Tie

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Martadiaztie
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 19 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Tie

Mensaje por Martadiaztie »

Gostariame saber máis do meu apelido Tie.

A historia oral da miña familia fala dun holandés que no século XVIII chegou a Sada para traballar nunha fábrica textil (Creo que de xarcias e velas) e ubicouse alí.

A familia e eminentemete feminina, e polo tanto, que eu saiba, remata a rama sadense na nosa xeración. Sei que hai Tie en Lugo e emigrados en Nova York, (os de Madrid son da nosa rama), pero non teño noticias deles.

Calquera noticia que me axude a reconstruir a historia da miña familia será moi benvida.

Moitas gracias
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

TIE

TOPONIMIA
Non se atopa

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 3 abonados
Provincia de Lugo: 2 abonados
Provincia de Ourense: 0 abonados
Provincia de Pontevedra: 1 abonado

DATOS DO ARQUIVO DO REINO DE GALIZA
Non hai

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia

ORIXE
Descoñecida
Última edición por Milleiro el 22 Jun 2006, 19:35, editado 2 veces en total.
Avatar de Usuario
legaria2001
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 301
Registrado: 05 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Pontevedra

Mensaje por legaria2001 »

En el Archivo Historico Universitario de Santiago de Compostela, aparecen dos hermanos (Jose y Julio) que estudiaron Derecho en esa Unversidad

Te envio la referencia, por si quisieras pedir el expediente o la partida de nacimiento que suele figurar en estos

Nivel de descripción Expediente
Tí­tulo Universidade: Vida Académica
Signatura EXPEDIENTES PERSONALES, Leg. 1.456, Exp.12
Fecha inicial 1941
Fecha final 1943
Contenido
Expediente de Tojo Tie, José, alumno de Derecho


Nivel de descripción Expediente
Tí­tulo Universidade: Vida Académica
Signatura EXPEDIENTES PERSONALES, Leg. 1.456, Exp.13
Fecha inicial 1938
Fecha final 1945
Contenido
Expediente de Tojo Tie, Julio, alumno de Derecho


**********************************************************
Avatar de Usuario
Trapa
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 122
Registrado: 14 Nov 2002, 09:00
Contactar:

Tie

Mensaje por Trapa »

También hay familias con apellido Tie en Pontedeume. En el segundo tomo de la historia de Betanzos, en uno de los documentos que citan, aparece un Tie pleiteando con otros, creo que por una xunqueira y por algo de la pesca... contra un regidor. Este documento es anterior a la llegada de los flamencos a Sada. Es posible que los Tie llegasen de Flandes muchos años antes que Kiel y Roo (los dueños de la fábrica), que podamos encontrar dos familias distintas de igual apellido y llegadas en diferentes años desde Flandes e incluso, como en el caso de los Bogo, un mismo apellido con dos orígenes geográficos distintos.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mensaje por serba »

No pude evitar relacionar Tie con Tieira, como si tieira fuera un derivado de tie, aunque nada he leído al respecto, es un simple comentario.
También Tide, con la curiosidad de ser todos de la provincia de A Coruña.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
Martadiaztie
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 19 Jun 2006, 09:00
Contactar:

moitas gracias

Mensaje por Martadiaztie »

Sodes estupendos, que rapidez¡¡¡¡

Vides de abrirme un campo moi amplo e apaixoante para empezar a traballar no verán.

Trapa ¿poderíasme precisar de que Historia de Betanzos estamos a falar?, e de paso, si non é moito morro,si tes bibliografía sobre os flamencos que se asentaron en Galicia na idade moderna, xa sería unha pasada. De todas formas os teus comentarios me parecen moi precisos, e intelixentes, tirarei, seguro, por ahí. Moitísimas gracias.

