Baixar aquí o pdf: http://www.consellodacultura.org/mediat ... php?id=283Esta publicación, editada por Francisco Javier Pérez Rodríguez, reúne o cartulario medieval do Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos. A maior parte destes documentos estaban ata o de agora inéditos, a pesares de que este tombo é citado a miúdo polos historiadores debido á serie de miniaturas que o iluminan.
A diferencia do que ocorre con outros cartularios medievais de mosteiros galegos, o tombo do mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos non é famoso pola súa documentación. A iluminación deste cunha serie de miniaturas fixo que este cartulario fose citado de cotío polos historiadores, especialmente nestes últimos tempos en que a reproducción fotográfica é abondosa. Calquera especialista coñece xeralmente, por exemplo, a representación de Afonso X coa súa muller e o seu fillo maior, don Fernando de la Cerda, ou –aínda foi máis reproducida– aquela en que don Diego Xelmírez bendí os dous cabaleiros fundadores do mosteiro.
Fronte a este “éxito” das súas miniaturas, os documentos do tombo pasaron un tanto inadvertidos ou, desde logo, foron bastante menos reproducidos e citados que as miniaturas, evidentemente. A pesar diso, varios dos seus documentos foron publicados por investigadores como M.ª de los Ángeles Guajardo-Fajardo ou Benito Salvado, quen recolleu en parte o traballo do seu malogrado irmán Vicente. De tódolos xeitos, a meirande parte da documentación do cartulario está aínda inédita, e ponse agora á disposición do investigador gracias ó Consello da Cultura Galega nesta colección de fontes.
Próximo a Compostela, na vía que une a cidade apostólica coa ría de Noia, o mosteiro de Toxos Outos xorde, como moitos outros cenobios galegos, ó principio do século XII. Fundado por dous cabaleiros do contorno cortesán do emperador Afonso VII, pronto recibiu a protección do monarca e tamén a da familia condal de Traba, seguindo así a traxectoria doutros cenobios contemporáneos. Serán estes, xunto cos dous cabaleiros que iniciaron a fundación –don Froila Afonso e don Pedro Muñiz– e mailas súas familias, os que porán as bases do dominio monástico,
asentado principalmente nas bisbarras próximas ó edificio conventual, isto é, as que están nas beiras da ría de Noia e Muros, A Maía e as comarcas costeiras ata Fisterra. A proximidade dos fundadores á corte de Afonso VII e ós Traba será, sen dúbida, a razón que fixo que o dominio de Toxos Outos se achegue ata lugares bastante afastados do cenobio, como é o caso das ribeiras do Limia, xa cerca da súa desembocadura, ou da bisbarra de Valencia de Don Juan, na actual provincia de León. A proximidade a Santiago de Compostela, onde os mesmos fundadores tiñan propiedades –alomenos don Froila Afonso–, fará que desde o primeiro momento o mosteiro estea presente nela.
Como dicía, o nacemento do mosteiro dos Santos Xusto e Pastor ten lugar nun momento en que en Galicia están a aparecer un bo número de cenobios –masculinos e femininos– seguindo un movemento que se estende ó longo de toda a Europa occidental. Sen embargo, Toxos Outos vai permanecer á marxe da nova corrente que chega a Galicia pouco despois da súa fundación: en 1142 os monxes brancos de Císter chegaban a Sobrado directamente desde Claraval. Os Traba e o emperador inmediatamente empezaron a protexer esta nova fundación que –segundo M.ª C. Pallares– traía a Galicia “o aire fresco que o Císter estaba a estender por todo o Occidente europeo”. A nova espiritualidade cisterciense provocará unha riada de doazóns cara ós monxes brancos, e certos mosteiros, que apareceran poucos anos antes –Monfero, Oseira...–, uniranse ó císter ó longo do que quedaba de século. Probablemente esta sexa unha das razóns para que Toxos Outos non chegue a medrar do mesmo xeito que o fixeron outros cenobios contemporáneos, pois a monarquía e a alta nobreza pasarán a protexer e favorecer máis directamente as novas abadías cistercienses. Iso a pesar de que o mosteiro de San Xusto tiña
certas características que o aproximan ós cenobios dos monxes brancos, como ten dito E. Portela.
