Francisco Añón Paz. Bicentenario do nacemento do poeta

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18857
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Francisco Añón Paz. Bicentenario do nacemento do poeta

Mensaxe por serba » 18 Set 2012, 11:28

CONGRESO
2012, BICENTENARIO DE FRANCISCO AÑÓN PAZ
4 e 5 de outubro
Cidade da Cultura
Santiago de Compostela

"Outes: a Cidade da Cultura acolle o congreso sobre Francisco Añón o xoves 4 e venres 5 de outubro"

Outes, 17 de setembro de 2012.

Segundo nos informa o coordinador do congreso sobre Francisco Añón Paz polo bicentenario do nacemento deste gran poeta de Outes, Xoán Mariño, esta cita vaise celebrar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os vindeiros 4 e 5 de outubro.
http://certo.posterous.com/outes-a-cida ... congreso-s#


En dicho enlace se pueden consultar los horarios de las actividades del congreso.


PD: Ya estaba anunciada la conmemoración desde el pasado 14 de agosto viewtopic.php?f=6&t=7388 -último párrafo- [Nota de prensa publicada ese día en la página web de la Xunta de Galicia].
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18857
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Francisco Añón Paz. Bicentenario do nacemento do poeta

Mensaxe por serba » 06 Out 2012, 17:42

Outes finiquita unha débeda co poeta Añón no seu bicentenario

O escritor, un dos grandes do Rexurdimento literario, faleceu en Madrid pobre e enfermo // É unha das figuras máis relevantes do seu municipio natal e de Galicia.

MANUEL GIL

Outes salda estos días unha débeda coa memoria dun dos seus fillos máis ilustres, o poeta Francisco Añón Paz, co gallo do bicentenario do seu nacemento que se conmemora o vindeiro martes. A súa pegada permanece na historia do municipio para orgullo de xeneracións de outienses que afrontan o futuro sen olvidar ás figuras máis relevantes do pasado.

Francisco Añón, un dos grandes poetas del Rexurdimento literario galego, pasou os últimos anos da súa vida en Madrid, onde faleceu pobre e enfermo en 1878 a pesar de ser un dos escritores máis populares que deu Galicia. Parte de esa popularidade deriva de que Curros Enríquez o escolleu como guía no seu Divino Sainete. Curros o admiraba como o vello mestre e se identificaba coas súas ideas progresistas e anticlericais.

http://www.elcorreogallego.es/terras-de ... ia-769828/
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18857
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Cultura e Educación súmase aos actos de celebración...

Mensaxe por serba » 09 Out 2012, 18:56

"Cultura e Educación súmase aos actos de celebración do bicentenario de Francisco Añón na terra natal do poeta"

O secretario xeral de Cultura gabou as iniciativas que “promoven un maior coñecemento social dos nosos autores e dos momentos máis relevantes da construción da nosa historia cultural”

Outes, 9 de outubro de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse aos os actos de conmemoración do centenario de Francisco Añón que se celebraron hoxe na localidade de Outes, terra natal do poeta. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nas iniciativas promovidas polo Concello de Outes para homenaxear o poeta Francisco Añón cando se cumpren os douscentos ano do seu nacemento; “iniciativas –dixo– que a Xunta de Galicia acolle e apoia con entusiasmo por promoveren un maior coñecemento social dos nosos autores e dos momentos máis relevantes da construción da nosa historia cultural”.

“O congreso desenvolvido a semana pasada na Cidade da Cultura de Galicia permitiu afondar no estudo da achega poética e vital de Francisco Añón e as diferentes homenaxes que se veñen desenvolvendo estes días en Outes permiten recuperar esta figura na memoria dos seus habitantes”, dixo o secretario xeral.

Recuperación de figuras singulares
O representante da Consellería tamén asegurou que “estas celebracións arredor de momentos que marcaron pasos decisivos do avance cultural de Galicia e da recuperación dun status para a nosa lingua constitúen un conxunto de pingas do noso pasado traídas á actualidade, que nos axudan a recuperar para o presente a referencia das nosas figuras e obras máis singulares da nosa historia”.

Xunto co secretario xeral tamén interviron no acto o alcalde de Outes, Carlos López Crespo; o secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Elvira Padín, e o coordinador dos actos de homenaxe, Xoán X. Mariño.

As celebracións arredor do bicentenario de Añón comezaron hoxe ás 11:00 horas coa inauguración dunha placa conmemorativa da efeméride. A continuación tivo lugar o acto de entrega do retrato de Francisco Añón por parte do pintor Alfonso Costa ao Concello de Outes. A intervención das autoridades presentes e unha ofrenda floral ao poeta diante do seu monumento na Casa do Concello completaron os actos de homenaxe.

Ademais de colaborar co Concello de Outes na realización do congreso sobre Francisco Añón que se realizou na Cidade da Cultura os días 4 e 5 de outubro, a Secretaría Xeral de Cultura apoiou a publicación de Vida e obra de Francisco Añón, un volume da autoría de Ramón Blanco que acaba de publicar a Editorial Galaxia e que nace coa vontade de difundir a achega literaria e lingüística do poeta no conxunto da sociedade.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... anon-terra
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18857
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El poeta desconocido [Francisco Añón Paz]

Mensaxe por serba » 10 Dec 2014, 10:27

Desde Galicia para el mundo. Publicado el 17 de nov. de 2014
Puido ser o himno galego. Foi publicado por primeira vez no Album de la Caridad, da Coruña, en 1862. Fillo de labregos, Francisco nace o 9 de outubro de 1812, no lugar de Boel, parroquia de San Pedro de Outes. É un dos poucos autores galegos que vive plenamente o campo.
Con 17 anos ingresa no Seminario Conciliar de Santiago, onde estuda Filosofía e Teoloxía, as cales non chega a rematar. En 1843 conclúe a carreira de Xurisprudencia. Nesta época coñece a outros estudantes, como José María Posada ou Antolín Faraldo, todos de ideas liberais e progresistas.
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18857
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Nicolasa Añón, hermana de Francisco Añón Paz

Mensaxe por serba » 03 Mar 2015, 16:41

Nicolasa Añón Paz (1810 - 1887)
M. X. Blanco
Os versos apagados de Nicolasa Añón viron a luz
Terra de Outes e Ramón Blanco aliáronse para publicar a obra dunha poetisa que viviu á sombra do seu irmán
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ba ... 1C6991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar