Ortiz ou Ortiz de la Torre

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Ortiz ou Ortiz de la Torre

Mensaje por Tito11 »

Na miña particular busqueda xenealoxica, cheguei o apelido Ortiz moradores na felegresia de San Vicente de Aro, concello de Negreira, a principios do s. XVII. Descubrin que procedian de Ordoeste, no concello da Baña, e que a sua vez un tal Pedro Ortiz viñera de Villavicencio, nas inmediación de Benavente, e consegira contra o concello de esta localidade, carta executoria de fidalguia en 1540. Conseguin a copia de este documento na Real Chancilleria de Valladoliz, pero non describe o seu escudo.
Na obra do P. Santiago Crespo, describe en Galicia un escudo para Ortiz: un leon rampante de ouro, en campo de azur, con borla de plata, e dentro de esta oito rosas de gules cos seus talos de sinople. Di ademais que este escudo describeo Cotarelo. Busco a obra de Cotarelo de a principios dos anos 20, e si describeo pero non di de onde o saca. Tamen descubrin que exinten uns tales Ortiz de la Torre, de Serantes na provincia de A Coruña, dos que quizais proceda este escudo.
A miña dubida é a seguinte: este escudo é tamen dos Ortiz que viñeron de Benavente, ou so é de estos de Serantes; ou tamen si uns proceden dos outros e o escudo é común.... ¿Quen o saberá?
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Os Ortiz da Torre de Serantes

Mensaje por lamigueiro »

Eu teño a unha María Ortiz da Torre en 1621, que comparte 2/3 partes dos casal de Santalla con Alonso de Lamigueiros. Non teño moita máis información ainda que recordo que certa fonte de todo crédito dixérame que está relacionada con os Pita da Veiga.

Saudos 8O
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Ortíz de La Torre

Mensaje por veremudus »

- Hola a tod@s.
- O emparentamento ó que vos referides tanto Tito11 como Lamigueiro é ó matrimonio de María Ortiz de La Torre co capitán Xoán Pita da Veiga Piñeiro -quen era un dos fillos do famoso Alonso Pita da Veiga héroe de Pavía-. Este foi o segundo matrimonio do capitán Xoán Pita e aconteceu hacia o ano 1580, do que quedaron por fillos entre outros o Dr. Francisco Pita do Vilar, que sigue a liña.
- A citada María Ortiz de La Torre era natural de Pontedeume e filla do licenciado Francisco González do Vilar, alcalde maior de Pontedeume e dos estados de Andrade, e de Elvira Ortiz de La Torre, ambos naturais de Santiago de Compostela.
- Pola súa parte, Elvira Ortiz de La Torre era filla de Dionisio de La Torre, relator da Real Audiencia, e de María Ortiz Calderón, naturais do reino de Toledo e lugar de Huete, Cuenca.

* Estos datos atópanse en FRAGUAS FRAGUAS, Antonio. O Colexio de Fonseca; Colecc. Fonseca, textos históricos nº. 3; ed. Consorcio de Santiago, IPSEG, USC; Santiago de Compostela, 1995. Ibi v., 169. Don Francisco Pita y Vilar, páxs. 266 a 269.

- No que respecta a heráldica que aporta o P. Crespo del Pozo non sei se ten que ver con estos Ortiz de La Torre que cito, xa que non teño constancia do seu brasón. Por último, para Tito11, non sei de onde sacaches o dato dos Ortiz de La Torre, de Serantes, pois nada teñen que ver con Serantes ...

- Saúdos.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Según a información que relatades, deduzo que non existe relación entre uns e outros Ortices, xa que uns veñen de Villavicencio, e outros de Toledo.
Os Ortiz de Ordoeste, que viñeran de Villavicencio, din con eles dende a obra: Linajes Galicianos de Perez Constanti. Aparecen relacionados cos expedientes de D. Antonio de Sanmamed e Castrigo, 1710; e con D. Gomez de Rioboo e Ortiz, cara 1680.
Os Ortiz de la Torre, aparecen mentados anque agora non recordo exactamente, na obra: Torres, pazos y linajes de la provincia de la Coruña, de Martinez-Barbeito.
O escudo atribuido a Ortiz, citao Cotarelo Valedor, na sua pequena obra de 1923, Apuntes de Heraldica de Galicia, anque non da para ningun escudo ningunha bibliografia.
Tamen Martinez-Barbeito, o falar de Gomez de Rioboo e Ortiz, describe a peripecia de aquel Pedro Ortiz de Villavicencio, e relata a ascendencia de un ó outro dende 1540 a 1680. Pero xa el mesmo confesa que é unha familia que tubo pouca repercusión nos entronques matrimoniais, e que non existe moita documentación para poder seguirlles a pista. Esta linaxe non pasaria moito máis ala da comarca do Barcala, primeiro aterriza na feligresia de Ordoeste, pasa a Aro, e tamen a Barcala. En Reiverde lugar de Ordoeste non hai xa rastros que buscar, agora pretendo visitar Rioseco, lugar de San Vicente de Aro, que ainda en 1710 era mentado como solar de estos Ortices, pero tampouco espero recabar moita información.
Responder