Eu non estou convencida de que o dato de Gonzalo sexa correcto, como xa dixen fixéchesme dubidar. As partillas de 1631 son entre Francisca Bermúdez da Maza e os seus irmáns polos bens dos seus pais Alonso de la Maza e Sancha Bermúdez, que eu saiba aínda que agora mesmo non me lembro se lin con calma todo o protocolo non aparecen os fillos de Dª Francisca e D. Juan de Torres.
Os datos dos fillos dos que para min eran D. Gonzalo e Dª Francisca saqueinos maioritariamente do testamento de D. Alonso de Torres no que menciona aos seus irmáns, confirmado por outros protocolos incluindo os testamentos de Dª Francisca e Dª María no que declaran ser as súas irmás .
Con respecto á familia Maza de Dorrón, sóame Clemente de la Maza, teño que repasar as miñas notas a ver se atopo algo.
No tocante ao entronque dos Torres de Quintáns cos de Pompeán non atopei relación. Interésame moito ese testamento de Gonzalo de Torres, Consérvase no Arquivo Histórico de Pontevedra?
Poderían ter relación e habería que investigar máis porque o que si atopei foi un protocolo no que Dª Luisa Patiño veciña de Pompeán cede o vínculo de patronato e memoria de misas que fundou Alonso de Monterroso cura que foi de Sta. Mª de Caldas na igrexa de Sta Mariña Dozo e as agregacións que fixeron Fernando Conde e Catalina Monterroso (...) e por morte de D. Luis Patiño de Figueroa o seu pai (fº 1659) lle pertencen. Os bens de fundación están sitos en Paradela e Baión.
Responder