Desde xullo ata decembro de 2011, catro mozos da comarca de Chantada aproveitan unha baixada histórica do río Miño para gravar un documental sobre os pobos asolagados polo encoro de Belesar.
Un gran número de lugares descubertos: Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó... E moitas vivencias que contan por primeira vez as persoas que habitaron nestes lugares fai xa máis de cincuenta anos.
A partir de agora, os catro precursores comenzan a preparar a montaxe do proxecto. O que sigue é un adianto de imaxes sobre música de Chechu Carballido.