O dito cambio na situación reflíctese á perfección nos problemas que Toxos Outos tivo cos seus antigos benfeitores, o conde don Vermudo Pérez de Traba e a súa muller, a infanta dona Urraca Henriques de Portugal. Mentres don Vermudo profesou como monxe no mosteiro de Sobrado, a dona decidiu face-la súa propia fundación en Santa María de Nogueirosa, que anos antes cedera a San Xusto para establecer nela un mosteiro independente. O conflicto entre o matrimonio –xunto co abade de Sobrado– e Toxos Outos foi ventilado ante o arcebispo electo de Compostela, don Fernando Curialis, en 1161, e a sentencia foi favorable ó matrimonio, tendo que volver os frades de Nogueirosa á súa casa nai de San Xusto.
Santa María de Nogueirosa, rematada a vida monástica poucos anos despois, pasará a integrarse no patrimonio de Sobrado. Este episodio ilustra, pois, o cambio producido nas intencións, alomenos, da alta nobreza galega nestes intres. A pesar diso, o cenobio dos Santos Xusto e Pastor continuará a conformar un importante dominio, aínda que non se poida comparar en extensión e importancia co doutros mosteiros galegos, tanto cistercienses –Sobrado, Oseira– como bieitos –Celanova, Samos–. Os monxes souberon manter e amplia-las súas propiedades nos séculos posteriores. Na liña doutros cenobios galegos, Toxos Outos recibiu tamén a protección dos reis de León Fernando II e Afonso IX para, a partir de entón, só obter da monarquía a confirmación dos privilexios obtidos con anterioridade.
A riqueza da abadía dos Santos Xusto e Pastor foi suficiente para, nas décadas finais do século XIII, elabora-lo cartulario e iluminalo coas ditas miniaturas.
Aínda que moi lonxe da fortuna territorial de Sobrado ou Celanova, Toxos Outos tivo un dominio bastante extenso que facía del unha das máis importantes institucións das bisbarras próximas a este. Por outra banda, a documentación recollida no cartulario é especialmente interesante en varios aspectos; o que se refire á gandería, por exemplo. A cantidade de documentos conservados no tombo e a abondosa información para moi distintos aspectos da vida medieval que neles se atopa xustifican sobradamente a súa edición, tal e como agora facemos.
Os documentos do Tombo de Toxosoutos
Os documentos do Tombo de Toxosoutos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Os documentos do Tombo de Toxosoutos
Paulo MARTÍNEZ LEMA (ILG-USC):
"Estrategias de latinización de toponimia romance en un cartulario medieval gallego: el tumbo de Toxos Outos"
Estudis romànics [Institut d’Estudis Catalans], ISSN 0211-8572, Nº. 33, 2011, págs. 265-277
http://dialnet.unirioja.es/servlet/arti ... go=3651236
"Estrategias de latinización de toponimia romance en un cartulario medieval gallego: el tumbo de Toxos Outos"
Estudis romànics [Institut d’Estudis Catalans], ISSN 0211-8572, Nº. 33, 2011, págs. 265-277
http://dialnet.unirioja.es/servlet/arti ... go=3651236
Poblada soledad es hoy el mundo.
Proceso de construción dun inventario toponímico medieval...
Paulo MARTÍNEZ LEMA:
Proceso de construción dun inventario toponímico medieval: o Tombo de Toxos Outos
Estudos de Lingüística Galega, Vol. 1 (2009). ISSN-e 1989-578X, pp. 67-83
Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela.
http://www.usc.es/revistas/index.php/el ... /1478/1313
Proceso de construción dun inventario toponímico medieval: o Tombo de Toxos Outos
Estudos de Lingüística Galega, Vol. 1 (2009). ISSN-e 1989-578X, pp. 67-83
Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela.
http://www.usc.es/revistas/index.php/el ... /1478/1313
Poblada soledad es hoy el mundo.