Legaria 2001, no Arquivo da Universidade de Santiago ten que aparecer alomenos seis ou sete Tie máis, esos os teño eu recollidos (por outras vias) son anos cincoenta García Tie e Fajardo Tie (Dereito), Tie Sanjurjo (Filosofía e Letras) e xa máis recentemente os da miña xeración, así todo a esos Tojo Tíe non os tiña censados, moitísimas gracias.

Aos demáis moi agradecida polo interese, a rapidez e a precisión dos comentarios.

O primeiro Tie que coñezo é José Tie (1845 -1917) casado con Marica Gestal (Marica da Gracia), mariñeiro coñecido como o Cheche (alcume que quedou para a familia) que foi Concellal no concello de Sada moito tempo. Irei ós arquivos para ver se chego ó século XVIII ou mais alá.........
Avatar de Usuario
Trapa
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 122
Registrado: 14 Nov 2002, 09:00
Contactar:

Tie

Mensaje por Trapa »

La historia de Betanzos es una que publicó Caixa Galicia, el documento aparece en el segundo tomo que es un apéndice documental, si puedo hoy o mañana consulto el libro y te doy la referencia.
La información, sobre la fábrica de jarcia y lona de Roo y Kiel, la podrás encontrar en "Sada. Perla de las Mariñas" de Manuel Mariño del Río y Ramón Rodríguez Ares.
Avatar de Usuario
Martadiaztie
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 19 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por Martadiaztie »

Gracias Trapa, eu paseando pola rede atopei unha referencia bibliogrfáfica moi interesante (parece) para o da industria textil en Sada, deixoa aquí por si a alguén lle interesa:

Autor/es: Meijide Pardo, Antonio
Título: Aportación a la historia industrial coruñesa : las fábricas
textiles de Sada (1675-1762)
Publicación: [La Coruña : s.n., 1965]
25 h. ; 23 cm
Notas: Es tirada aparte de "Revista del Instituto José Cornide de
Estudios Coruñeses", I, nº 1 p. 77-126
Materias: Industria textil-La Coruña-Historia
Signaturas: VC/7931/18

A referencia ven da Biblioteca Nacional (http://WWW.bne.es) pero na Coruña no Instituto Jose Cornide (Duran Loriga 10 4º) é de suponer que o terán.
Avatar de Usuario
Trapa
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 122
Registrado: 14 Nov 2002, 09:00
Contactar:

Tie

Mensaje por Trapa »

Tomo I (Historia de Betanzos) pag 343.
30 de Octubre de 1619 el veedor Gregorio Rodríguez de Prado presenta una denuncia ante el corregidor...ante el escribano Alonso López Ballo. Denuncia a varios vecinos por tener estiercol en la puerta de casa, entre los denunciados se encuentra Domingos de Tie. El documento aparece en un capítulo del libro dedicado a los mareantes y el original se encuentra en el A.R.G Legajo 1.708-50
Kiel y Roo llegaron a Sada más o menos en 1675 y este Domingo de Tie vivía en Betanzos 75 años antes, lo supongo nacido en el siglo XVI... ahora tienes un verano para investigar. Un saludo. Carola
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

O uso da preposición "de"...fai sospeitar unha orixe toponímica e, se cadra, galega.
Avatar de Usuario
Martadiaztie
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 19 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por Martadiaztie »

Moitas gracias Trapa, o dato é interesantísimo, seguro que tirarei por ahí.

En canto a posibilidade de que sexa flamenco, entrei en Geneanet e aparecen varios Thiers en Holanda, ¿podería ser unha adptación ó galego?, Lembrei que unha tia aboa miña falaba que algén lle dixera que viña dun apelido extranxeiro modificado (no sei si é de fiar, pero....). ¿Podería adaptarse dende o XVII-XVIII ao XIX no que xa está completamente igual que actualmente?.¿Sería dos que chegaron antes...?

Por outro lado, se ten orixe toponímico.....¿de onde podería ser?, non se me ocorre ningúnha palabra común referida a topografía e no atopei ningunha parroquia que tivera un nome semellante.

Moitas preguntas..... a ver se alguén pode botarme unha man.

Moitas gracias de novo

Marta
Avatar de Usuario
Trapa
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 122
Registrado: 14 Nov 2002, 09:00
Contactar:

Tie

Mensaje por Trapa »

Si el origen de tu familia se puede encontrar en Sada mira sus libros parroquiales (del XVII) en Santiago, yo los miré hace algún tiempo y aparecían algunos apellidos Flamencos. Lo único claro es que encontramos personas con este apellido y en la comarca desde el siglo XVI; no descarto que otro apellido flamenco se pudiese modificar, pero sería un poco rizar el rizo, si es o no tu familia la de Betanzos lo tendrás que investigar. Algunas veces las historias de familia solo son historias, es posible que los Tie no sean flamencos, pero lo sea la mujer de uno de ellos...Sobre su origen toponímico, puede ser que ya no exista el lugar o que tenga razón Serba y proceda de otro apellido gallego.
Avatar de Usuario
caurel
Mozo
Mozo
Mensajes: 47
Registrado: 14 Ago 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por caurel »

En el libro "historias de Sada", de Rodriguez Ares, Ramón, hay alusiones a algunos TIE y, en el cementerio de Sada, parte antigua, hay enterrados varios con ese apellido.

te copio un párrafo del libro que estoy haciendo sobre mi familia, los POSSE de Sada:

Francisco POSSE NICOLICH se ocupó de la administración de su patrimonio y se dedicó en cuerpo y alma a la política como ferviente seguidor de don Antonio Maura. Ocupó la alcaldía de Sada, al igual que lo había hecho su progenitor hasta dos años antes, sustituyendo a don Casimiro López Gándara el 29 de enero de 1874, contando nuestro ancestro con algo menos de 24 años. En esa fecha se leyó en el Pleno municipal una comunicación del Gobernador Civil de la provincia en la que se dice: Teniendo en cuenta que ese Ayuntamiento es cantonal y se halla por tanto en abierta hostilidad con el orden público existente he acordado suspender en el ejercicio de sus funciones y nombrar n su reemplazo a D. Francisco Posse Nicolich, Alcalde Presidente, a D. José Mª Tie Pérez, Primer Teniente de Alcalde y a D. Antonio Taibo Arevalo, segundo; además de los concejales correspondientes, a quienes dará V. inmediatamente posesión de sus respectivos cargos, poniendolo en conocimiento de este Gobierno, pues de no hacerlo así se adoptarán contra V. las más serias providencias a que haya lugar.
Avatar de Usuario
Martadiaztie
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 19 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Moitas gracias Caurel

Mensaje por Martadiaztie »

Moitas gracias pola referencia, teño o libro, non me gusta pero é aproveitable nas actas que trancribe, sinto o retraso en contestar, pero entro pouco nesta conta de correo.

O libro paréceme unha haxiogafía duns poucos e sin ningún rigor histórico. Di pouco da verdadeira historia de Sada e moito (tal vez de máis) do que fixeron algúns alcaldes....bueno é a miña opinión, claro.

Os Tie que están enterrados no cementerio de Sada son: O meu tatarabó José Tie e os seus descendentes, ata o meu abó o ultimo Tie de Sada varón da miña familia que faleceu (Francisco Tie Amor, ou como lle coñecían alí Pancho de Cheche).

Como ves, ainda que non viva alí son STV de pura cepa (De Sada de toda la vida), tamén estou emparentada cós Sanjurjo, Amor, Mollón, Medal e Aradas de Sada, e xa moito méis lonxanos aparecen Canle, Arébalo, Pérez, Feital, Pérez, López.....si te interesan alguno destes apelidos e podo darte algunha información da que estou recollendo só tes que avisar ou mandarme unha mensaxe.

O único Posse do que teño noticia era o médico dos meus abós e o que me atendía a min nos veráns que pasaba alí, imaxino que parente teu, na miña casa, a miña avoa falaba marabillas del. Interesame moito todo o que se escribe sobre Sada, se non te importa cando saia o teu libro poderíasme avisar. Moitas gracias
Avatar de Usuario
caurel
Mozo
Mozo
Mensajes: 47
Registrado: 14 Ago 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por caurel »

Aún me falta un poquito para terminar el libro. Como Sabes la Casa de los Posse de sada es del siglo XV -con muchas remodelaciones- El médico era Antonio Posse del Río, hijo de Antonio Posse Nicolich, que era hermano del primogénito Francisco, mi bisabuelo.

Sobre el libro Historias de Sada, mejor no decir nada, nunca vi cosa igual, Lo único decente algún documento que cita textualmente. Lo más indecente cuando fusila párrafos enteros -páginas diría- de otros libros, como el Torres, Pazos y Linajes de la provincia de La Coruña, de Martínez Barbeito, sin ni siquiera citarlo en la bibliografía o en fuentes.

Una cosa, sabes algo de los Nicolich, de Sada??

Yo haría lo siguiente en tu investigación de los TIE. recaba los datos que tengas y con ello te vas tempranito al archivo diocesano de Santiago y pides los libros de Santa María de Sada y a tirar de la manta, te sorprenderá lo que puedes sacar. Mira yambién en el Archivo del Reino de Galicia, las Respuestas Grales del marqués de la Ensenada, de 1752, libro de vecindario o personal de legos de Santa María de sada. Pídelo en papel que los microfilmes no se ve un cuerno. ahí vienen nombres, personas a su cargo, oficios y retribución. Verás que hay muchos hiladores de jarcia, del textil, algún oficio clásico -zapatero, herreo, carpintero (los mejor pagados), sastres y sólo dos hidalgos propietarios: Posse y otro que no recuerdo.
Avatar de Usuario
Martadiaztie
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 19 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Ola n

Mensaje por Martadiaztie »

Ola, parece que estamos de acordo no tocante o libro. Con respecto ó teu apelido Nicolich non atopei nada. Eso non quere decir nada, ultimamente non teño moito tempo pero atopei no faiado da casa dos meus avós bastantes documentos antigos (dende 1750 aproximadamente) pero en moi mal estado de conservación, estou tentando transcribilos. Son case todo escrituras, foros e algún testamento, conforme vaia adiantando espero que aparezan máis cousas, estaré pendente se aparece algún Nicolich.

A miña familia, coma todas tivo bastantes altibaixos, pero creo que pertencía a unha clase ben diferente á túa, polo tanto non creo que houbera moita relación. Eran mariñeiros, agricultores enriquecidos e xa no século XIX fixerónse industriais, nada de pazos ou nivel social relevante, me temo que é dificil que os Posse e os Nicolich aparezan na miña documentación.

Si ti atopas algo dos meus antepasados agradeceríate tamén a notificación..os mais relevantes son os Sanjurjo Badía (segunda metade do XIX, inventor o seu pai (Sanjurjo Perez) era conocido como o Habilidades e tiña unha fundición)) e Policarpo Pérez López(rico agricultor que foi acumulando propiedades ata tener unha cantidade considerable, primeira metade do XIX).

De todas maneira, volvendo ós Tie, atopei moitisimas referencias e un arbore completo dende 1700 (incluido o meu abó) na web de Family Search...foi impresionante, lle das a enter e diante dos teus ollos aparece o que levaría meses elaborar, cando teña tempo terei que comprobalo. O mellor tes sorte e pasa algo parecido con Nicolich.

De todas maneiras animote a rematar o libro e me poño á tua disposición por se encesitas calquera cousa, o tema é apaixonanme.
Avatar de Usuario
entroido
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 04 May 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por entroido »

Que me podedes dicir do alcalde antigo Casimiro Lopez Gandara que citastedes pois eu levo os seus mismos apelidos e tamen son de Sada de sempre. un Saudo
Avatar de Usuario
Lartovedo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 29 Ago 2006, 09:00
Ubicación: Samoedo-Sada

Mensaje por Lartovedo »

Boas, son outro sadense máis (samoedense, realmente) interesado polo pasado da miña familia e bastante acustumado xa a este oscurantismo característico do noso concello e que tanto dificulta as labouras de investigación en todos os eidos.

Sobre os Posse nada podo ofrecer que non se publicara xa neste foro. Coñezo o pazo familiar, situado no comezo da Costa de Ouces, xa que unha rama da miña familia provén das súas proximidades. Teño escoitado, asemade, falar do médico, e coñezo as informacións que, en referencia aos dous que ocuparon a alcaldía, aparecen en Historias de Sada, esa "magna" (!!!) obra do noso querido alcalde (na que, por dar un exemplo do seu rigor historiográfico, figuran nun apartado os nomes dos mortos do bando nacional na Guerra Civil sen que ser sequera mencionados os do contrario).

De Francisco Tíe Amor recadei algunha información, mínima, hai uns meses con motivo da realización dun traballo bastante extenso sobre a pesca en Sada (que aínda non rematei totalmente). Incluíno nun apartado adicado ás familias armadoras, citando as embarcacións que posuíu e as súas características. Toda a información que puidera recadar sobre o mundo do mar en Sada seríame realmente moi útil.

Pola miña parte, estou moi interesado en coñecer a historia da miña familia nas súas diferentes ramas: os Monzo, unha familia tamén de mariñeiros e armadores sadenses (o meu bisavó por parte de avoa materna foi José Monzo Ríos, mariñeiro e activista libertario morto na guerra, ao que recentemente se lle adicou unha rúa na Tenencia); os Muiño, de Ouces, alcumados Parráns, con José Antonio Muiño Blas (avó materno do meu avó materno); os Guitián, de Samoedo e Soñeiro, con José Guitián Seoane (propietario dunha "casa grande" en Samoedo en abundantísimas terras, sogro do anterior, polo tanto bisavó do meu avó); e pola miña banda paterna, os Castelos, de Ouces, con antepasados en Betnazos. Teño constancia dun, bisavó do meu avó, que viviu contra a metade do século XIX en Betanzos, posuidor dun amplo patrimonio inmobiliario, en solares e edificios.

Agradecería calquera tipo de información ao respecto. Estaría, asemade, moi interesado en ler esa historia dos Posse. Penso que o mérito de escribir unha obra coma esa é enorme, constituindo unha laboura honorabilísima. Creo que o amor pola familia propia debe ser fundamental para camiñar cara mellores tempos. Por desgracia, a xente esquécese dos seus moi axiña. Permítome citar a Vicente Risco:

E se o alén non fora alén? E se estivera dentro de nós? Calade! Se cadra as almas dos que se foron andan ao redor de nós, ou mesmamente dentro de nós. Miremos ben o que facemos. Se cadra estamos sempre na súa presencia...

E nada máis, polo de agora. Agradecementos por adiantado polo que me poidesedes ofrecer.
Atentamente,
Manuel Pérez Lorenzo, Samoedo
Avatar de Usuario
Lartovedo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 29 Ago 2006, 09:00
Ubicación: Samoedo-Sada

Mensaje por Lartovedo »

Por certo, un apunte que pode interesar a María Díaz Tíe. A muller dun meu antepasado que cito na resposta anterior, José Guitián Seoane, chamábase Ángela Canle Arévalo, e era natural de Carnoedo. O meu abó aínda tiña ´hai uns anos unha finca alí que vendeu, e que procedía desta muller, igual que un monte no lugar de Lácere, nas proximidades de Taibó. Seino porque os donos das propiedades colindantes son descendentes de irmáns seus, cos mesmos apelidos de Canle e Arévalo.
Un saúdo,
Manuel Pérez Lorenzo
Responder