Deputación e UIMP redescobren a figura do VII Conde de Lemos

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Deputación e UIMP redescobren a figura do VII Conde de Lemos

Mensaje por serba »

"Deputación e Universidade Internacional Menéndez Pelayo redescobren a figura do VII Conde de Lemos"

Gómez Besteiro inaugura unhas xornadas centradas en Pedro Fernández de Castro, xunto ó Alcalde de Monforte, o director da Menéndez Pelayo en Galicia e a directora do curso

A institución provincial financia o 100% do encontro, que afondará ata o venres na vida deste galego universal, destacou o Presidente, que tivo como secretario persoal a Lope de Vega, foi amigo e axudador de Cervantes, e protector de Quevedo ou Góngora


O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; o Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz; o Director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas, e a Doutora en Historia e directora do Curso, Manuela Sáez, inauguraron este mércores no Parador de Turismo monfortino as xornadas “Política y Sociedad: El VII Conde de Lemos entre Nápoles y Monforte”, organizadas por esta Universidade co financiamento da Deputación, e que supoñen unha oportunidade única para achegarse a este personaxe dende os puntos de vista político e social, así como a outros aspectos históricos e artísticos da época.

Gómez Besteiro destacou na súa intervención acerca da vida activísima do VII Conde de Lemos, por desgraza ben curta, tendo en conta que morreu aos 46 anos, ce que se centra nun longo eixe xeográfico que vai de Nápoles a Monforte -tal como recolle o título deste encontro- pasando por Madrid, “deixou unha notable pegada de entrega á política activa e á cultura”, iso sen esquecer o papel destacado que ten Pedro Fernández de Castro na cultura galega, española e universal, pois foi o mecenas de moitos dos máis destacados escritores do Século de Ouro da literatura española. Tivo, por exemplo, de secretario persoal ao gran Lope de Vega, foi tamén amigo e axudador de Miguel de Cervantes, quen en gratitude lle dedicou moitas das súas obras (mesmo a segunda parte do Quijote), e actuo coma protector de autores pertencentes ás opostas correntes do conceptismo e do culteranismo, como foi o caso, entre outros, de Quevedo ou Góngora.

O mandatario provincial incidiu en que as xornadas da Universidade Menéndez Pelayo, que financia ó 100% a Deputación, servirán para redescubrir a figura “deste galego universal: estadista, diplomático, intelectual e mecenas, que con 32 anos chegou a ser Virrei de Nápoles, onde, entre tantos outros logros, levantou a Universidade e puxo en marcha as Escolas Públicas”. Unha figura que xa mereceu un recoñecemento por parte de historiadores coma “Manuel Murguía, quen deixou un retrato clave de quen puxo a súa pluma, a súa influencia, as súas riquezas ó servizo do país galego e de quen sentiu as desgrazas de Galicia coma ningún outro”, tal e coma lembrou Gómez Besteiro.

Defensa de Galicia

Ó respecto da súa preocupación en defensa da representatividade e dereitos do vello Reino de Galicia, subliñou o Presidente que Fernández de Castro, quen escribiu unha obra certamente orixinal e pioneira titulada “El Búho gallego haciendo cortes con las demás aves de España”, na que fai un apaixonado alegato en defensa dos dereitos de Galicia con respecto ó resto dos reinos da Coroa española, así como da teimuda reivindicación do Reino Galego para que lograra ter voz e voto en Cortes.

Neste senso, Besteiro destacou que “esta defensa de Galicia, do noso, de reivindicar o que eu considero o “galeguismo integrador” que nos une a todos para ocupar o lugar que o noso país merece, está de máxima actualidade, a pesar do tempo que nos separa de Don Pedro Fernández de Castro”.

Tres días de actividades

Recoñecidos expertos en Artes Plásticas, Literatura e Música, procedentes das universidades de Valladolid, Girona, Barcelona, Madrid ou Nápoles, entre outras, compartirán durante tres días cos asistentes ó curso da Menéndez Pelayo os seus coñecementos acerca da figura do VII Conde de Lemos e a importancia que tivo para a historia de Galicia e España, así como o valor que tivo Monforte de Lemos no pasado e que hoxe está a recuperar.

As actividades deron comezo hoxe ás 10:00 horas e continuarán ata as 11:00 deste venres, 14 de setembro, en horario de mañá e tarde. O alumnado das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo teñen recoñecidas como créditos de libre configuración as 20 horas de carga lectiva destas xornadas.

http://www.deputacionlugo.org/portal_lo ... 83&level=1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

D. Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos

Mensaje por serba »

Universidad Complutense de Madrid, Facultad de Geografía e Historia:

"LINAJE, PODER Y CULTURA. EL VIRREINATO DE NÁPOLES A COMIENZOS DEL XVII. PEDRO FERNÁNDEZ DE CASTRO, VII CONDE DE LEMOS"

Memoria para optar al grado de Doctor presentada por Isabel Enciso Alonso-Muñumer. Bajo la dirección del Doctor: José Alcalá-Zamora y Quipo de LLano. Madrid, 2002


http://www.ucm.es/BUCM/tesis/ghi/ucm-t25961.pdf
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

''Intento localizar todos los bienes del VII Conde de Lemos'

Mensaje por serba »

X. L. Q. / El Progreso (Monforte de Lemos)
Manuela Sáez González: ''Intento localizar todos los bienes del VII Conde de Lemos''
Sus primeros estudios sobre la Casa de Lemos, en especial en torno al séptimo conde, ya tienen más de 30 años, pero todavía continúa con sus investigaciones en diversos sentidos a la vez. Ahora está inmersa en el análisis de la almoneda de Pedro Fernández de Castro.http://www.galiciae.com/arquivo/665772 La historia de Monforte es algo más que una pasión para Manuela Sáez, una monfortina que hace más de una treintena de años comenzó a rebuscar en todos los archivos a los que accedió datos sobre el VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, uno de los nobles más importantes de la época a todos los niveles, pues llegó a ser virrey de Nápoles. Manuela Sáez redescubrió la vida y obra del conde a raíz de su estrecha relación con el convento de las Madres Clarisas, fundado por Fernández de Castro y por su mujer, Catalina de la Cerda, quien al fallecer el conde decidió entrar en la congregación. Por eso, en el cenobio hay una importante colección de obras de arte del conde que conforman uno de los museos de arte sacro más importantes de España, pero en otras estancias privadas hay numerosos documentos de todo tipo. Entre ellos, Manuela Sáez encontró la almoneda del conde sobre la que realiza un nuevo estudio.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/319 ... onde-lemos
- Enlaces: viewtopic.php?f=35&t=7227
viewtopic.php?f=6&t=10425
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder