Na Coruña son poucas as persoas que coñecen a denominación que os ingleses deron ao seu porto durante moitos séculos.
Groyne e a súa variante Groin significan en inglés “malecón ou dique”, moitas veces de madeira, que protexe a costa da acción do mar. Pero Groyne tamén pode significar o “fociño dun porco”, a éngoa e incluso en “slang”, un anel de diamantes.