Jesús Bal y Gay, compositor galego

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Jesús Bal y Gay, compositor galego

Mensaje por serba »

"A Consellería de Cultura e Educación difunde a obra sinfónica completa do compositor galego Jesús Bal y Gay"

O departamento de Cultura da Xunta de Galicia contribúe á difusión do patrimonio musical de Galicia coa gravación das composicións de Bal y Gay

A Xunta iniciou xa a distribución aos conservatorios de música e bibliotecas nodais, para favorecer un maior coñecemento social da obra do compositor

O disco presentarase na Cidade da Cultura o vindeiro mes de setembro nunha xornada académica co prestixioso director e musicólogo José Luis Temes, que liderou a gravación



Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2012
.- Por primeira vez é posible desfrutar da obra sinfónica completa de Bal y Gay, grazas á gravación dirixida polo prestixioso director de orquestra e Premio Nacional de Música, José Luis Temes, que estará dispoñible desde agora nos principais centros de formación musical da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Editado polo selo Verso coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, Jesús Bal y Gay. Obra sinfónica completa, é o disco no que se reúne a totalidade das composicións sinfónicas deste autor lugués, que representou a voz galega da Xeración Musical do 27. Estas composicións foron creadas no exilio, tras a Guerra Civil española, e xa foron recibidas con entusiasmo pola crítica e o público da época.

A Consellería de Cultura e Educación iniciou xa a distribución de exemplares desta obra, para facilitarlle o seu acceso ao conxunto da cidadanía. O disco estará dispoñible nas bibliotecas nodais, nos centros de Formación e Recursos para o profesorado, nos centros de ensinanzas musicais dependentes da Xunta de Galicia e nas escolas municipais de música, entre outros.

Bal y Gay, un referente na historia da música galega
Jesús Bal y Gay é un dos nomes máis destacados na historia da música galega, pola súa traxectoria musical, cunha intensa actividade desenvolvida maioritariamente no continente americano.

Coa difusión desta gravación, levada a cabo por José Luis Temes coa Orquesta de Córdoba, a Secretaría Xeral de Cultura pretende contribuír á difusión do patrimonio musical de Galicia, con autores da calidade artística de Jesús Bal y Gay.

Recuperación das partituras
Os manuscritos autógrafos das obras sinfónicas de Bal y Gay albergados no centro de documentación da Residencia de Estudiantes de Madrid, no denominado “Archivo Bal y Gay” foron revisados e preparados dixitalmente polo músico e profesor galego Joam Trilho.

Presentación en setembro no Gaiás
A obra será presentada na Cidade da Cultura, no vindeiro mes de setembro, nunha xornada co director da gravación, José Luis Temes, que falará sobre o proceso de recuperación e gravación das obras orquestrais de Bal y Gay e da repercusión deste autor na composición musical do século XX.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... tor-galego
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Jesús Bal y Gay, compositor galego

Mensaje por serba »

"Cultura e Educación colabora na recuperación e posta en valor da obra de Bal y Gay, unha das voces máis destacadas da creación musical galega"

A Cidade da Cultura acolleu esta tarde a presentación da primeira gravación da obra sinfónica completa do compositor, un traballo dirixido por José Luis Temes que acaba de ver a luz grazas á coprodución da Orquesta de Córdoba e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura

Na sesión ‘Bal y Gay, compositor sinfónico’ participaron Temes, Joám Trillo e Carlos Villanueva, destacados investigadores da obra do autor

O secretario xeral de Cultura destacou no acto que “a recuperación do noso patrimonio musical e a súa incorporación aos repertorios habituais das programacións é un camiño a seguir de maneira decidida e colectivamente”



Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012.- A Cidade da Cultura acolleu esta tarde unha sesión dedicada á obra do compositor Jesús Bal y Gal, unha das voces máis destacadas da creación musical galega. Baixo o título Bal y Gay, compositor sinfónico, a Secretaría Xeral de Cultura promoveu esta iniciativa para contribuír a un maior coñecemento deste autor de referencia no ámbito musical dentro e fóra de Galicia.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, foron os encargados de abrir o acto, no que algúns dos principais investigadores da obra de Bal y Gay, como son o director de orquestra e Premio Nacional de Música José Luis Temes, o musicólogo Joám Trillo e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Villanueva expuxeron no Gaiás a súa perspectiva e análise da obra para orquestra do compositor galego.

No transcurso da sesión tivo lugar a presentación do disco Jesús Bal y Gay. Obra sinfónica completa que, baixo a batuta de Temes, acaba de ver a luz no selo Verso, nunha coprodución da Orquestra de Córdoba que contou coa colaboración da Consellería. Trátase da gravación, por primeira vez, da totalidade das composicións para orquestra, creadas todas elas polo músico lugués Bal y Gay na súa etapa de exilio en México.

