http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... C11999.htm"A voz dos poetas da comarca cobra vida a través dunhas gravacións de finais dos 90"
CARBALLO | LA VOZ
04 de septiembre de 2012 05:00
A poesía dalgúns autores da Costa da Morte e doutros creadores galegos xa está ao alcance do público nas súas propias verbas a través dunha iniciativa desenvolvida polo portal Poesiagalega.org.
Coa mediación do autor ceense Miro Villar, os responsables desta web, entre os que se atopa o malpicán Paco Souto, tiveron acceso ao arquivo sonoro que o irmán deste, Rafa Villar -poeta tamén-, garda dos recitais realizados a finais dos anos 90 en diversos locais composteláns. Tras un proceso de dixitalización e edición deses vellos arquivos, os internautas xa poden acceder a unha primeira selección deles a través do portal literario.
Marilar Aleixandre, o fisterrán Modesto Fraga, Xosé Carlos Caneiro, Séchu Sede e o poeta ceense aínda inédito Manuel Lago Graíño son algúns dos autores que se poden escoitar grazas a esta iniciativa que seguirá recuperando esas vellas gravacións.
(A Costa da Morte) "A voz dos poetas..."
(A Costa da Morte) "A voz dos poetas..."
Poblada soledad es hoy el mundo.




