O segundo tema ven sendo outro escudo, este no concello de Valga. A casa na que se asenta pasou polas seguintes mans:
Sobre 1740... Alonso de Lago Basanta y Navia, pasou á súa filla Mª Socorro de Lago y Quintela, 1ª muller do insigne Joseph Andrés Cornide, quen se fai con ela por testamento da súa dona ó quedar viúvo. Estes bens rematan sendo vendidos pola filla de Cornide á familia Lopez Ballesteros de Vilagarcía ( D. Luís, Nicolás e Diego sucesivamente).... Quixera identificar os apelidos nel representados. Grazas