Varela

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
freire
Mozo
Mozo
Mensajes: 14
Registrado: 17 May 2002, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

Varela

Mensaje por freire »

Etimoloxía

Defendida por Gonzalo Navaza: Do nome común valela, diminutivo de val, do latín vallis. Como a pronuncia desta palabra resultase incómoda, produciríase unha disimilación e resultaría varela "pequeno val".

Proposta por X.L. Méndez Ferrín: Orixinario dun alcuño ou alcume ou nomeada. En latín existe o adxectivo varus-a-um, que significa zambo, trenco, cambeiro, mal disposto dos pes ou das pernas ou das patas en persoas e animais. Posto no feminino, propio dos alcumes tan a miudo (prosma, cotra, baldroga...), e en diminutivo -ela teríamos o Varela "persoa mal asentada de pes ou
maos".

Fonte: X.L. Méndez Ferrín. Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. El Sábado. Faro de Vigo 21/5/2005

Orixe

Segundo o nomenclator de Galicia, ademáis da parroquia de San Martiño de As Varelas, no concello de Melide (A Coruña), existen lugares nos seguintes concellos e parroquias:

A Varela:

CORISTANCO (A Coruña) Traba (Santa María)
LALÍN (Pontevedra) Vilatuxe (San Lourenzo)
RIANXO (A Coruña) Araño, O (Santa Baia)

Varela:

PANTÓN (Lugo) Mañente (San Mamede)
VILALBA (Lugo) San Simón da Costa (San Simón)

A Volta de Varela:

PORTOMARÍN (Lugo) Nespereira (San Cibrao)

O Mesón de Varela:

MESÍA (A Coruña) Cumbraos (Santa María)

Distribución territorial

Di Ferrín que o apelido Varela ocupa, segundo Dieter Kremer, o lugar decimoséptimo na orde de frecuencia dos galegos.

No país galego o apelido é máis común na provincia da Coruña: Segundo as páxinas brancas de telefónica hai (primeiro e segundo apelido)

A Coruña: 6.165 aboados
Lugo: 1.805 aboados
Pontevedra: 1.796 aboados
Ourense: 608 aboados

Hai tamén un fato de Varelas en Madrid (1.516), seguramente por mor da emigración, e tamén é significativo en Asturias (491).

No norte de Portugal é moito menos abondoso, o que recalca a orixe galega. A Portugal Telecom da 29 aboados en Vila Real, 4 en Braga, e só 1 en Viana do Castelo e en Bragança. As maiores concentracións atopanse en Lisboa e Porto.

Documentación Histórica

O historiador Xerardo Dasairas fai notar a presenza de certo Varela nun documento de doazón asinado polo rei Fernando II de Galicia e León na cidade de Zamora con impresionante acompañamento de todo canto bispo había por eiquí, así como de condes e potestades.

Dóase alí a ese Varela unha herdade chamada Cangas, situada en Morrazo e á beira do mar (traducción literal). Chama a atención no documento, que se conserva baixo especie de copia nunha carpeta do Arquivo Histórico Nacional, sección Clero-Armenteira, a vontade de estilo latinista e o feito de que do tal Varela non se dea nin o nome persoal nin calquer indicación da súa condición social, cousa rara dado o máximo rango do outorgante (rei) e a importancia do que se outorga en doazón (Cangas). A escritura asinouse no ano 1160.

Nuns versiños de escarño debidos a D. Pedro, Conde de Barcelos (c. 1265-1354), contase a anécdota dun can que certo Pai Varela lle prometeu para o cruzar cunha cadela súa, pero o individuo retrasou até o día do regreso do Mesías o regalo prometido.

Fonte: X.L. Méndez Ferrín. Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. El Sábado. Faro de Vigo 4/6/2005

Heráldica

En moitas xenealoxías de xénero un tanto fantasioso fálase dunha procedencia dun infante do reino de Aragón, chamado Don Vela, supostamente un dos cabaleiros encargados da repoboación de Salamanca, e cun bisneto chamado Paio Varela, que viría a Galicia para fundar casa non lonxe de Santiago. Un fillo deste, chamado Fernán Paez Varela casaría cunha Teresa López de Ulloa.

Todo esto está xa máis completo no foro de familiares:
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... highlight=

As armas que alí se citan son:

"En campo de gules, cinco barras de sinople (contra las leyes heráldicas).
Estas armas señala Argote de Molina para la casa solar de Varela, cerca de Santiago de Compostela (La Coruña). Gonzalo Argote de Molina señala que el campo del anterior escudo es de oro, y Andrés Díaz de plata; con estas indicaciones, el escudo se hallaría en plena legalidad heráldica.
Según el Cronista Juan Baños de Velasco traen: En campo de gules, cuatro barras de sinople. En el expediente de ingreso de Manuel María Varela y Prado, nacido en Santa María de Sabadella
(Chantada), en 1766, en la Real Compañía de Guardias Marinas, constan estas armas, sin esmaltes"


Nobiliaria

A relación entre Ulloas e Varelas está ben documentada nos arquivos (Fonte: AER)

Archivo General de indias 1690: Relación de Méritos y servicios de Rodrigo Antonio Varela Falcón de Ulloa y Ribadeneira, caballero de Santiago, Señor de Parderrubias, Vendaña y Villaseca, regidor perpetuo de Tuy.

Archivo da Real Chancillería de Valladolid: 1705, Pleito entre Antonio Varela Ulloa y Sotomayor e o convento do Espírito Santo de Melide.

AHN 1786 Expediente de pruebas del caballero de la orden de Carlos III, Pedro Varela Ulloa y Noguerol Rodríguez y Varela, natural de San Pedro de Villareda, Oficial de la Secretaría de Estado y del Despacho de Marina; caballero pensionista.

Outros documentos (relación non exhaustiva)

AHN 1750: Expediente de pruebas para la concesión del título de caballero de la orden de San Juan de Jerusalén a Antonio Felipe Caamaño Gayoso Varela y Arias, natural de Santa María de Trasmonte.
Padres: Juan Antonio de Caamaño y María Rosa Gayoso
Abuelos paternos: Juan Antonio Caamaño y Aldonza Varela
Abuelos maternos: Andrés Gayoso y Constanza Arias

Archivo General de Indias 1692: Relación de Méritos y servicios de Andrés Varela y Luna, catedrático de Filosofía de la Universidad de Santiago, visitador general del obispado de Tuy.

Archivo General de indias 1690: Relación de Méritos y servicios de Rodrigo Antonio Varela Falcón de Ulloa y Ribadeneira, caballero de Santiago, Señor de Parderrubias, Vendaña y Villaseca, regidor perpetuo de Tuy.

AHN Real carta de sucesión en el título de Conde de Priegue a favor de don Antonio Ozores y Varela, por muerte, en 3 de agosto de 1847, del Conde don Juan Nepomuceno Ozores, su padre

AHN 1835 Expediente de pruebas del caballero de la orden de Carlos III, Manuel Varela y Rodríguez de Limia Lema y Amerelle Pérez Varela, natural de San Julián de Malpica, Oficial de la Secretaría del Despacho de la Guerra; caballero pensionista de número

AHN 1813 Expediente de pruebas del caballero de la orden de Carlos III, Joaquín Varela Fondevilla y Sánchez de Boado Lores de Castro Vera y López Quintela, natural de Santa María del Camino (Santiago); caballero pensionista

AHN 1891 Documentación relativa a la fundación del Mayorazgo de Saavedra. Incluye: genealogías .Correspondencia sobre la reclamación de dicho mayorazgo, que poseía, el último Marques de Monroy Don Juan Varela, por parte de la Duqesa de Fernán-Núñez y Marques de Cerralbo .Testamentaria del Marques de Monroy, donde se indica los pretendientes a los mayorazgos de Monroy, Varela, Abraldes, Saavedra y Becerrea, pertenecientes a dicho marqués
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

No que se refere á orixe do termo Varela, creo que mais que a explicación proposta por G. Navaza seria preferible derivalo de Bar, voz qe como topónimo temos en varios lugares (Santiago, por exemplo) e que sería unha raiz precéltica que faría alusión a un lugar escarpado e inclinado. Barela sería un diminutivo (en alguns lugares pervive a voz bareira para se referir á ladeira dunha montaña e barranco sería un dos derivados da mesma voz). Na Idade Media sería común a grafía Barela, pero actualmente Varela é o habitual o que orixina confusións á hora de determinar o étimo. Dito isto, a toponimia sería a responsable da difusión do apelido. Enton hai que ver os lugares Bar e Barela que poden ter sido a orixe do mesmo en varios lugares de Galiza.
Cumprimentos.
Responder