Teixelo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Teixelo

Mensaje por Milleiro »

TEIXELO

TOPONIMIA
Non se atopan

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Coa grafía Teijelo
Provincia da Coruña: 2 abonados, nos concellos de Oleiros e Negreira
Provincia de Lugo: 1 abonada, no concello do Incio
Eo-Navia: 1 abonado, no concello de Coaña (dun total de 5 abonados na CCAA de Asturias)
O Bierzo: 7 abonados, case todos eles no concello de Viladecais
Provincia de Ourense: 0 abonados
Provincia de Pontevedra: 0 abonados

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia

OPINIÓN PERSOAL
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego
Avatar de Usuario
xandre
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 20 Ago 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por xandre »

Iste é o meu apelido, e o que eu puiden atopar é un povo do norte de Portugal con iste nome, "Teixelo", que significa en portugues "bosque de teixos". A palabra galega para iste mesmo significado é "Teixedo", polo que eu coido que falamos do mesmo apelido ainda que "Teixelo" é a rama portuguesa e fou introducido na Galiza recentemente, e por iso non cambiou o seu nome orixinal.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

En Portugal este apelido non existe, polo que me extrañaría moito que procederá deste país. Eu trataría de procurar no Bierzo, nos Ancares ou outras comarcas próximas algún lugar chamado así.
Por certo Xandre, coñeces ao resto dos Teixelos?, así poderíamos acrecentar algo mais sobre a sua orixe.
Existe un expedente da Fidalguía na Real Chancelaria de Valladolid.
Avatar de Usuario
xandre
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 20 Ago 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por xandre »

O unico que atopei en Portugal é un povo, non un apelido, e iste povo está moi cerca de Galiza e moi cerca do Bierzo. Pode ser que veña dalí pois, na idade Media todo istos territorios perteñian o mesmo reino, polo que facilmente puido pasar dun lugar a outro. A mais, miña familia é da provincia de Lugo, preto do Bierzo e dos Ancares.

Non coñezco os outros Teixelos da Galiza, nin siquera no meu povo dorixen, todos os meus familiares agora viven en Barcelona, onde nascí eu. O que sorprendeume moito foi que, face uns momentiños, atopei na web "Teijelos" dispersados por todo o mondo, en Australia, Sudamerica, e moitisimos en U.S.A, e sempre coa grafia "j". Eu pensaba que o troque da "x" en "j" fixose durante o franquismo, pero fai relativamente pouco diso e dificilmente puido extenderse tanto si foi asi.

Moitas gracias pola axuda, é na primera web que vexo falar do meu apelido.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Ola Xandre,

Dime en que lugar de Portugal está situado ese Teixelo tan perto do Bierzo ao que fas referencia, se cadra podes ter razón.

Sobre o uso da grafía Teijelo, pode existir desde hai séculos, mais isto non quer dicer que na pronuncia fose así, senon todo o contrario. Podese escriber Teijelo e dicer Teixelo que era o que pasaba frcuentemente. A "desgaleguización" dos apelidos empeza a partires do XVIII.

O sufixo -elo é anterior ao sufixo -iño, polo que estamos a falar dun nome moi antigo. Non son filólogo, mais penso que Teixelo é tamén galego, de feito Xosé Lois Franco Grande o recolle no seu diccionario "Galego-Castelán" e o define en español como: Tejillo, Trencilla

Sobre a orixe do apelido pode ser interesante que pidas ao Arquivo de Valladolid o expedente que teñen co apelido Teijelo, de seguro que poderás atopar varias xeracións de Teixelos e a orixe mais primitiva que se coñeza.

Un saúdo

Xavier
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Creo que se debe insistir, xa que os novos perden a perspectiva, que o franquismo non innovou nada no respeito á desgaleguización, o proceso ven de moi vello e moito antes do mesmo. Mais tamén convén insistir como fai Milleiro en que as grafías non sempre se explican por deturpación, senon que o problema ás veces radica al ortografía RAG que utilizamos. Por exemplo os feijóo non son escritos con j porque o franquismo ou os escribans do s. XIX o decidisen así, senon porque é a correcta desde a aparición do apelido e antes có nome do vexetal. O único anómalo é que se pronuncia á castellana ao se escribir así porque o propio castellano decidiu desde o XVII que o j e o g con vogal e ou i se pronunciasen como agora. en tanto que as demais linguas viciñas mantiveron outras solucións. Cando o galego se comezou a reescribir no XIX mutilado da tradición escrita anterior ao XVI e alleo á lingua literaria portuguesa, "adaptou" a escrita do español aos seus usos e esa é e a situación que temos agora. En suma, xa que eu mesmo me compliquei na exposición resumo dicindo qu as veces as cousas son mais complicadas do que parece e as solucións tamén o son. Hai deturpación evidente de topónimos e de apelidos pero as normalizacións que poidamos facer agora a vec es poden chocar coa tradición etimoloxíca. No caso de Teixelo, non obstante non me parece que se xustifique a escrita Teijelo, por pura etimoloxía.
Avatar de Usuario
xandre
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 20 Ago 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por xandre »

mirei outra vez a localizacion do povo Teixelo e non é tan preto coma eu recordaba. Aínda que coido que si perteñecia o antigo reino de Galiza-León. O povo é ao norte do distrito de Viseu, no concello de Tarouca. Pesquisei un pouco a historia diste povo pero non atopei nada, isto podía haber dado información pero semella que é un povo pequeno sin importancia.

Interesante o darquivo de Valladolid, non sabia da sua existenza, en efecto aparece o apelido Teixelo. Pondreime en contacto, xa os darei novas.

Gracias!
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

TEIXELO, información do Padre Crespo en "Blasones y Linajes de Galicia"

ALVARO TEIXELO, dono da Casa dos Novais, t.a:
- BASCO TEIXELO e a Constanza Alvarez de Losada, dona da Casa de Carballedo (Quiroga) que c.c. con Diego Lopez de Mao, dono da Lamela (Quiroga) (v. Somoza, Casa de Treimonte)

XOAN TEIXELO, veciño de Santiago de Rubián c.c. con Inés Mendez que testou en 1595 a favor do seu fillo:
- DIEGO TEIXELO, que tivo unha irmá Dª DOMINGA, da que non se ten mais datos
Responder