Arias/Ares (Ferrol)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milcuentos
Mozo
Mozo
Mensajes: 37
Registrado: 13 Mar 2004, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Arias/Ares (Ferrol)

Mensaje por Milcuentos »

Antonio Ares Domínguez, rexedor de Ferrol na primeira metade do século XVII, c.c. María Ares de Neira e t.p.f.a
1. María Ares que casa no ano 1635 con Alonso de Sanmartín, escrivano, fillo de Pedro de Avelleyra, tamén escrivano, e de Antonia Freire de Andrade.
2. Inés Ares, que casa co Alférez Domingo López de Lago
3. Melchora Ares (de Neira y Mandiá), que casa co Rexedor de Ferrol Pedro Míguez.
4. Catalina Ares.
5. Teresa Ares/Núñez de Mandiá
6. Antonio Ares Domínguez que casa con Mariana Tenreiro e será tamén Rexedor de Ferrol.


Inés Ares e o Alférez Domingo López de Lago t.p.f.a.1. 1642 Mariana Ares que casa con Juan do Río en 1670.
2. 1645 Antonio López
3. María Ares que casa en 1685 con Alonso Martínez (de Lubre).
3. Antonia Ares que casa con Juan Díaz de Serantes
4. 1650 Micaela Ares que casa en 1685 con Pedro Piñeiro, escrivano, veciño de Perves.
5. 1655 Antonio López

Antonio Ares Domínguez (alcumado "O mozo") e Mariana Tenreiro t.p.f.a.
1. Juan Arias Tenreiro que casa en 1718 con Inés Freire Montenegro (filla de Don Juan Pardo Montenegro (Rexedor de Ferrol) e Doña Juana Freire de Andrade). Juan Arias Tenreiro foi Rexedor de Ferrol (polo menos así firma nos anos 1709 e 1710).
2. Antonio Arias Domínguez, rexedor de Ferrol.

Estes Juan e Antonio Arias teñen pleito de hidalguía na Real Chancelería entre os anos 1708-1716. Neste documento pódese ler o seguinte:
"...para el pleito que se litiga entre Don Antonio y Don Juan Arias Domínguez , vecinos de esta dicha villa para su hidalguía contra este concejo y hallarse suspenso y retardado y habiéndolo oido y entendido dijeron que esta dicha villa no tiene propios ni rentas algunos y propios concejiles componiéndose el común de ella y sus alfoces de unos pobres labradores y del ministerio de mareantes y jornaleros, dependiendo su sustento y manutención de sus trabajos y sudor personal y a esto concurre haberse hallado y hallar con muchas y repetidas contribuciones y empeños, provenido todo ello de la ofensa y calumnia de los tiempos y desde el que hubieron principio las presentes guerras y falta de frutos en muchos años por las cuales dichas razones no pueden seguir ni proseguir ni ir en seguimiento del dicho pleito retardado que la real comisión expresa sobre la exsención y libertad de los dichos Don Antonio y Don Juan Arias Domínguez y que si los susodichos presentaren instrumentos ante los señores alcaldes de los hijosdalgo y fiscal de su majestad de lo civil y expidieren su real despacho ejecutarán lo que se les mandare..."


Intentaré continuar con la genealogía en otro momento, por si alguien tuviera interés.
Saludos.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- O cambeo do apelido ARES por ARIAS e, incluso, a alternancia documental entre ambas formas foi común en Ferrol e comarca dende o s. XVI.
Última edición por veremudus el 03 May 2004, 21:58, editado 2 veces en total.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- ASCENDENTES dos ARES/ARIAS de FERROL:

- s. XVI:
- “(...) el Noble i leal Cavallero Fernando Arias de Mandiaa, señor de la Casa de Solar de Mandiaa, i Palaçio de Soelle en Galicia, media legua de la villa del Ferrol (...)”, c.c. Tareixa Núñez, veciños de Ferrol, e t.p.f. entre outros a:
- Aldonza Núñez de Mandiá, c.c. Alonso López Domínguez “el nuebo”, rexedor e mercader da vila de Ferrol, e t.p.f. entre outros a:
- S. XVII:
- Antonio Arias de Mandiá (nomeado por Milcuentos no início deste foro como Antonio Ares Domínguez), rexedor da vila de Ferrol, c.c. María Ares de Neira, filla de Inés Díaz de Neira.

Entre os fillos deste matrimonio que cita Milcuentos na súa moi documentada intervención, hai que sumar amais a:
- Dª. Isabel Fernández Arias, c.c. Alonso Pita da Veiga, rexedor de Ferrol, quen era un dos fillos do tamén rexedor de Ferrol Pedro Pardo de Lago, neto do capitán Xoán Pita da Veiga e Piñeiro e bisneto do tamén capitán Alonso Pita da Veiga, héroe da Batalla de Pavía. Este matrimonio deixou sucesión."
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Máis apuntes sobre os descendentes de Inés Díaz de Neira (nomeada como Inés Ares na xenealoxía que inicia o foro) e o alférez Domingo López de Lago, veciños de S. Martiño de Cobas (Ferrol).

- FONTE: Arquivo Colexio Notarial de A Coruña. Protº. 181/1684/Fernández Orol, Domingo.

- Domingo López de Lago, alférez, c.c. Inés Díaz de Neira, veciños de San Martiño de Cobas, e t.p.f. a:

1.- Antonio López de Lago, alférez e veciño de Cobas, solteiro, quen fixo testamento ológrafo en San Martiño de Cobas o 10 de decembro de 1681. Este persoeiro noméase noutro documento como Antonio Díaz de Neira e Lago.
2.- Xoán López de Lago, veciño de Cobas, en 1684.

3.- Micaela Ares Díaz de Neira, veciña de Cobas en 1684.

4.- María Ares Díaz de Neira, veciña de Cobas en 1684.

5.- Mariana Díaz de Neira, c.c. Xoán do Río, veciños de San Xoán de Esmelle, finada xa no a. 1684. Do seu matrimonio quedaron dous fillos varóns e unha filla.

6.- Antonia Díaz de Neira, c.c. Xoán Díaz de Serantes, veciños de Cobas en 1684.

7.- Francisco López de Lago, veciño de Cobas en 1684.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Hola:
- Na seguinte intervención publico algúns datos sobre os ARIAS/ARIAS de Ferrol que iniciou moi acertadamente Milcuentos co gallo de aportar algunha información máis ó aquí exposto con anterioridade. Moitas gracias.
- Os seguintes datos xenealóxicos parten do "Requento de los vienes que fincaron de Alonso Arias Domínguez", datado en Ferrol a 28 & 29 días do mes de Marzo de 1686.
* Arquivo do Ilustre Colexio Notarial de A Coruña: Protº. 182/1686/Fernández Orol, Domingo (Ferrol).
Última edición por veremudus el 07 May 2004, 01:13, editado 1 vez en total.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Sobre a xenealoxía dos ARES/ARIAS de Ferrol publicada por Milcuentos.

- De Antonio Arias Domínguez, rexedor de Ferrol nas primeiras décadas do s. XVII c.c. María Arias de Neira quedan p.f. (sigo aquí a orde xenealóxica publicada por Milcuentos con un engadido que non cita. Entre paréntesis poño o apelido que se lle asigna nesta primeira mensaxe no foro):
1.- María Arias de Neira, c.c. escribán Alonso de San Martín.
2.- Inés Díaz (Arias) de Neira, c.c. alférez Domingo López de Lago, veciños de San Martiño de Cobas (Ferrol).
3.- Melchora Núñez (Arias) de Neira, c. en 1ªs. nupcias con D. Antonio Valerio, señor do couto de Serantellos e Filgueira (Ferrol), en 2ªs. nupcias con Pedro Míguez, rexedor de Ferrol.
4.- Catalina Arias (Ares) de Neira, c.c. Andrés López Teixeiro.
5.- Tareixa Arias (Núñez de Mandiá), c.c. Pedro Freire de Andrade.
6.- Antonio Arias Domínguez, c.c. Mariana Arias Tenreiro, t.p.f. a:
6.1.- Antonio Arias Domínguez.
6.2.- Mariana Arias Tenreiro.
6.3.- Felipa Arias de Mandiá.
6.4.- Xoán Arias Domínguez.

* Cumpre sinalar que o 6.1 & 6.4 son os que preitean pola súa fidalguía no s. XVIII, segundo comenta acertadamente Milcuentos.
7.- Isabel Fernández Arias (de Neira), c.c. Alonso Pita da Veiga, alférez e rexedor da vila de Ferrol, veciños de Serantes.
Responder