Fontarigo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
InmaculadaFontarigo
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 17 Abr 2006, 09:00
Contactar:

Fontarigo

Mensaje por InmaculadaFontarigo »

Non sei nin a orixe nin si e galego ou non. O meu pai e ourensán da zona da Limia. Alguén me pode axudar? Grazas. :lol:
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

O teu apelido é galego, por suposto, a tua procedencia da Limia (por parte de pai) deume a pista para lle encontrar a orixe e o senso.
Vexamos: é un apelido toponímico: Hai un lugar e unha fonte (supoño ainda que non estiven por alí) que se chama Fonterigo en Arnuide (Aldea de Riba). O sitio orixinou o apelido Fontarigo (a vogal pode vacilar e abrirse ou fecharse). O significado da palabra parece que deriva de fonte pero cunha peculiaridade: no momento de cristalizar ese nome Fonte era masculino como no latín clásico e ainda non feminino como no galego actual. E. Rivas, no seu libro sobre a Limia faino derivar dun diminutivo fontellicu (páx. 464)
Cumprimentos.
Responder