Un referente no campo musical
“Esta sesión que organizamos constitúe un acto de acollida dunha iniciativa pioneira de enorme valor: a recuperación dunha parte fundamental dun dos nosos compositores históricos de referencia”, asegurou Anxo Lorenzo, quen se referiu a Bal y Gay como “un referente constante no campo musical galego”. “Dos seus estudos e recollidas –dixo–, do seu cancioneiro elaborado con Torner, levan bebendo os músicos da escena do folk e da música tradicional galega, que conseguiron nestes últimos vinte e cinco anos poñer a nosa raíz musical en primeiro plano, mesmo no ámbito internacional”.

O secretario xeral de Cultura tamén asegurou que o compositor lucense ten sido “fonte de interese dos novos compositores e intérpretes da música denominada culta ou académica, preocupados na construción dunha proposta musical nova, coñecedora e debedora do seu pasado”. “Con todo –engadiu–, Bal y Gay segue a ser aínda un gran descoñecido para os públicos xerais. E esta é unha corrección á que o disco que presentamos vai contribuír, se ben cómpren aínda moitos esforzos a prol dun abano de creadores en situación semellante”.

Nese sentido, afirmou que “son alentadores os traballos de revitalización liderados por empresas e institucións nesa dirección, sempre co impulso do entusiasmo contaxioso de persoas que dedican moito tempo ao estudo e á posta en valor dos creadores”. Este proceso de recuperación do noso patrimonio musical e a súa incorporación aos repertorios habituais das agrupacións é un camiño que debemos trazar de maneira decidida e colectivamente: como promotores, como programadores, como formadores, como intérpretes e tamén como público”, concluíu.

A sesión tamén incluíu a proxección dun extracto do documental que, a raíz do centenario do nacemento do compositor, produciu en 2006 RTVE baixo a dirección do xornalista galego Manuel Lombao, que foi presentado polo director do centro territorial de Galicia de Televisión Española, Rafael Cid.

Renovación da composición e da investigación

Bal y Gay (1905-1993) "dotou a Galicia dunha voz propia entre as mellores músicas da xeración do 27", en palabras de Temes. O compositor representa unha das principais figuras da creación musical de todos os tempos. A súa renovación da composición e da investigación, a súa contribución á posta en valor da tradición musical galega e a personalidade da súa proposta musical fan transcender o interese por este autor dentro e fóra de Galicia.

Con esta sesión, a Xunta de Galicia quere impulsar a difusión deste autor de referencia no século XX, así como poñer en valor o traballo de recuperación e interpretación do repertorio musical galego.

A obra de Bal, á disposición dos estudantes
Con este mesmo obxectivo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria completou xa a distribución de exemplares desta gravación nos principais centros de estudos musicais de Galicia, así como nos espazos bibliotecarios, co fin de poñer a disposición dos estudantes este conxunto de obras que, en palabras de Temes, dotan a Galicia “dunha voz propia entre as mellores músicas daquela xeración”.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... -das-voces
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Jesús Bal y Gay, compositor galego

Mensaje por serba »

http://www.sermosgaliza.gal/media/sermosgaliza/images/2015/05/26/2015052610050986684.jpgO músico Samuel Diz continúa o traballo de difusión da música e figura de Bal y Gay cun concerto que conmemora os 50 anos do seu regreso do exilio, canda a súa compañeira, a pianista Rosita G. Ascot. A conmemoración desenvolverase esta cuarta feira, 27 de maio, na Casa do Saber da USC en Lugo, no marco do Festival de Música Cidade de Lugo, no que xa en 1973 se lle tributou unha homenaxe na que participou Luís Seoane.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cu ... 37711.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Jesús Bal y Gay, compositor galego

Mensaje por serba »

O pouco coñecido traballo que realizaron para piano e para canto e piano a parella de compositores Jesús Bal y Gay e Rosa María Ascot acaba de ver a luz en Viento de plata. Jesús Bal y Gay & Rosa García Ascot. O álbum, que edita Columna Música, achega un total de trece pezas, das cales dez non foran gravadas nunca. Entre estas están as seis que García Ascot compuxo sobre poemas de Amado Carballo. A pianista Paula Ríos e a soprano Eva Juárez interpretan os temas neste álbum que saiu á luz co apoio da Xunta de Galicia, da Diputación de Lugo e do Concello de Santiago de Compostela

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=26288
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder