Marcos Pérez Pena "Os científicos son a Galicia espallada do século XXI"
25 de novembro. Esa é a data escollida para o lanzamento de GCiencia, unha web especializada en información científica, en divulgación do coñemento cientifico. Está impulsada por un grupo de xornalistas, entre os que destacan, sobre todo Eduardo Rolland e Pablo López, ademais de Alberto Quián, que se ocupará da parte técnica da páxina. Colaboran tamén o deseñador Javier Aguilera e bastantes xornalistas galegos que tamén colaborarán de forma máis esporádica.
Eduardo Rolland As fallas de Galicia xa teñen data: 308 millóns de anos Unha investigación internacional conclúe que as fallas galegas datan da formación do supercontinente Panxea e das actuais montañas http://www.gciencia.com/ciencia/fallas- ... ns-de-anos
GCiencia foi elixida gañadora do Premio de Xornalismo Dixital. O galardón foi entregado este mércores en Expourense, entidade que promove o 3º Foro da Comunicación de Galicia, que organiza o citado premio, aos codirectores de GCiencia. Pablo López e Eduardo Rolland agradeceron o recoñecemento e resaltaron a súa coincidencia con aniversario do nacemento portal da ciencia galega, que este 25 de novembro cumpriu dous anos.